2008-02-10

EN CARNAVAL CARAVANA DE MULLERES

Ozú, ozú, oxe chegaron a nosa comarca dos Ancares unha cravana de mulleres según anunciábase nos medios:

Cervantes aguarda con impaciencia una caravana de 30 mujeres. Al banquete con el que se recibirá a la comitiva están invitados todos «os homes sen compromiso» del municipio lucense. «A caravana de mulleres é o tema de conversación, non se fala doutra cousa», afirma Amelia, que regenta el bar Estanqueiro, en San Román de Cervantes. Tras la comida y el baile de sobremesa, la caravana partirá nuevamente de Cervantes. El rumor que existía ayer en Cervantes era que las mujeres son cubanas. Mariló Ramos Cascallar, que regenta el Mesón Campa da Braña, uno de los locales de referencia en Os Ancares, calificó la caravana de mujeres de «escándalo y aberración». «As mulleres non somos gando e levamos moito tempo loitando para que se nos trate como persoas.



El BNG quiere que el PSOE desautorice al alcalde de Cervantes por la caravana de mujeres. La cabeza de lista al Congreso por el BNG en la provincia de Lugo, Paz Abraira, reclamó al PSOE que desautorice públicamente al alcalde de Cervantes por organizar la caravana de mujeres que se celebra hoy. Abraira cree que la caravana de mujeres «é unha volta atrás no camiño da igualdade que lamina os dereitos e a dignidade das mulleres». La concejala nacionalista recuerda que el alcalde de Cervantes, Benigno Gómez, que coorganiza la caravana, está llamando por teléfono a los vecinos, invitándolos a que acudan al acto, en el que él mismo participará. «As mulleres non somos gando nin mercadorías», dijo Abraira.



Qué opinarán 0 compañeros de partido de As Nogais, seguramnete dependerá do "estado".

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois mirade: As mulleres non somos mercancías nen ganados, pero se queremos subir nun autobús, libremente,sen que ninguén nos obrigue ou mande somos moi libres de facelo. O que fai falta e que nos respeten e valoren polo que facemos e polo que somos.Eu, como muller, podo ir onde me pete como calquer varón.¿Ou alguén ten que decir se podo entrar aquí ou ir aló? Aclaro que non era das mulleres desa caravana, nen utilizo ese camiño para as miñas relacións, pero estou a favor da liberdade das personas.¿Non carretan tamén os partidos xente aos seus mítines e ninguén dí que son ganado?Deixemos que cada quen faga relacións como queira.

Anónimo dijo...

Ben dito, Teresa.Eu tamén vou onde me peta e, a maiores, onde petan...

Anónimo dijo...

Eu non estiben tampouco, non sein quen sería o da competencia que se acercaría a esa feira, porque trato, trato debeu de haber.

Anónimo dijo...

Eu non quero entrar neso da igualdade tan de moda, eu o que quero que os nosos politicos se poñan as pilas e espavilen dunha puta vez. Os de As Nogais non somos menos cos de Cervantes e tamén queremos unha caravana de CUBANAS, bueno si son Rusas ou Checas tamén non valen. Fan moita falta, esto acabasevos, queda vacio.

Anónimo dijo...

É unha boa propaganda elitoral, pasaille a idea os represntantes estatais dos partidos españois e, a ver cal dos dous da primerio e ofrece 7 caravanas a semana ou mais. Ata 500 millons de pinos ai marxe, xa que según estudiosos da plantación haberá que prantar 1 cada 4 sg.É dicir que con unha caravana o día haberá onde elexir, os luns en plan suave, rusas, o martes xa entramos en acción coas rumanas. os mércores, seguimos cas polacas, os xoves dia de chachas caravana de venezolás. os venres acércase o fin de semá e vai ben as checas, para os sábados imos subindo o nivel e xa poden vir de mais lonxe como da republica dominicana e o domingo o deixamos para a carvana de cubanas, como en Cervantes para nos ser menos.

Anónimo dijo...

Vos mesmos, cando dades por sentado que a ese tipo de eventos só van inmigrantes (e non inglesas, alemanas ou suecas) xa estades dando unha idea do que son as caravanas de mulleres. Ö mellor a única oportunidade que teñen elas para poder quedarse legalmente en España, cambiando a escravitude da ilegalidade pola escravitude dun matrimonio de comenencia, e tamén a oportunidade fácil e desesperada para eles de teren criada e quen lles quente a cama .
A eles e máis a elas: hai outras maneiras tanto para unhas cousas como para as outras.
Ós organizadores: vergonza vos tiña que dar comerciar deste xeito coa vida da xente so por sair nos xornais.

Anónimo dijo...

Aqui escribe xente moi lista, xa vexo. Pero eu e algúns como eu estamos ata o carabillo de ter que ir todos os domingos e visperas de festivo a baciar as bolsas escrotales a Parandones ou cara o Corgo. Non sabedes os cartiños que eu levo gastado nestes menesteres.
Viva a Caravana, eso si ,bien organizada.

Anónimo dijo...

Eu nen son rumana,nen checa,nen sueca,nen cubana.Tampouco alemana. Son muller e podo ter ou buscar encontros onde queira.Non lle vexo maior problema.Podo,incluso,no peor dos casos,chegar a un acordo cun home, convivir por interese mutuo e mañá, con papeles legais, coller a porta e marchar.¿Ou só poden rirse da lei aqueles que teñen padriños,amigos na política ou na xudicatura? Eu non entraría en criticar estas caravanas,sempre que estas mulleres participen nelas libremente.¿Ou hai moita diferencia entre aqueles-as que se coñecen por internet e forman parella e estes homes e mulleres que se coñecen nestas caravanas?Nada que decir,penso,se eles os dous son os que aceptan unha convivencia libre.O namoramento,case que sempre, dura o que ámbolos dous traballan para que dure.Eu non organizarei caravanas, pero deixo que cada quen decida por si mesmo.

Anónimo dijo...

Unha pregunta:¿Serían os homes capaces de armar unha caravana para visitar concellos onde houberan mulleres solteiras? Penso que non...O seu orgullo pésalles moito.E outra cuestión: Se as administracións invirten na zona dos Ancares, os empresarios montan empresas, as normas e leises permiten vivir aos seus veciños sen os atrancos actuais...¿Non chegaría xente a estas terras sen necesidade de organizar caravanas? Son preguntas,non máis.Preguntas que tamén poden contestar os políticos, esos políticos que viven ben dos erarios públicos e do conto semi-permanente.