2007-11-30
2007-11-26
DE BEN NACIDOS É SER AGRADECIDOS...
O tirador tirar tirará , pero comparade , comparade como foi e como é , subide agora a autovía e mirar como é agora a vila . Ten novas vias, a N-VI mais dende onde estades oiando , casi naaaa...
Nun correo anterior podemos apreciar nuha foto panoramica de Doncos , como era o pobo aló polo 1969, e comparalo con a realidade ... 40 anos despois está igual que estaba , por él non pasou a mellora das rúas, senon a autovía polo medio, e a empeora das leiras, ¿por qué sera? , emigración?, conformimismo?, todos ricos? xa non se precisa traballar? pode ser, ultimamente veinse algunos arranxos feitos pola oposición, (xa temos parque infantil) pero esto non mellora fora da capital municipal, aparte de Doncos de la que polomenos existe un retrato da época, tamen existen as demás parroquias esquecidas .
Nesta foto poderedes comparar que casas creceron, cales desapareceron, os novos ricos e os novos pobres, sacade as vosas propias conclusións, e comentade no blog que cambios notades, porque para alguns quizás &&&& l...la vida sigueee ...iiigual...
2007-11-08
O que hai que oir, por non ser xordo
Vamos a ver: puedo prometer y prometo que non sei por donde empezar. Esta noticia non ten relación directa con nos, pero indirectamente si.
Resulta que hai unha serie de xente que se dedica a grabar sonidos. Hasta ahí todo normal. Resulta que esa serie de xente despois publica os sonidos nunha páxina web. Nada raro. Pero resulta que un dos sonidos que se graban e despois se publican é a caída da primeira castaña no Caurel. Pa haberse matao.
E digo eu, con pouco animus jocandi: ¿quén nos garantiza a nos que realmente esa foi a primeira castaña que caeu? ¿Acaso había unha horda de funcionarios municipales nos nosos soutos atemorizando ós orizos con escopetas á espera de que chegara o señor do micrófono? Si realmente esa non foi a primeira castaña que caeu, ¿o sonido ten menos mérito? ¿Caeu polo seu propio peso e madurez, ou varearon o castiñeiro? ¿Volverán facer o mismo en junio ca primeira mazá? ¿E cas sandías?
Realmente estou nun sin vivir. Imaxinadesvos que a moda se estenda e cando chegue a matanza haxa 3 personas pra agarralo cocho e 5 técnicos de sonidos, 2 axudantes e 3 operadores de cámara para grabar o primeiro berrido da matanza, por poñer un ejemplo. Pode parecer exagerado, pero si este señor necesitou 6 micrófonos para grabar unha castaña, pra grabar o berrido dun cocho, con tódolos seus matices, vai ter que vir o departamento de I+D de McLaren.
En fin. Si alguén ten curiosida por escoitar unha castaña, podeo facer en www.escoitar.org.
Que dios nos pille confesados.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)