2008-02-29

Me cajo no mundo!

Dixit!

Levo un par de meses sin o dichoso internete, polo que non puden conectarme moi a menudo. Esto implica que levo outro tanto sin visitala páxina. Peeeeero... Por fin veu o señor do chaleco ca caixa de ferramentas e puxo o cable que lle faltaba ó meu PC. Todo contento, cando acabaron de instalalo, o primeiro que fixen foi conectarme a www.quecachond.... digoooo, ó blog de Doncos, para ver que me perdera neste tempo. NADA, non me perdín NADA. MANDA CARALLO!!!! Seguimos a meternos unhos cos outros como si nos fora a vida no asunto. Seguimos co monotema político. Publiquese o que se publique os comentarios van para o mismo lado. Creo que ainda que se publique unha foto de Celia Blanco en bolas ou o descubrimento da arca da alianza o tema vai ser que Celia é do PSOE ou que Cristo foi o primeiro comunista. Vale que o ingenio vai caro e de política e de fútbol todo o mundo sabe; pero eso de comer lechuga a tódalas comidas non pode ser sano. Ayyyyy! Si a da mochila azul levantara a cabeza.....

Por outro lado desearlle unha rápida recuperación do escordamento de nocello a Ronaldinho Troula. Mira que che teño dito que o regate da cola de vaca no é pra esas edades, pero nada...

E pra seguir co tema da da anterior noticia, aquí vos deixo un pedazo de pieza interpretada pola banda na última cena de Nadal, que dicen que a música amansa ás fieras :)

2008-02-28

Mocedades...

MOCEDADES 3

Me siento seguro - Mocedades

MOCEDADES 2

Quien te cantara - Mocedades

MOCEDADES 01

Queridos todos/as.
Jelou (do centro de Londón).
Permítome, co permiso da autoridade (Fi), e se o tempo o permite (creo que vou ter moito nunha tempada), escomenzar hoxe, neste marco incomparable de beleza sen igual, unha nova sección. Estou ata os .................... de política, debates, promesas electorais, que si chega o AVE, que se a inmigración, petroleo, prezos do pan, crise das hipotecas, Afganistán, terrorismo (as duas últimas xunto coa inmigración o maior dos repetos, claro), etc.
Por iso propoño unha sección musical, para divertimento de respetable.
A primeira incursión, lo mesmo falla. Intentarei poñer uns videos, pero non sei como será. se sae ben é mérito meu. Se sae mal, e cousa da máquina, do blog, de Bill Gates ou de Fidalgo que non ten esto ben engrasado ou se lle esqueceu cambiala bombona, ok?
A aposta é arriscada, porque empezarei cun grupo que seguro que os máis mozos non lles gustará (o mellor nin coñecen), os máis vellos non entrará nas súas preferencia, cecais máis "folclóricas", e os que quedamos polo medio "acusaranme" de HORTERA.
A pesares desto, todos deben recoñecer, que MOCEDADES, é o grupo vocal español (VASCO) máis importante de todolos tempos. Grandes éxitos a nivel europeo e incluso no mercado americano. Intentarei "colgar tres videos, con temas non demasiado coñecidos. O ERES TU e o TOMAME O DEJAME, buscádelos vos.
Esta primeira "edición", quero adicarlla a Gonzalo de SEbastián, que non sei se lle gusta ou non, pero por proximidade, ten que agradarlle cando menos.
Ala, A CANTAR.

2008-02-22

REUNION DE VECIÑOS



O luns pasado dia dezaoito, covocouse unha reunión da xunta veciñal de montes a unha hora intempestiva (17 h) por facilitar a asitencia dos representantes de accionatura e o garda forestal.
O motivo da reunión era únicamente informativo,a poda que se esta a facer de 37 Ha plantación
do noso monte, por mor da reclamación que se fixo por a nosa parte e o informe do garda forestal
Tamén se informou por parte dos de accionatura de a repoboación de 35Ha de frondosas, (cerdeiras carballos e bidueiros) que xa empezaron a plantar por debaixo do camiño que parte a ferreria de bois dende augas rubias e a limpeza que de forma gratuita farán da carballeira da baliña maior.Na reunión afloraron tres ideas interesantes dos comuneiros que trataremos en uha próxima reunión mais pausadamente e con xente de a administración
1º A posibilidade de solicitar a rozadura do noso souto
2º A de levantar por parte da administración un mapa topográfico do monte partido para mellor aproveitamento
3º E o de solicitar da administración a continuidade do camiño desde val de navallos a valiña, e unilo co que baixa desde o bao a baliña, que esta cortado
Para os que andan mal de geografia faremos unha excursión o domingo dia 24 por a maña. Irán os nenos, haberá un coche escoba,subiremos por a carretera vella a augas rubias en coche plantaremos tres árbores e baixaremos a choza andando para ver o que esta rozado, donde nos recollera o coche que nos levou a augas rubias
De paso veremos si o xabarin lle atinou do pan de Riega . "APUNTADEVOS"

2008-02-20

estamos no tempo de plantar

Como ultimamente as xuntas da Comunidade de Montes non asiste nin o apuntador, ( nin o secretario, nin o vocal, nin o tesourteiro, nin coroas, nin novo,...) Véxome na obriga moiral de dar conta do acontecido.
Pois seica viñeron os de Accionnatura, que ven a ser unha oONG que se adica a todo esto de conservalo medio ambiente, para informanos que foron capaces de sacarlle a GasNatural unhos €uropios para plantar e podar rebolas na Valiña Maior. A si que xa o sabedes pro outono xa temos onde ir a leña.
Ai vos deixo un enlace coa paxina desta ONG: http://www.accionnatura.org

2008-02-19

IMOS CAS PRÓXIMAS PROMESAS ELECTORAIS


Coméntase, rumoréase que pódese crear un centro deportivo e voume estirar e votar o tres de bastos facéndome o primeriro dos socios do chamado CDD, osease o Centro Deportivo Doncos. Aquí todas as ideoloxías as de arriba, as de baixo, diestra e siniestra estarán de acordo, malia que se construia na vila mais urbana da comarca, que é Becerreá, porque seguimos ca mesma os cartos son os cartos, e debe poder financiarse cas aportacions dos socios, e ai que poñela onde mais socias/os axa. Concellos da comarca e posibles axudas de Deputación ou Xunta complementarán a sua financiación. Xuntos os concellos de Pedrafita, As Nogais, Becerreá, Baralla, Triacastela, Navia e resto da comarca dos Ancares, pódese conseguir para disfrutar tamén e inverno.

2008-02-12

CARAVANA DE MULLERES

do B.N.G de As Nogais pensamos que o problema do despoboamento e consecuencia de falta de inversións na comarca, en ifrastucturas e nas suas riquezas potenciais, e as que se fixeron, feitas
de aquela maneira exem....os diferentes plans LEADER. Agora eso sí a culpa e dos do BLOQUE
Sanchez Carro, cazando Urogaios con Dn Manuel Fraga durante cuarenta anos con sus amigos de Madrid, e o Benigno Alcalde de Cervantes, ese mandadiño do SrBelón que logo levan outros trita
gobernando."QUEREN MULLERES EN CARAVANAS".Hoxe sae no progreso que farán.unha festa para os solteiros, e as solteiras?.Primitivo un ferreiro con chispa, hoxe tomando un viño no cafetin dixo que falaria con Benigno,para facer un PLAN RENOVE, e que poidan entrar os casados e casadas. !Vaia Pais¡

2008-02-10

EN CARNAVAL CARAVANA DE MULLERES

Ozú, ozú, oxe chegaron a nosa comarca dos Ancares unha cravana de mulleres según anunciábase nos medios:

Cervantes aguarda con impaciencia una caravana de 30 mujeres. Al banquete con el que se recibirá a la comitiva están invitados todos «os homes sen compromiso» del municipio lucense. «A caravana de mulleres é o tema de conversación, non se fala doutra cousa», afirma Amelia, que regenta el bar Estanqueiro, en San Román de Cervantes. Tras la comida y el baile de sobremesa, la caravana partirá nuevamente de Cervantes. El rumor que existía ayer en Cervantes era que las mujeres son cubanas. Mariló Ramos Cascallar, que regenta el Mesón Campa da Braña, uno de los locales de referencia en Os Ancares, calificó la caravana de mujeres de «escándalo y aberración». «As mulleres non somos gando e levamos moito tempo loitando para que se nos trate como persoas.



El BNG quiere que el PSOE desautorice al alcalde de Cervantes por la caravana de mujeres. La cabeza de lista al Congreso por el BNG en la provincia de Lugo, Paz Abraira, reclamó al PSOE que desautorice públicamente al alcalde de Cervantes por organizar la caravana de mujeres que se celebra hoy. Abraira cree que la caravana de mujeres «é unha volta atrás no camiño da igualdade que lamina os dereitos e a dignidade das mulleres». La concejala nacionalista recuerda que el alcalde de Cervantes, Benigno Gómez, que coorganiza la caravana, está llamando por teléfono a los vecinos, invitándolos a que acudan al acto, en el que él mismo participará. «As mulleres non somos gando nin mercadorías», dijo Abraira.



Qué opinarán 0 compañeros de partido de As Nogais, seguramnete dependerá do "estado".

2008-02-06

Información xeral. Corresponsales en distintos puntos da península.








Como se indica no encabezamneto, tamen temos corresponsales en distintos puntos da península, e sobre todo dentro do país. Por exemplo, e para mostra, foi exclusimaente un dos reporteiros de Doncos ata o sur do pais polas terrras de Verin, e o seu "triángulo máxico do entroido" XINZO-VERIN- LAZA, e trouxonos unhas instantáneas de como se vive o entroido por outros lares non moi lonxe de nos e de costumes parecidas, pero que seguen a conservar e cada vez mais o que os seus antergos lles enseñaron, de como se leva a diversión no seu pobo, e de como débese transmitir os que veñen detrás, respeitando sempre o que mamaron.







O PRIMEIRO QUE FUNCIONE A CORTE-BAR DA COMISIÓN.

A persoa encargada de dici-lo “Testamento do Burro”. Vai vestido cunha coroza de palla:


Cada vez que o testamenteiro di algo que fai gracia os Peliqueiros fan soalos chocos. O Testamento remata ofrecéndolle os "cagallóns" do burro a todos aqueles os que non lles tocou nada e con "Vivas" o Entroido.




OS PELIQUEIROS OS PROTAGONISTAS. Non é un disfrace. É una máscara que representa o poder. Ninguén a pode tocar. É o rei indiscutible da festa e a vez, gardián de tódolos demais personaxes do Entroido.




















OS INVITADOS, DESDE CONDES ATA BRUXAS: miran atónitos os impresionantes acontecementos que se suceden nun pobo mais ou menos como As Nogais.







O resto de corresponsais xa poden informarnos de o que acontecéu nos seus diferentes destinos. BO ENTROIDO.












2008-02-03






Gran carnaval na venta celta no Cebreiro con un tribunal moi cualificado, levou o 1º premio Marisa da capilla de Doncos. Houbo baile amenizado por Pepe da Ferrera, José Maria e Mesón.A cousa estuvo moi animada hasta altas horas de la madrugada. Estas son festas con inmaxinación donde a xente do pobo són os protagonistas .O primeiro premio e o segundo foron en metálico´o terciro unha bolsa de chourizos, o cuarto un dente de porco o quinto que eran unhas uñas, quedou deserto e acordaron de cocelas e volver a facer festa maña domingo dia trés