2015-04-04

Carta ao público en xeral sobre a restauración do reloxo de Doncos

Saúdos veciños:

Na última reunión de veciños do mes pasado aprobouse un orzamento para arranxos no reloxo da igrexa. Este orzamento é de 2.500 euros, IVE incluido, e consistirá en desmontar, limpar, arranxar e engrasar todo o mecanismo. Con esta intervención o reloxo manterá o seu mecanismo manual orixinal.

O encargado da reparación é o Sr. Joan Pedrals, con taller en Sarria, en levaralle arredor dunha semana. Se lle facilitamos aloxamento e comidas, sairanos máis barato. O pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria.

Coa venda de calendarios (Aínda dispoñibles) xa hai recadados 1.000 euros para este fin. A cota para cada casa é de 30 Euros (Trinta euros). Esta aportación non ten nada que ver coas cotas da asociación de veciños, e estes cartos terán coma única finalidade arranxar o reloxo. Se sobraran cartos, adicaranse soamente para futuros gastos en mantemento do reloxo ou para pequenas obras directamente relacionadas co reloxo e co cuarto do reloxo (luz, barandillas, escaleiras,...)

A forma de pago é mediante ingreso nunha nova conta de Caixa Rural, a nome da Asociación de Veciños de Doncos.

ES75 3070 0016 2261 4724 0623

Tamén é posible pagar en mao a Xosé de Espín (presidente) e Eduardo de Decoroso de Val (tesoureiro). Acéptanse ingresos e aportacións de máis de 30 euros destinados a este fin. 

Asociación de Veciños de Doncos.
Doncos, a 25 de marzo de 2015.