2011-10-19

QUE XA CHEGA O SAMAIN



Esta chegando o Samain.































Hai que ir preparando as calabazas e xa que algúns de calabazas pero das cheas entendemos dabondo veremos como as valeiramos.

Iremos polas hortas a ver onde está a maior cabaza e tras un vaciado a ver cal asusta mais.

E, para o magosto haberá que soutar a pesares de que as castañas non terán nin parecido o tamaño das cabazas. Bueno , a saber¡ :)

2011-09-22

GRAN FEIRA DOS OFICIOS 2011




















A feira estubo moi animada, musicos e musicas, bailarins, comedores de pulpo, oficios varios e productos da zona, autoridades de todolos tempos e sen discursos. Autoridades de accións efectivas enriba dunha pollina e poñendo orde para que todos disfrutáramos en paz dunha feira das que quedan poucas. Oubo xente de moi distintos sitios de Galicia, e para os que non chegaron a Doncos para iso estibo a TVGA para que o poidan disfrutar no resto do mundo, case, case coma nos.







2011-08-30

IV FEIRA DOS OFICIOS

Un ano máis chega puntualmente a feira en septiembre, e outra vez se encherá o pueblo de xente e de música. Eu chegarei tarde, coma sempre. A ver si hai alguha alma caritativa que me guarda un chicho de pulpo. Navalla non fai falta, que esa solo é pro churrasco.

2011-08-07

15 anos non se cumpren todos os días




Xa vedes, a mais nova de espin celebrando por todo o alto os 15 cumpleanos, ¿convidaria a todos os que saen na foto?

2011-07-28

Cena do Santiago 2011


O sábado día 30, a partir das dez e pico da noite, terá lugar a cena do Santiago tradicional. Ós postres presentarase a nova versión do conocido éxito "Non zabez" que leva por título "No, no, noooo". Estará terminantemente prohibida a exhibición de fotografías e vídeos de cando a comisión subiu ó palco na festa, que alí había máis flashes que nun concerto de Maná.
Por último responder a tódalas consultas que nos enviaron: NON, O MAGO NON FAI DESAPARECER A/O MARIDO/MULLER. Dito queda.

2011-07-19

programa de festas santiago 2011

24 DE XULLO
22:00 Bombas de palenque e repique de campás
23:30 Verbena amenizada pola ORQUESTA ANAGRAMA
04:30 Despedida con cánticos varios
25 DE XULLO
12:30 Pasarrúas a cargo de ABRENTE
13:00 Misa e Procesión
14:00 Sesión Vermouth amenizada pola ORQUESTA ILUSION
18:00 Xogos para os nenos
20:00 Actuacion de música e baile da ASOCIACION ABRENTE
21:00 Actuación especial de un grupo formado por unhos 15 músicos todos de Doncos
23:00 Verbena amenizada pola ORQUESTA ILUSION
00:30 Gran espectáculo de maxia a cargo do MAGO DAVID
01:30 Continuacion da Verbena coa ORQUESTA ILUSION
04:00 Sopas de allo e chocolate

2011-07-14

DONCOS EN FESTAS

O final non temos cartos pra pólvora. Necesitanse voluntarios pra dar palmas, polo menos.

2011-07-11

Un par de horas despois....

Con un par de aixadas, dous martillos e medio saco de cemento, un par de horas despois de poñerse a arreglala fonte decidiron facerlle unha arqueta de diseño. Seica o Maestro Botauga non daba carretado cervezas.

2011-07-10

2011-06-29

SANTIAGO 2011


As 17 horas e pico do día de hoxe quedou constituida oficialmente a comisión do Santiago, participada básicamente por un servidor e o chaval da Riega...., perdón, o chaval non, o PAI do chaval.
Nun futuro próximo levaranse a cabo as reuniós pertinentes para levar a bon fin o acto, (co de acto refírome á festa) e establecer o programa adecuado á situación social actual.
Desde esta comisión enténdese que un se acostumbra a dormir con ruido o 25 e non é conveniente variar os patrós de sono de todo un pueblo.
Pois eso, vide ben peinados e ca muda limpia.
Non se aceptarán donacións inferiores a 500 euros.

2011-05-30

Santiago???

Este ano sairá o apostol a cabalo do cabalo? y o cabalo tamén a cabalo de catro cabaleiros?.
Ou non haberá paseillo debido a crisis, ...relixiosa....festeira.....pedanea...
etc.....etc

2011-05-29




Así era Doncos antes do 22M, quedaban todabía hórreos, e as casas ívan mantendo o tipo, e hasta a escola resplandeceu de novo. Xa veremos como se mantén o patrimonio do pobo e de cada un cando pasen outros 4 anos que estemos a expensas do que manden de Compostela. E para alí foi Santiago e non trouxo nada, a parroquia a fixeron os nosos antepasados de cada casa de Doncos co o seu esforzo e suor. Naide daranos nada, se queremos algo deberemos de traballalo e loitalo, o futuro da nosa aldea está nas nosas mans, se queredes ver o futuro mirade para os rapaces e o futuro que lles espera. Nas Nogais o que non hai e 15M, nin democracia real , xa¡. Existe o :"ande eu quente ríase a xente".
Esto vai ou non vai?