2006-12-28

Anuncio de fusión

Pois si señor. Despois de dúas horas de conversas telefónicas temos a ben anunciar a fusión das dúas mellores páxinas web do noso pueblo: Doncos.com e o blog (ou sea, esta). A partir de fin de ano compartirase o mesmo servidor e en proximas negociacións xa veremos cal delas queda como principal. Polo tanto, para o ano que ven, a través da mesma dirección accederase indistintamente a cada unha delas.
Outro dos puntos que se tratou foi a creación de unha empresa de xestión das páxinas (máis que nada para que todo sexa legal, e así poder pedirlle a SGAE dereitos de autor). E para poder levar a cabo este esforzo decidimos poñer unha cuota de suscripción de 50 € ano. Esta cuota dará dereito a navegar libremente por todas as seccións das novas páxinas. Para poder levala a cabo poñeremos á vosa disposición dous medios: ben domiciliación bancaria ou ben dandonolos cartos a cada un de nos e despois xa vos remitimos a clave de acceso via email.
Seguiremos informando.
A primeira ciberempresa de Doncos xa naceu. A opa de Endesa vai ser broma o lado de esto.




A verdá é que cos vosos comentarios conseguistes que nos "emocionaramos". Empezamos a chorar xusto cando lemos o primeiro e ainda ahora cai algunha lagrimiña de vez en cuando, pero lamentamos informar que a SGAE non quere pagar dereitos de autor e, polo tanto, non vai haber fusión. Cachiiiiisssss.
De todas formas santa rita, rita, o ofrecido hai que pagalo :)

Ahora en serio: quedei sorprendido do voso ofrecemento para colaborar. Con amigos coma vos da ganas de seguir facendo esta páxina.
Bicos castos e puros para todos.

2006-12-26

Xa é martes, gracias a dios!

Xa pasou noiteboa e a navidade. Si chega a durar outra media hora máis acabamos co corpo. 3 grados baixo cero nas dequintas e a xente en mangas de camisa dándolle patadas á estufa ás cinco da mañá. Non se acorda outro tal no pueblo.
A noite empezou pola tarde. Que si altavoz por aquí, que si mesa pro outro lado, que si poñemos música ambiente hasta pandelo (ou eso decía suso). A cuestión é que pola tarde estuveron ambientando os peces, os pampanitos, a burra que iba para belén e as campanas, amén de outras panxoliñas varias. Despois viño vai, cerveza ven, cena en familia e as 12 inaugurouse o baile (inda que o pareza non era o baile de san Vitor).
Ainda non se enchera o primeiro vaso xa apareceron os gaiteiros e o maestro de ceremonias, que esta vez tocoulle a suso. Reunión de urgencia en corrillo e decisión a tomar. Seguimos o refrán: "gaiteiro pago nunca ben tocou"; entonces hoxe estes non cobran. Tocaron de maravilla.
E xa ben entrada a noite fixo acto de presencia o karaoke e a música enlatada. A verdá é que o cursillo de baile que se puxo nesta páxina foi ben aproveitado. Bailouse na punta dos pes. Que harmonía, que vuelos, ese agarre pola cintura seguindo os acordes do valse. Daban ganas de chorar... ca emoción.
A sección de cante inaugurouse co himno oficial desta páxina: La de la mochila azul, de Pedrito Fernández. Qué sentimiento! Como se botaba de menos á rapaza! O sonido salíalles ós cantores de moito máis abaixo do peito!
E entre canción e canción un baile e unha chiquita. Por certo, o Tullamore non chegou, e eu non fun o que o bebín, solo.
O fin agradecerlle a María e Cristina polo curro que fixeron, e a Sergio polo montaje e desmontaje do chiringuito.
PAZ.

2006-12-21

a preparala gorxa


Xa dixemos que o baile é importante e que a vestimenta hai que tela en conta, pero non nos podemos esquencer que hai algunhas favorecidas voces (unhas mais que outras) dispostas a entonar en calquera momento o amplio repertorio que vai desde o "arenal de sevilla" ata "las puntas de mi tejado" pasando polo "a tumari mari vento" do maestro veiga.

Nin que dicir ten que a exibicion e sempre totalmente gratuita e sin outro afan co de mollar a palleta.

A precisa entonación, o inigualable ritmo, o saber estar no "escenario", fan destes artistas exemplares únicos e inigualables.
(calquera parecido ca realidade e pura coincidencia)

A Dirección Xeral de Espectáculos de Doncos informa:

Que se procedeu á compra de bebestibles para o día de autos, a razón das seguintes cantidades:
  • Beefeather...........1
  • Bacardí...............1
  • Brugal................1
  • Cacique..............2
  • Arehucas............4
  • Absolut...............1
  • Tullamore..........2
  • Eristoff Black......1
  • Heineken...........12
  • Estrella..............6
  • Tonica...............10 litros
  • Kas Limon...........8 litros
  • Kas Naranja.......8 litros
  • Coca-cola...........16 litros
  • Auga.................5 litros
Si alguén ve que falta algo que non diga nada e que o leve da casa :)
Esta dirección xeral prohibe expresamente beber a morro das botellas. Será considerada falta moi grave a rotura dalgunha delas mentras conteña algo de líquido no seu interior.
O descoñecemento da lei non exime do seu cumplimento.
Estos productos pueden producir somnolencia. No conduzca ni maneje maquinaria pesada bajo sus efectos. Mantenganse fuera del alcance de los niños.

2006-12-20

Elegantes, guapos, bailadores e viaxados!

Despois de toda a promoción feita polos do pueblo, quédanos destacar o viaxados que estamos (a parte de outros moitos defectos :) ). Aquí donde nos vedes estamos na Plaza de España, en Sevilla, hai unhos aniños. No banco donde esta a xente sentada estivo o mismísimo Luke Skywalker e a princesa Leia. Non é coña ningunha. A última entrega da guerra das galaxias rodouse aquí. Ese día Chewaca non estaba porque non o deixaron salir de Nogales.
A realidade da historia é que eu acababa de marchar do pueblo para Sevilla, e estes foron mirar si era verdá que estaba alí ou marchara para o caribe.

A seguir bien, e pasar pouco calor.

2006-12-19

Que non sea por non avisar!



Esto non pretende ser unha noticia. Esto é un toque de atención para a da mochila azul, a prima da da mochila azul, e a amiga da prima da mochila azul.
O que se mostra arriba son os rapaces de Doncos acometendo e intentando papar. Como podéis ver non hai ningún tipo de reparo a certas horas e acométese o primeiro que se pon por diante.
Así que moito traxe, moita elegancia e moito tipo, pero á hora da verda esto é o que ides atopar.

PD. A corte da burra xa está estrada.

2006-12-17

O BAILE (faltan 7 dias)

Non podemos esquencer que dende o barrio do colchon sempre acudiron o Café os mellores músicos co fin de amenizala troula, exemplos sobran, do que non había ata o de agora constancia era da existencia de expertos bailadores (non miredes para a foto que non ten nada que ver). Espramos que o vindeiro 24 o grupo musical teña preparado un pouco de pleibac play-back ou como coño se excriba, e nos poidan deleitar cunha demostracion de baile*.




Baile*:
1. Acción de bailar.
2. Festexo no que se xuntan varias personas para bailar.
3. Local ou recinto público destinado a bailar.
4. Peza musical destinada a ser bailada.
5. Espectáculo teatral no que se danza.
6. Alteración por error do orden de algo.

Bueno despois desta definicion xa vedes que o exemplo da foto non sive como baile (admitimos pulpo como animal de compañia pero estoooooo....)

2006-12-16

A indumentaria e importante (faltan oito dias)



Ben, dado o alto grado de ocupacion do redactor xefe que hoxe se atopa en labores de aprovisionamento (esta de matanza) ímos botar unha man ou mellor dito, catro dedos.

Xa temos claro, logo da leccion maxistral reflexada o pasado dia 14, que o baile é importante, pero..... e a vestimenta???? o acaso segimos a pensar que co tullanmore esta todo arreglado??? Pois non señor. A vestimenta nun dia senalado coma o vindeiro 24 é primordial. Como exemplo idóneo daremos por valido calquera dos conxuntos reflexados no retrato.
POR FAVORRRR, non se vos ocurrira a proveita-lo traxe co que saides no retrato ou? Bueno sorte que o dalgun pasado aquel día non valeu para aproveitar (e eso que dicen que as manchas dos culilumpio pasan). En fin xa sabedes cun traxe destes e unhas dotes de baile coma as sinaladas polo director-gerente xa nos imos facendo a idea de que o 24 valeremos para grabar en vidrio e todo. Ale pasalo ben.

2006-12-14

Musho arte nas dequintas!


Vamos a ver, rapazas e rapaces. Como vos vexo solo pensando na bébora, que si vodka, tullamoore, cerveza, etc... e pouco no baile, e este último é moi necesario á hora de "relacionarse", fixen un cursillo rápido de baile e danza rexional. Agradecer ós expertos a súa desinteresada colaboración á hora de ilustrar o curso.
PASO 1.- HAY QUE SAIR A PISTA DECIDIDO. A peito descuberto, pero con elegancia. Co punto de mira calibrado, marcando o territorio e sobre todo con decisión, que por algo imos a ser os reis da pista. Saturday Nigth Fever é a nosa biblia e Travolta o noso icono.
PASO 2.- MOI IMPORTANTE SENTIR O RITMO NO CORPO. Que toca cumbia, pois como si foramos de Medellín de toda a vida. Que poñen pasodoble: nos chegamos a darlle de comer na man ó gato montés. Que nos poñen salsa: pois a cambiala camisa que bailar así é unha guarrada.
PASO 3.- SOMOS DE GOMA. Si hai que doblar en un momento dado por donde menos se pensa, pois dóblase. A cuestión e deixar constancia do estilo. Sempre envolvente, por si ela/el queren escapar poder chapalo no aire.
PASO 4.- REMATE. E o fundamental. Sempre co dedo arriba. En caso de que nos pese unha mao pódese sujetar ca outra. Mirando ó tendido sonrindo e ca vista posta nun horizonte imaxinario.

Espero que vos sirva de algo e en noiteboa se vexa un nivel de danza acorde ó momento e ó sitio.
En próximas noticias poñerei o cursillo de cante, que tamén ten a súa dificultade.

Hasta logo everybody, ou yeah!!

2006-12-11

Riau, riau, riau, viva la banda!


Pois eso, que viva. O próximo sábado cena da banda de música (por decir algo) en As Nogais, e máis concretamente no Fonfría. Haberá música, comida, música, bebida, música, actuación en directo da banda, música, cante jondo, música e festa a rachar. Os da banda están mirando a ver si traen algo de música.
Tras moito poñerse de acordo, parece ser que a entrada será gratuita, pero que haberá que pagala cena.

DJ Kecambie igual actúa como igual non. A súa meta é noiteboa, e quere estar fresco para ese día. Non obstante informacións recientes indican que a provisión de Tullamore (a ver si aprendemos a escribir dunha vez) aumentou no Fonfría de forma espectacular. En caso de que eso sea certo posiblemente actúe, si non cai antes.

Por cierto, a ver si alguén se anima a poñer algunha noticia por aquí, que a min as horas non me dan para máis.

Hala, por un pouco.

2006-12-05

Pero mira como beben...

...los peces en el riooooo.
Que non se diga que en Doncos non hai troula. Con eso de que xa levamos máis dun mes sin montar ningunha parece que nos están pruindo as uñas por liala.
Realizadas as pertinentes xestións, e mantidas as oportunas conversas telefónicas, estamos en disposición de anunciar que o día de Noiteboa, despois de cenar, cada un na súa casa, celebrarase no café de Vitor unha festa rachada para convecinos y similares. Eu díría que a partir das 12 da noite é unha boa hora para irse xuntado e celebrar.
Xa temos unha boa parte de confirmacións de asistencia. Ahora solo falta que o resto se vaia apuntando aquí e comuniquen o que hai que comprar de beber.
Non será de obriagado uso o frac nin o traxe de chaqueta.
Será de obrigado uso a disposición a pasalo ben.

Doncos vai ben!

2006-11-29

Todo por la patria!


Hoxe queremos felicitarnos polo bon restablecemento dun dos membros ilustres do pueblo, que en días pasados mantuvo en bon lugar a honra de Doncos polo mundo adiante.

Aquí ó lado podedes ver o recorte do xornal donde saliu publicada a noticia. Si se pincha en él faise máis grande (o recorte, ojo).
Qué decir da valentía ca que actúan as forzas do orden. Seguro que un dos nosos comentaristas habituais, o motero, se verá reflexado neste articulo, por aquelo de que os dous son do mismo gremio.

Bueno, ahí queda o noso recoñecemento para o acto levado a cabo, e os mellores desexos para que, unha vez curado o esguince, as sesións de rehabilitación sexan o máis levadeiras posibles.

Fuerza y honor!!

2006-11-27

Doncos en peligro de extinción!


Pois si señor. Doncos está como o burro, en peligro de extinción.
Máis da mitade dos apelidos da xente en xeral (os Borbós non contan), procede de topónimos. E este pueblo non iba a ser unha excepción. Polo visto contaba con unha boa representación en Galicia e incluso polo mundo adiante. Cheguei a ver xente apelidada Doncos escribindo en foros arxentinos.
Peeeeeero, según as últimas novas, non queda en Galicia nadie que se apelide Doncos de primeiro apelido, e tan solo 7 personas que o levan como segundo.

Rapaces e rapazas, esto hai que evitalo como sexa. Hai que poñerse mans á obra. Se non queda o apelido, polo menos que quede o pueblo. Absterse os que teñan a enfermedade do burro, que con todo o que ten e o pouco que lle queda.

2006-11-24

A placa que non era tal placa


Houbo moita xente que lle preguntaba á comisión do ano pasado sobre a placa que lle deron os pequenos a Espín. Querían saber que se lle puxera, cal era o dibuxo, etc. Incluso o propio interesado tamén preguntaba por ela, para saber como se fixera. A cousa tiña miga. Hoxe, despois de unhos meses, imos desvelar os misterios que envolveron o acto.

A cousa empezou con unha reunión da comisión estilo Zapatero-Bono, pero vía móvil, que somos máis modestos. "A ti que che parece?, a min ben, pois chama ó outro e pregúntalle, e eu chamo a este a ver que dice, e despois chamámonos e vemos..." Unha vez aprobado o acto por unanimidade estilo "fai o que queiras e deixa de dar a tabarra", elaboramos a placa.
Simplemente é unha base de metacrilato transparente ó que se lle añade unha capa de vinilo rugoso impreso co motivo que se queira poñer. A verdá e que queda resultón o invento.
Despois, á hora de entregala, tiñamos na festa a medio pueblo traballando: Elvira de Sacristan reunindo crios para subir ó palco. Cabrito encargouse de levar a Espín hasta un punto do campo para que o enfocara o cañón de luz. Os da orquesta poñendo a música.

Pero o máis curioso do caso é que o autor da placa foi... Espín. El foi o que fixo a foto. Nos solo lle puxemos as letras.

2006-11-22

Xa temos periódico!

Hola, moi boas. Benvidos a Doncos, ou mellor dito ó blog de Doncos e toda a comarca; que nadie se sinta excluido por non ter pedegree :)

Ahora que me sinto inspirado vou tratar de contarvos o por qué desta páxina. Pois resulta que últimamente no libro de visita de doncos.com hai unha serie de persoas que se dedican a escribir bastante a menudo, dando noticias, protestando, facendo dibuxos, etc, etc. Vendo eso ocurríuseme crear un periódico dixital (non confundir cos que se pasa a páxina co dedo), co obxetivo de que a xente que anda polo mundo adiante siga mantendo os vínculos ca terra, e podan exaltar a amistade máis días que o de santiago pola noite.

Espero que nesta páxina podan ter cabida todo tipo de ideas, reportaxes, fotos, comentarios, chistes, e todo aquelo que nos leve a encender o ordenador e entrar aquí para ver o que pasou nas dequintas, en outeiro ou incluso no barrio de pandelo. Que nos informe das festas, reunións, momentos, paisaxes, óbitos, etc, a nos os que estamos nas cataluñas, andalucías, ou incluso en La Coruña (dos do país vasco non decimos nada que están de incógnito).

Imos necesitar colaboradores. Xente que sepa escribir polo menos con dous dedos, que non lle importe chismorrear do que pasa, pero sobre todo que sepa algo do que pasa. Cando queirades publicar algo solo tedes que mandarme un correo para darvos unha conta aquí e poñer o que se vos ocurra. Para facer comentarios ás noticias non fai falta conta.

Finalmente si alguén quere deixar unhas cervezas pagas en algún bar non faltará quen as tome.

Chuchos e apertas.