2006-11-22

Xa temos periódico!

Hola, moi boas. Benvidos a Doncos, ou mellor dito ó blog de Doncos e toda a comarca; que nadie se sinta excluido por non ter pedegree :)

Ahora que me sinto inspirado vou tratar de contarvos o por qué desta páxina. Pois resulta que últimamente no libro de visita de doncos.com hai unha serie de persoas que se dedican a escribir bastante a menudo, dando noticias, protestando, facendo dibuxos, etc, etc. Vendo eso ocurríuseme crear un periódico dixital (non confundir cos que se pasa a páxina co dedo), co obxetivo de que a xente que anda polo mundo adiante siga mantendo os vínculos ca terra, e podan exaltar a amistade máis días que o de santiago pola noite.

Espero que nesta páxina podan ter cabida todo tipo de ideas, reportaxes, fotos, comentarios, chistes, e todo aquelo que nos leve a encender o ordenador e entrar aquí para ver o que pasou nas dequintas, en outeiro ou incluso no barrio de pandelo. Que nos informe das festas, reunións, momentos, paisaxes, óbitos, etc, a nos os que estamos nas cataluñas, andalucías, ou incluso en La Coruña (dos do país vasco non decimos nada que están de incógnito).

Imos necesitar colaboradores. Xente que sepa escribir polo menos con dous dedos, que non lle importe chismorrear do que pasa, pero sobre todo que sepa algo do que pasa. Cando queirades publicar algo solo tedes que mandarme un correo para darvos unha conta aquí e poñer o que se vos ocurra. Para facer comentarios ás noticias non fai falta conta.

Finalmente si alguén quere deixar unhas cervezas pagas en algún bar non faltará quen as tome.

Chuchos e apertas.

3 comentarios:

O motero dijo...

Grazas ás novas tecnoloxías e a unhas persoas intelixentes enterámonos das cousas do pobo e mais estamos comunicados entre nos, sin que exista distancia. Ó día de hoxe a cousa é simpatica xa que se saben mais cousas do pobo e das xentes por este tranganillo que cando se está nel, que casi non hai con quen falar. Por eso enhoraboa a todos os que facedes posible esto.
P.D. Gastamos moito para estudiarte, pero vexo que foi ben invertido, de cervezas nada de nada, daste do GPT.

Anónimo dijo...

Ben, non quero extenderme demasiado, so esperar que nos animemos e metamos cousas interesantes, e non tan interesantes no noso periodico, xa que asi teremos mais que ler.Saudos a todos e a por ela

Anónimo dijo...

buenas !!! soy Marta García !!!
qué alegría "m´antrao" cuando he visto este pedazo de blog !!!
ya sé que debería hablar en gallego, pero va ser que parecería raro en mi.....
mañana mismo me pongo a leer de principio a fin, de momento os dejo un saludito
besotes lagartones