2011-07-28

Cena do Santiago 2011


O sábado día 30, a partir das dez e pico da noite, terá lugar a cena do Santiago tradicional. Ós postres presentarase a nova versión do conocido éxito "Non zabez" que leva por título "No, no, noooo". Estará terminantemente prohibida a exhibición de fotografías e vídeos de cando a comisión subiu ó palco na festa, que alí había máis flashes que nun concerto de Maná.
Por último responder a tódalas consultas que nos enviaron: NON, O MAGO NON FAI DESAPARECER A/O MARIDO/MULLER. Dito queda.

2011-07-19

programa de festas santiago 2011

24 DE XULLO
22:00 Bombas de palenque e repique de campás
23:30 Verbena amenizada pola ORQUESTA ANAGRAMA
04:30 Despedida con cánticos varios
25 DE XULLO
12:30 Pasarrúas a cargo de ABRENTE
13:00 Misa e Procesión
14:00 Sesión Vermouth amenizada pola ORQUESTA ILUSION
18:00 Xogos para os nenos
20:00 Actuacion de música e baile da ASOCIACION ABRENTE
21:00 Actuación especial de un grupo formado por unhos 15 músicos todos de Doncos
23:00 Verbena amenizada pola ORQUESTA ILUSION
00:30 Gran espectáculo de maxia a cargo do MAGO DAVID
01:30 Continuacion da Verbena coa ORQUESTA ILUSION
04:00 Sopas de allo e chocolate

2011-07-14

DONCOS EN FESTAS

O final non temos cartos pra pólvora. Necesitanse voluntarios pra dar palmas, polo menos.

2011-07-11

Un par de horas despois....

Con un par de aixadas, dous martillos e medio saco de cemento, un par de horas despois de poñerse a arreglala fonte decidiron facerlle unha arqueta de diseño. Seica o Maestro Botauga non daba carretado cervezas.

2011-07-10