2008-03-26

CAJI NO MAPAMUNDI¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡


O que é non ter que facer.....................

Estos días non madrugo moito, almorzo, vexo as noticias (ata que me aburren), leo os xornais (ata que me farto de mentiras), e entro no "super blog".............. e hoxe deume por mirar dende onde nos visitan. VOTÁDELLE UNHA VISUAL.

Dado que na escola non me deron a elexir inglés, e nunca me preocupei de aprendelo, seguro que entendo mal. Non pode ser que nos visiten dende uns sitios tan "raros". Outra posibilidade é que o chisme este se trabuque, ou que se trate de lugares onde se fan outros blogs, ou ...............

Non direi nada sobre as visitas de paises europeos.

Non direi nada sobre as visitas dos paises de América do Sur, pode haber emigrantes.

Non direi nada do Xapón (os nipóns xa se sabe ....... daslles un ordenador e perden o sentidiño, ainda que lles costará un mundo entender algo), nin sequera de que nos visiten dende a beira sur do Caspio............................

Agora ben, que haxa un tipo/tipa, señor/señora (¿políticamente correcto?), qu nos visite e lea, mellor dito intente ler e entender, dende Nepal, Suráfrica, Alaska, Islandia, Mongolia (aprox.), Emiratos Árabes Unidos ou Indonesia ......... chégame ben creelo.

En todo caso, xa se sabe, HAY XENTE PARA TODO.