2008-02-22

REUNION DE VECIÑOS



O luns pasado dia dezaoito, covocouse unha reunión da xunta veciñal de montes a unha hora intempestiva (17 h) por facilitar a asitencia dos representantes de accionatura e o garda forestal.
O motivo da reunión era únicamente informativo,a poda que se esta a facer de 37 Ha plantación
do noso monte, por mor da reclamación que se fixo por a nosa parte e o informe do garda forestal
Tamén se informou por parte dos de accionatura de a repoboación de 35Ha de frondosas, (cerdeiras carballos e bidueiros) que xa empezaron a plantar por debaixo do camiño que parte a ferreria de bois dende augas rubias e a limpeza que de forma gratuita farán da carballeira da baliña maior.Na reunión afloraron tres ideas interesantes dos comuneiros que trataremos en uha próxima reunión mais pausadamente e con xente de a administración
1º A posibilidade de solicitar a rozadura do noso souto
2º A de levantar por parte da administración un mapa topográfico do monte partido para mellor aproveitamento
3º E o de solicitar da administración a continuidade do camiño desde val de navallos a valiña, e unilo co que baixa desde o bao a baliña, que esta cortado
Para os que andan mal de geografia faremos unha excursión o domingo dia 24 por a maña. Irán os nenos, haberá un coche escoba,subiremos por a carretera vella a augas rubias en coche plantaremos tres árbores e baixaremos a choza andando para ver o que esta rozado, donde nos recollera o coche que nos levou a augas rubias
De paso veremos si o xabarin lle atinou do pan de Riega . "APUNTADEVOS"