2008-07-14

¿Quién mató al Comendador?

"Para emprender la jornada
de esta ciudad, que ya tiene
nombre de Ciudad Real,
juntó el gallardo maestre
dos mil lucidos infantes
de sus vasallos valientes,
y trescientos de a caballo
de seglares y de freiles;"
Lope de Vega - Fuenteovejuna

Así nos chamaban hai unhos anos na Voz de Galicia. Fuenteovejunas.
Eu non fun testigo dos feitos porque vivía en Sevilla, pero hasta alí chegaron os ecos da movilización xeral. Fontes acreditadas dicen que tocaban as campanas a fuego, que as mulleres asaltaron unha excavadora a coios e os pequenos chegaron a secuestrar un dumper cun tirador de garbanzos. Sea como fora, ó final a pista quedou no seu sitio e non onde a querían deixar.
A noticia aínda sigue colgada na web do periódico, e de alí saquei esta captura de pantalla.
Non sei como me amaño, pero sempre me perdo as mellores movidas.

2008-07-12


Opastor Belga, catro vai oilas, non sei o que lle será mellor o perracho se ser xordo ou non saber idiomas, que Dios o colla confesado

2008-07-11


Para pasalo bén non fai falla comprar motos como Fidalgo e Ranga, eses son moi chuletas pero non dan casado

Doncos en festas... festas en Doncos



En Doncos somos así de cabezós. Que o Corte Inglés dice que o 25 é Navidá... pois non. O 25 é o Santiago. Saberán moito de vender cousas, pero de festas non teñen nin idea.
Xa están os carteles postos, os chigres apalabrados, a luz contratada como tódolos anos, Suso trouxo as banderas, os tableiros pro palco encargados, a gadaña afilada, a pólvora ben seca, e a avioneta co nitrato de plata pre espantalas nubes alquilada. Hasta a Pepín lle pasou o susto que colleu cando oiu falar algo de un castiñeiro. Tranki, o teu sigue no seu sitio.
O que sería de agradecer é que alguén lle fixera unha espada de madeira a Santi pra procesión, que sempre ten que salir con un garabullo...
Por certo, este ano recoméndase atalos cais, que dicen que a pólvora é da boa.

2008-07-10

TES MOITO QUE APRENDER




Para retoques do POTOCHÓ, o das fotos do último Santiago do que temos noticias, xa que o do SANTIAGO 2008 non hai nin comentario. Estas si que están irrecoñecibles polo menos os personaxes, que tamén lle daban o cubata de xinebra.























Ata o gran-roble de Pascual quedou novo, despois do lixado, pintado e pulido, pura técnica informática.




Sin barniz

E increíble como cambian as fotos cando lles quitas de encima unha boa capa de barniz do tempo e lles das unha mau de pintura, ainda que sea con brocha gorda. Podíase facer mellor, pero esta restauración dunha foto publicada hai tempo non quedou tan mal.
Si alguén quere que lle restaure algo (fotos principalmente) que me as envíe ó correo.

Aviso a navegantes: estou facendo prácticas de photoshop. jejeje

2008-07-09

Manda carallo!

Mandáronme un correo o outro día de carallo. Nunca mellor dito. Resulta que nos usámolo moito, pero non sabemos por qué. Pois aquí están as razós:

Resignación: ¡ay que carallo¡
Indignación
: ¡que carallo¡
Cachondeo
: ¡bueno, carallo, bueno¡
Desplante
: vai ó carallo
Inquisitivo
: ¡que carallo é¡
Contrariedade
: tócate o carallo
Cansancio
: deixate de caralladas
Ofensa
: Este carallo ¡é parvo!
Templanza
: ¡cálmate, carallo¡
Amenaza
: ven, carallo, ven
Negación
: non, carallo, non
Negacion rotunda
: nin carallo nin nada
Xuramento:
¡me cago no carallo¡
Ira
: me cago no carallo,¡carallo¡
Alabanza
: é un home de carallo
Duda
: o carallo vintenove
Extrañeza
: pero ¿que carallo pasa?
Desprecio
: pásamo por debaixo do carallo
Animoso
: dalle, carallo, dalle
Caprichoso:
saíume do carallo
Cualitativo:
non vale un carallo
Valorativo:
róncalle o carallo
Fatalidade:
ten carallo a cousa...¡
Agotamento:
xa estou ata o carallo
Picardia:
o caralliño
Metereoloxía:
fai un tempo do carallo
Lonxanía
: no quinto carallo

Gracias a Santi.

2008-07-01

Máis vale previr...

Podíase dalo caso de que moitos de vos tuverades o video da anterior noticia no móvil (cousa que dudo). E tamén se podería dar o caso de que vos chamaran de testigos ó xuzgado por... ¿¿!!?? ehhh, tranki, ahora non fai falta que o borres... sigue lendo... Como iba decindo, podíanvos chamar ó xuzgado a declarar. Bien, pois que sepáis que a espera desde que chegas hasta que te chaman é larga. Polo tanto, pra espera, nada mellor que un pasatempo.

SOPA DE LETRAS
Busca 11 personaxes que escribiran neste blog

Tamén vale pra plaia, e si o imprimes nun cartón pre abanicarse.

PREMIO: a elexir entre media hora no recuncho con Rosa de Luxemburgo na festa de Torés (si ela quere) ou dúas entradas gratis pra festa do Santiago.