2009-11-11

NON HAI AMO PARA A TORRE ¿PARA O POBO?


Pois, segundo parece, non temos moita idea de quen é a Torre. Manda truco............. Iso danos unha idea de quen somos, en que pais vivimos, e de quen son os que eleximos para gobernarnos e administrar os intereses comúns. Fai uns días falaba cun amigo que regresou fai pouco da Bretaña (Francia). Viña cabreado. Viaxa moito e di que canto máis sae fora, máis aprecia o noso,e máis apenado está polo mal co aproveitamos. Segundo me conta é un pais bastante parecido o noso, é verde, chove, hai moitas vacas, sementan millo, hai pinos e teñen mar. As semellanzas, o parecer, rematan neste punto. Centos de pobos, sen nada en especial, catro casas, un colexo, unha farmacia, unha crepería e unha igrexa, aparecen nas nas guias de viaxe como "pobo con encanto especial". Teñen unha agricultura moderna e, por riba, énchense de turistas de venres a domingo e tres meses no verán, ainda que por aparcar nunha esplanada do centro do pobo che cobren 5 €/hora. Iso si, sabense vender. A igrexa pode ser de fai cen anos, pero poranlle un letreiriño fora explicando quen a construiu, quen donou os cartos para facela e ata quen foi o primeiro crego. O redor da igrexa que, insisto, o mellor non ten nada especial, abren duas tendas de venda de camisetas e postais, un restaurante que pola calidade da comida, non lle chegará a Vilacol a suela do zapato, e unha oficina de información turística. Tampouco se lles ocorre, o parecer, facer un edificio de 5 ou 6 alturas a carón dun castro (se o teñen), nin cubrir as casas con chapas de aluminio, nin fan establos o pe das coidadas casiñas (pintorescas pon nas guias de viaxe) que teñen.
Qué farían cunha torre medieval, casas blasonadas, un pazo, muiños, os Ancares moi perto, un rio..................?
O tema.......... Xa que ninguén, parece, e dono da Torre (se estivese ben arranxadiña............), o mellor aparece alguén que reclame o "señorío" do pobo. Para todos os interesados en convertirse en Señor de Doncos, deixovos unha axuda. ¿Quén sabe?


2009-11-05

As ruínas de ninguén: o castelo de Doncos, no concello das Nogais










O castelo de Doncos, ubicado no concello lugués das Nogais á beira do río Navia, o seu foxo, presenta un estado lamentable. Quedou reducido a unha torre que ameaza con derrubarse desde o alto do penedo no que descansa se ninguén o impide. A carón da construción, tamén coñecida como Torre de San Agustín, medra a maleza sen control, cubrindo incluso as murallas, o que a fai aínda máis inaccesible do que xa é en por si. A torre cuadrangular, feita de pizarra e granito, é o único que queda en pé do edificio orixinal, que algunhas fontes datan no século XIV, cando o adiantado maior do Reino de Galicia, García Rodríguez de Valcarce, o tomou como base de operacións para impoñer o seu señorío. Outras fontes aseguran que foi construída no século XIII. Os veciños sempre pensaran que a maxestosa torre, de 24 metros de altura, pertencía á Casa de Alba, ao igual que os membros da corporación municipal. “Ao parecer o castelo era da Casa de Alba, pero había un problema coa escritura de propiedade”, explican desde o concello lugués.
En 2007, o Concello das Nogais remitiulle un esrito á Casa de Alba solicitando a cesión do castelo, coa intención de recuperalo e evitar a súa destrución completa. “Eles dixeron que non era seu, e comprobouse que ninguén sabía quen era a persoa que figuraba como propietaria”, sinalan as mesmas fontes. Entón, o consistorio solicitou ante o catastro a propiedade do inmoble. “Non aceptaron a nosa petición e pasou a formar parte do patrimonio estatal”, conclúen desde o concello. Mentres, o castelo de Doncos cae a cachos, exemplificando os efectos que a desidia administrativa pode provocar no patrimonio. En Galicia, rica en pazos e castelos, casos como este reprodúcense en diferentes puntos da nosa xeografía, como a torre de Sandiás, en Ourense, ou a torre de Celas de Peiro, na Coruña, nun grave estado de deterioro.
“Nós calculamos que a torre da homenaxe de Doncos era da Casa de Alba e preguntámoslles a eles, pero dixéronnos que non tiñan constancia de que fose súa”, sinala Xosé Espín, concelleiro das Nogais. O Concello tentou adquirir a construción para dinamizar un percorrido cultural que discorrese polos numerosos monumentos da zona e polo antigo camiño real, pero finalmente o proxecto non se puido levar a cabo. “A intención que tiñamos era arranxar a torre e velar polo seu mantemento para crear unha ruta a pé. Pero os heredeiros da duquesa non se quixeron facer cargo, ao mellor non lles interesa”, explica Espín, que mantén que Doncos “é propiedade da Casa de Alba”.
A localidade de Doncos deixou de ser concello en 1941, cando Carlos III cambiou as estradas, co que As Nogais adquiriu o rango de municipio, explica Xosé Espín. “Fomos terra de nobres”, precisa. Proba do seu pasado ilustre son os numerosos pazos da zona. Un deles, o coñecido como Pazo da súa Excelencia ou Casa-Pazo de Doncos tamén é propiedade da Casa de Alba, o que ratifica a tese do Concello das Nogais no tocante á propiedade da torre de Doncos. “A Casa da súa Excelencia foi vendida en 1912 por por Emilio Novoa González a Enrique Anoeta y Mendizábal, sabémolo porque conservamos o poder”, di Espín. Ao parecer, o inmoble foi empregado pola Inquisición como cárcere. Doncos conta con moitos outras construcións defensivas, destinadas a defender esta entrada a Galicia, coma os castelos de Torés, Doiras e Valcarce.
“Desde o Concello estamos tentando facer algo porque temos medo, xa que a torre pode caer en calquera momento”, indica Xosé Espín. A súa visión fantasmal, no cumio dun estreito penedo de paredes case verticais, é un problema engadido á hora de preservala. “Barallamos situar algún tipo de suxeccións nas paredes, pero vai ser difícil; as administracións deben intervir xa para que a torre de Doncos non se veña abaixo”, conclúe Espín.
A foto tamén corresponde a alguén de Doncos e precisamente da casa de Rangalleira,´...é, que somos unha POTENSSIA.

2009-11-02

Xornadas micolóxicas

As castañas, o churrasco, os chorizos, o toucín asado, o pan, o viño, o... por certo,¿alguén viu a maese Troula por alí? Moito pedir magosto e despois resulta que está a réximen. En fins.
Como iba decindo... o de antes... que todo eso xa pasou, que ahora toca raciós de setas en distintas preparaciós, formatos, salsas, etc...
Pros máis excépticos: son setas de comer.