2009-11-05

As ruínas de ninguén: o castelo de Doncos, no concello das Nogais










O castelo de Doncos, ubicado no concello lugués das Nogais á beira do río Navia, o seu foxo, presenta un estado lamentable. Quedou reducido a unha torre que ameaza con derrubarse desde o alto do penedo no que descansa se ninguén o impide. A carón da construción, tamén coñecida como Torre de San Agustín, medra a maleza sen control, cubrindo incluso as murallas, o que a fai aínda máis inaccesible do que xa é en por si. A torre cuadrangular, feita de pizarra e granito, é o único que queda en pé do edificio orixinal, que algunhas fontes datan no século XIV, cando o adiantado maior do Reino de Galicia, García Rodríguez de Valcarce, o tomou como base de operacións para impoñer o seu señorío. Outras fontes aseguran que foi construída no século XIII. Os veciños sempre pensaran que a maxestosa torre, de 24 metros de altura, pertencía á Casa de Alba, ao igual que os membros da corporación municipal. “Ao parecer o castelo era da Casa de Alba, pero había un problema coa escritura de propiedade”, explican desde o concello lugués.
En 2007, o Concello das Nogais remitiulle un esrito á Casa de Alba solicitando a cesión do castelo, coa intención de recuperalo e evitar a súa destrución completa. “Eles dixeron que non era seu, e comprobouse que ninguén sabía quen era a persoa que figuraba como propietaria”, sinalan as mesmas fontes. Entón, o consistorio solicitou ante o catastro a propiedade do inmoble. “Non aceptaron a nosa petición e pasou a formar parte do patrimonio estatal”, conclúen desde o concello. Mentres, o castelo de Doncos cae a cachos, exemplificando os efectos que a desidia administrativa pode provocar no patrimonio. En Galicia, rica en pazos e castelos, casos como este reprodúcense en diferentes puntos da nosa xeografía, como a torre de Sandiás, en Ourense, ou a torre de Celas de Peiro, na Coruña, nun grave estado de deterioro.
“Nós calculamos que a torre da homenaxe de Doncos era da Casa de Alba e preguntámoslles a eles, pero dixéronnos que non tiñan constancia de que fose súa”, sinala Xosé Espín, concelleiro das Nogais. O Concello tentou adquirir a construción para dinamizar un percorrido cultural que discorrese polos numerosos monumentos da zona e polo antigo camiño real, pero finalmente o proxecto non se puido levar a cabo. “A intención que tiñamos era arranxar a torre e velar polo seu mantemento para crear unha ruta a pé. Pero os heredeiros da duquesa non se quixeron facer cargo, ao mellor non lles interesa”, explica Espín, que mantén que Doncos “é propiedade da Casa de Alba”.
A localidade de Doncos deixou de ser concello en 1941, cando Carlos III cambiou as estradas, co que As Nogais adquiriu o rango de municipio, explica Xosé Espín. “Fomos terra de nobres”, precisa. Proba do seu pasado ilustre son os numerosos pazos da zona. Un deles, o coñecido como Pazo da súa Excelencia ou Casa-Pazo de Doncos tamén é propiedade da Casa de Alba, o que ratifica a tese do Concello das Nogais no tocante á propiedade da torre de Doncos. “A Casa da súa Excelencia foi vendida en 1912 por por Emilio Novoa González a Enrique Anoeta y Mendizábal, sabémolo porque conservamos o poder”, di Espín. Ao parecer, o inmoble foi empregado pola Inquisición como cárcere. Doncos conta con moitos outras construcións defensivas, destinadas a defender esta entrada a Galicia, coma os castelos de Torés, Doiras e Valcarce.
“Desde o Concello estamos tentando facer algo porque temos medo, xa que a torre pode caer en calquera momento”, indica Xosé Espín. A súa visión fantasmal, no cumio dun estreito penedo de paredes case verticais, é un problema engadido á hora de preservala. “Barallamos situar algún tipo de suxeccións nas paredes, pero vai ser difícil; as administracións deben intervir xa para que a torre de Doncos non se veña abaixo”, conclúe Espín.
A foto tamén corresponde a alguén de Doncos e precisamente da casa de Rangalleira,´...é, que somos unha POTENSSIA.

16 comentarios:

o moreno dijo...

Bueno nesta información hai algún que outro erro e eso que xa retificaron algunhas das cousas que viñan na edicción de papel, como o Titulo DONDE UBICABA DONCOS NO CONCELLO DAS SOMOZAS.(que está pola zona Das Pontes(Ferrolterra)

O DE QUE FOI CONCELLO ATA 1941 QUE CARLOS III cambiou as estradas, tamén é un gazapo do carabillo, se foi éste Borbón o que fixo a estrada a pico e pala sería entón douscentos anos antes.

Un veciño ó que lle gusta o pobo dijo...

Non nos debemos parar nesas minucias, sempre hai erros. O caso e que o castelo ou torre (de toda a vida) vai caer. E ahi si que non hai erro. Sempre psa o mesmo, que é de fulano, que é mengano. Para arranxala non é de naide. Si no fondo do castelo se encontrase un gran tesouro, seguro que lle aparecia o dono. Un cento deles. O preblema é o de sempre, non hai un peso destinado para estas cousas, unha pena que todos lamentarenos cando caia. Logo solo nos valera lamentarnos.
Galicia e o seus gobernos nunca fixeron moito caso dos seus tesouros; castros, dolmenes, castelos etc etc. Tiñan que copiar algo dos Catalans e Vascos.
Quedamos sin os signos dos nosos antergos, que fixeron que o noso pobo e arredores fosen unha zona de moita importancia.

Anónimo dijo...

Outra bola é:
a torre de Celas de Peiro, na Coruña, nun grave estado de deterioro.
Non é así a torre leva tempo rehabilitada con tres plantas, con escalera interior, e nela expoñese traxes típicos da zona,labregas-os e pescadores, etc. e ferramentas e apeiros de traballo.
Poderíamos copialo para o da Grupa.

o moro Muza dijo...

Se non aparece o propietario ou propietaria podedes facer un sorteo entre os veciños. Dese xeito haberá alguén que teña unha vella propiedade vertical con historia. Total, as administracións non van mirar para el, os da casa de Alba dicen que non é deles ( ata que estea arranxado, seguro, que son uns espabilados eses tíos.. ) e a torre de Agustín rematará caendo en poucos anos.
Pódese rifar na vindeira festa do Santiago. Non faltará quen xogue.

Anónimo dijo...

É que o xornalismo xa non é o que era... Se D.Mariano José de Larra levantara a cabeza....
Pubícase calquera cousa sen contrastar datos, sen correxir, sen documentarse....Un verdadeiro desastre.

Anónimo dijo...

Kantos ferruxolos deixo hechado bajo la sombra de la Torre aquellas largas tardes de primavera cando iba con les vaques. Alguna del pueblo y tambien de Sebras han de recordarlo. Yo daquella tenia moito aguente en lo referente al tema.
Que es una pena o, que la dixen caer

Anónimo dijo...

Oe, e nas Nogais non hai uns Alba, pois habería que cargarlles co morto, e despois que falen cos seus parentes.

Tanto lles dá dijo...

Non hai cartos na Consellería de Cultura, burriños! E os que hai están para levar adiante ese mausoleo que chaman a Cidade da Cultura. ¡Cacicada dos políticos do PP..., e que os do bipartito non quixeron paralizar ou botar abaixo! Mentres, os abondosos patrimonios culturais e históricos de Galicia morren esquencidos. Cousas de políticos, demagogos todos eles, que só pensan en medrar, roubar e calar. ¡Panda de golfos e ladrois!

O mouro que segou o pescozo dijo...

Tranquilo rapás, que como o Gaias, non ten contido,pode ser unha boa idea que o enchan ca torre da Grupa pedra a pedra, quizais poñendo un anuncio no Cebreiro os peregrinos do ano que ben son eles so capaces de trasladalo e levar pedra a pedra, rconstruindo dese xeito non o concello de Doncos sinon a capital ca sua fortaleza.

O mismo que viste e calza dijo...

Bueno para o que non o sepa hai unha exposición das fotografías inéditas que tomó en Galicia la americana Ruth Matilda Anderson fotos do ano 1924/25 que xa foron expostas en Lugo e que agora están na Coruña na fundacion Caixa Galicia, e das 350 fotos, hai algunhas de Pedrafita, a altura do estanco, do Cebreiro, e do Actual concello das Nogais só hai unha e é de Doncos casualmente da torre de San Agustín, unha foto que merece verse.

Anónimo dijo...

Oes, a Matilda esa non será da a da casa de Clemente?? É que a vin o outro dia ca kodak cara rellán.

Anónimo dijo...

A torre de Doncos quedará como está ata que se caia, porque non ten un grande interese arquitectónico e a súa rehabilitación non ten sentido polo elevado dos costes. Hai cousas mais importantes que facer que manter unha torre de pedras.

Anónimo dijo...

Paro anterior: o mesmo decía da Torre de Hércules, e mira por onde en Patri de la huma.

Anónimo dijo...

Normal, cun alcalde socialista. Asi pódense facer cousas.

Anónimo dijo...

E o noso que é sociolisto ¿ Non poderá facer algo tamén ?

Anónimo dijo...

O ARCAIDE NON TEN CULPA DE TELO AI,SENON QUE O ESTA APOIANDO,PREGUNTADELLE A ESPINETE DE DUENCOS, ÉN NOGALES TAMEN HAI OUTROS MONUMENTOS IMPORTANTES EN TOTAL ABANDONO,PERO ASI NOS VAI CANDO TEÑEN MANDO RADICAIS OU IDESMO NEGAR.