2007-02-20

¿Alguén trouxo a sardiña?

Mentras se prepara o reportaxe fotográfico, e seguimos a negociación con Dez Minutos e Hola para a publicación das exclusivas, vamos repasar someramente o que alí aconteceu tal día como o sábado.
Xa pola mañá cedo chegaban noticias luctuosas do barrio de pandelo, e tras varias consultas telefónicas o sanedrín decidiu manter os actos organizados o largo do día.
As tres e media chegaron os primeiros nenos disfrazados ás dequintas, mentras nos aínda estabamos montando o tinglado no café. O ceo non deixou de enviarnos auga, supoño que facendo un guiño para ter reservas pro whisky, e non houbo momento que escampara nin un poouco siguiera. Esto levou a cambiar os planes de recollida de chorizos e toucín polo pueblo. En vez de eso houbo baile infantil, unha pota das grandes de chocolate, globos, serpentinas e moito fotógrafo inmortalizando o momento. Os crios estaban todos espectaculares.
E despois pasamos xa o entroido dos grandes. O maestro asador Souto preparou o churrasco no taller de Espín, e pudemos contemplar o grado de previsión da xente: non había naide sin navalla! Entre chicho e chicho un grolo e despois asalto a barra.
Os disfraces exibidos foron do máis variopinto: o da mochila azul moi logrado, hasta se pode decir que estaba boa :) o dos capirotes de blanco inmaculado. Varios máis de muller (e increible a fijación dos tios por disfrazarnos de muller), a dos monster, o sheriff, minnie mouse, e varias visitas que fomos recibindo o largo da noite, desde a guardia civil, a varios indescriptibles.
Pero como dicen que vale máis unha imagen que mil palabras, e eu non sei tantas palabras, vamos esperar a que aparezan as primeiras fotos.