2007-10-19

O Magosto para agosto


Xa é outono no Corte Inglés. E nos, fieles seguidores das tradiciós, temos que facerlle caso ós almacenes e celebralo magosto como é debido. Polo tanto, e sin que sirva de precedente, convócase á toda a rodeada a fiesta jolgorrio a celebrar no barrio das dequintas o vindeiro día 3 de noviembre.
Decía eu de facer algo de picoteo para acompañalas cervezas. Pouca cousa. Algo de churrasco, chorizos asados, toucín e, sobre todo, castañas asadas. E tamén decía eu a ver, si por unha vez, traedes navalla, que si non hemos ter que ir outra vez por cuchilos andia Balbino. Tamén é de supoñer que se levará o radiocassette grande, e os micrófonos de soltar berridos.
Sería de agradecer que vaiais comunicando nos mensaxes de eiqui abaixo quen vai ir, máis que nada para saber cantas becerras hai que matar.
Por outro lado temos novedade no blog. Ahora xa non fai falta ter internet pra lelo. Aquí o lado... non, a ese lado non, o outro..., como decía, aquí o lado tedes un enlace para baixar o blog en formato PDF. Usease, máis de 100 páxinas con todas as noticias e comentarios aquí publicados, que se intentará actualizar mensualmente. Esto supón que se pode imprimir e lelo tranquilamente sentado non sofá.

Hala, a ser buenos, e ide apañando castañas.

PD: Marelín, adiantounos teu irmau na encuesta. A ver si buscas algún amigo por ahí que nos vote a nos, e si hai que invitalo ó magosto invítase.