2008-04-04

COLABORADORES


Atendendo as peticións do redactor da noticia anterior, Mr. Espinete, e despois dunha búsqueda que me levou polo mundo enteiro, de facer miles de entrevistas a miles de candidatos deseosos de colaborar no evento, por fin atopei os dous traballadores máis adecuados para levar a bon fin calquer cometido laboral.

Debo dicir que foi unha negociación moi dura. Saben o que valen, e tiñan ofertas moi tentadoras de outras festas e ruadas. Xa se sabe que cuntan cunha dilatada experiencia neste asunto.....festas, feiras, ruadas, discotecas, pubs, festas gastronómicas, romerias e similares por toda a xeografía provincial e, incluso no resto do pais.

Afortunadamente, as 5:00 da mañá (como Lendoiro), e despois dunha opípara cea moi ben regada, aceptaron a proposta. Os seus honorarios, de seis cifras, corren pola miña conta. Será por cartos¡¡¡¡¡¡. A cea quedou a deber.

O trato é que eles se encargan de todo o traballo manual, loxística e infraestructuras, necesario para a feira de ano. Comprometeronse a ter todo listo a mediados de agosto.

A foto saqueina da sua tarxeta de visita profesional, da vella tarxeta. Están a facer unhas novas porque din que lle queren cambialo nome a empresa, quitarlle o de "Pepe Gotera e Otilio", e poñer unha foto nova, porque, o parecer, segundo me dixeron, retratarse en zapatillas de casa parece que non lle daba moita confianza os clientes. Parvadas, ben se vei que son ben traballadores.

Polo tanto, todos tranquilos. O da Feira xa está solucionado.