2008-12-29
Fin de Ano
Aviso: esta vez non fai falta que traigades navalla, porque non haberá chicho.
Feliz ano.
2008-12-27
CARAMBOS CARAMBILLOS.
2008-12-22
2008-12-20
1970
FELICIDADES!!!!!
2008-12-17
VIVAMOS COMO GALEGOS
Xa sei que non son moi orxinal................., pero gustoume o anuncio do Gadis. Pensando niso (non vos asustedes, xa deixei de pensar, non hai perigo), un decatase de que vaias onde vaias, sempre escoitas moito guachi guachi e moito chunda chunda. Non esta mal (supoño), a min tamen me gusta (a veces, excluindo bacallaus, reguetons, sevillanas, bulerias, fandangos, sardanas, cumbias, merenges, bachatas, calipsos, salsas e similares), pero non esta de mais escoitar, ainda que sexa de cando en vez, o que se fai por aqui, e estas duas rapazas son do mellorciño. Espero que vos guste majos.
PD. Entroulle un piollo o ordenador e non me deixa por acentos................... unha excusa coma outra calquera
2008-12-01
Fonte Maior
Cantos contos se pasaron en ese lavadoiro, recuperar ese espacio, e recuperar a memoria don Pobo
.A fonte foi construida por un albañil de Forcas "Jesus",casado con unha castellana "Martina",
viviron na casa do Cacharro, donde Teolindo mete a herva. Dícese que tuveron catro fillas Dora, Marta,Petra e Luz as mais guapas da comarca. Petra casou con Samuel, capinteiro de Viladicente da casa do estanqueiro, anda por As Nogais. O lavadoiro fixose nos anos fai cincuenta anos, era Alcalde Jesus Nuñez "RUCHO" Pai do concellal do P.P.
2008-11-14
As diferencias entre García e Villapún
Andaba eu por esto da internete buscando un gráfico chachi pra web do futbolín cando atopei unha páxina desas curiosas.
No apartado do curioso é que hai 75 personas que se apellidan Burro, 141 Marica, 198 Rajoy, 2585 Zapatero, 186 Bush, 268 Obama, 11 Polla, 69 Del sastre, 922 Galicia...
Aquí abaixo está o enlace á páxina. Seguro que aparecen máis apellidos curiosos.
2008-11-13
NEW DONCOS CNN INTERNATIONAL
No pe da foto inca o seguinte:
Taken in a small village called Doncos in Galicia (North of Spain). I would quite like to live in this stone mill, very tranquil with lovely scenery and the sound of rushing water. This village also has an impressive stone tower located on a hill, i will post photos soon
QUE TRADUCIDO BEN A DICIR:
Tomado en un pequeño pueblo llamado Doncos en Galicia (el Norte de España). Bastante me gustaría vivir en este molino(fábrica) de piedra, muy tranquilo con el paisaje encantador y el sonido de agua que se precipita. Este pueblo también tiene una torre impresionante de piedra localizada sobre una colina, fijaré fotos pronto
2008-10-28
2008-10-23
Ojo al dato!
Visto o perspicaces, listos e espabilados que sodes ganando cubatas e cargadores de móvil, e vendo que non hai aposta que se vos resista... imos subir un nivel!
Nesta foto da torre deformada hai unha palabra oculta. Para o que a acerte un furaseves de regalo ou unha ronda no centro social. A elexir.
Suerte!
2008-10-12
Problemasa con htlm
Los trámites burocráticos retrasan hasta cinco años proyectos dinamizadores.
A José García nadie lo conoce en As Nogais por el nombre que lleva impreso en el carné de identidad. Lo conocen por Espurrio, el nombre de la casa en la que nació. Su memoria se remonta a antes de que cambiaran el trazado de la N-VI y conoce bien lo que ocurre cuando cambian de ruta una vía. «Traballaba nun aserradoiro que había, pero veu a nacional e quitarono de ahí», recuerda. El aserradero se lo llevó la nueva N-VI y, años después, al Fonfría, otro de los dos hoteles restaurantes que había en el pueblo, la autovía del Noroeste.
La maleza comienza a sepultar el viejo edificio del Fonfría. Pero la culpa, esta vez, no es de la carretera, es de los trámites burocráticos que llevan ralentizando su recuperación durante cinco años. Un matrimonio de Doncos emigrado en Inglaterra compró el local y presentó un proyecto para construir un hotel con encanto de cuatro estrellas. Tuvo que declararlo proyecto de interés supramunicipal para que le dieran luz verde. La Xunta, según explican, está muy interesada, pero continúan aguardando los permisos pertinentes para poder comenzar las obras de transformación. El complejo pretende ser un foco de atracción de turismo, incluso extranjero.
El entorno de As Nogais entrará otra vez dentro del programa europeo Leader, del que ya fue beneficiario en otros ejercicios. La pregunta que se hacen algunos en el pueblo es con qué presupuesto inicial van a poder realizar sus proyectos los pocos jóvenes que quedan en la zona.
2008-10-06
PALLA Y PALLA JARCIA DICIA O FERRETEIRO
2008-10-03
LOS TRES MOSQUETEROS
2008-10-01
No ultimo pleno do Concello de AS Nogais, acordouse axudar con 200€ o mes, o grupo de música e baile do concello. Teñen que constituir unha asociación cultural, co fin de elaborar un programa de actividades para pedir tamén, axudas a outras Institucións.A prosta fixoa o B.N.G inspirada nunhamoción do P.P donde pedia recorte de soldos e gastos crrientes, pois os 200€ sairan do que lle da o Concello a cada un dos catro grupos con representación no Concello. P.S.O.E, P.P, B.N.G e T.G
2008-09-25
2008-09-17
Os concellais do BNG, queremos que se fagan cousas en todo o Municipio, electrificouse,Sebrás ,Sinllán O Mazo, Viladicente,As Cruces Cabanas,Doncos,A Serra ,a Dorna de arriba e a de abaixo, a Silvela,Villarin, As Fontes, A Pedriña e Moral.Están pendentes dous proxectos, por expropiaciónsBarraceira-Coedo e Espariz-Robledo,con unha inverson próxima os 500.000€, nos oito anos anteriores invertiranse 3000€.Temos o centro de dia en marcha con unha inversión de 290000€, conselleria de Vicepresidencia.Vaise amañar o cuartel para vivendas sociais
Estanse amañando as traidas de auga de Vilaesteva, Estacas, Doncos.Amañouse a carretera vella
desde As Nogais a Serra.As cosellerias de Medio Rural e Industria colabora activamente ca asociación de empresarios de As Nogais, en festas, rutas,cesións de locais e Formigons de acceso con cartos detraidos de obras dedicados a pista de Doncos.A festa de As Nogais tuvo 6000€ de axuda co acordo de todos, 4000€ mais o alumeado, pre as do resto nin un peso. A xente do BNG queremos que a emisora Municipal, con tres empleados, sexa comarcal "Radio Ancares dende As Nogais",unha comarca tan dispersa necesita unha emisora que participen todos os concellos, nin o P.S.O.E nin o PP estan por a labor.Atodos nos gosta facer cousas no noso pobo e tedes que estar de acoordo que Doncos moi FERMOSO e queremos melloralo.A xente ten que xuntarse e facer propostas.Parécenos que so outros os que se miran o OMBLIGO.Saude para todos
2008-09-16
A intención de facer unha feira anual, ademais de pasalo ben "todos", persigue potenciar productos caseiros,Eo non tiña duda de que os da Riega venderian o pan por a sua calidade,pero vender 30kilos de morcillas, e a xente preguntando por mais, sorprendeume.Venderonse nogueiras
por 200 euros e comprometeronse outras tantas, a xente levou acibros (xardons)
A festa financiouse con 1500€ de turismo para os grupos de música a charanga da mañá e o grupo da tarde, os cegos viñeron a disfrutar da feira e non cobraron(gostoulles o Pobo e queren vir o ano que ben) e co Apalpabarrigas fixemos un trueque por saco de noces, o final temos superhabit
2008-09-15
Camiño da Feira 2009
Todos: A orquesta, o contacontos, dez bailando, e cen mirando...
Un 10, moitisimas gracias a todos os responsables de que esta iniciativa, na que non moitos creían hai medio ano, saíra tan estupendamente. Creo que todos os visitantes quedaron con unha moi boa impresión e o pasaron moi ben, e con ganas de repetir.
2008-09-05
2008-08-18
2008-08-17
NOTICIA DE LA VOZ 17/08/2008
17/8/2008
Uno de los primeros monumentos de bienvenida a Galicia es la torre de Doncos, en As Nogais, en ruinas y muy descuidada, tras ser abandonada hace mucho -como también la de Torés, en el mismo municipio, o la del cercano Castroverde-. El alcalde, José Luis Coedo, dice que se investigó la titularidad de Doncos en la casa de Alba, pero, al parecer, en el catastro la torre aparece integrada en la propiedad de un monte que la rodea, y que pertenece a dos hermanos hoy fuera de la localidad. Uno de ellos, José Río, señala desde Gijón que no le constaba tal propiedad, aunque sí el monte, pero se muestra dispuesto a colaborar para la consolidación del monumento. En el caso de la torre de Torés, no parece que los Medinaceli vayan a ser un problema para recuperarla, aunque Coedo cree que supondría un gran coste, dado su estado. «Deberían consolidarse estes monumentos, desenterralos e iluminalos», dice Coedo.
2008-08-11
2008-08-07
IDENTIFINQUE A ESA PARELLA.
2008-08-05
O apalpador, unha historia dos nosos pasados que por noiteboa traian castañas asadas os nenos que logo de palparlles a barriga e non cearan ben.Seguro que conseguiremos que sexa un xigante galego que traia moitos e fermosos xoguetes, por o nadal os nenos galegos. Farase unha escenificación na feira do catorce
2008-08-01
Feira de Outono
Así que xa sabedes, primeiro a disfrutar da feira e despois a ver si invitades a comelo pulpo, que teño que mantela línea... curva.
2008-07-14
¿Quién mató al Comendador?
"Para emprender la jornada
de esta ciudad, que ya tiene
nombre de Ciudad Real,
juntó el gallardo maestre
dos mil lucidos infantes
de sus vasallos valientes,
y trescientos de a caballo
de seglares y de freiles;"
Lope de Vega - Fuenteovejuna
Eu non fun testigo dos feitos porque vivía en Sevilla, pero hasta alí chegaron os ecos da movilización xeral. Fontes acreditadas dicen que tocaban as campanas a fuego, que as mulleres asaltaron unha excavadora a coios e os pequenos chegaron a secuestrar un dumper cun tirador de garbanzos. Sea como fora, ó final a pista quedou no seu sitio e non onde a querían deixar.
A noticia aínda sigue colgada na web do periódico, e de alí saquei esta captura de pantalla.
Non sei como me amaño, pero sempre me perdo as mellores movidas.
2008-07-12
2008-07-11
Doncos en festas... festas en Doncos
Xa están os carteles postos, os chigres apalabrados, a luz contratada como tódolos anos, Suso trouxo as banderas, os tableiros pro palco encargados, a gadaña afilada, a pólvora ben seca, e a avioneta co nitrato de plata pre espantalas nubes alquilada. Hasta a Pepín lle pasou o susto que colleu cando oiu falar algo de un castiñeiro. Tranki, o teu sigue no seu sitio.
O que sería de agradecer é que alguén lle fixera unha espada de madeira a Santi pra procesión, que sempre ten que salir con un garabullo...
Por certo, este ano recoméndase atalos cais, que dicen que a pólvora é da boa.
2008-07-10
TES MOITO QUE APRENDER
Sin barniz
2008-07-09
Manda carallo!
Resignación: ¡ay que carallo¡
Indignación: ¡que carallo¡
Cachondeo: ¡bueno, carallo, bueno¡
Desplante: vai ó carallo
Inquisitivo: ¡que carallo é¡
Contrariedade: tócate o carallo
Cansancio: deixate de caralladas
Ofensa: Este carallo ¡é parvo!
Templanza: ¡cálmate, carallo¡
Amenaza: ven, carallo, ven
Negación: non, carallo, non
Negacion rotunda: nin carallo nin nada
Xuramento: ¡me cago no carallo¡
Ira: me cago no carallo,¡carallo¡
Alabanza: é un home de carallo
Duda: o carallo vintenove
Extrañeza: pero ¿que carallo pasa?
Desprecio: pásamo por debaixo do carallo
Animoso: dalle, carallo, dalle
Caprichoso: saíume do carallo
Cualitativo: non vale un carallo
Valorativo: róncalle o carallo
Fatalidade: ten carallo a cousa...¡
Agotamento: xa estou ata o carallo
Picardia: o caralliño
Metereoloxía: fai un tempo do carallo
Lonxanía: no quinto carallo
2008-07-01
Máis vale previr...
2008-06-27
Prometo estarte agradecido...
PRIMEIRO
Hai un par de meses chamoume Espín por teléfono:
- Oyeeee, que te anda buscando a Guardia Civil!!!
- ¿E logo Marelo non ten o meu número?
- Que nooooo. Os da Policía Xudicial. Deilles o teu número e din que te van chamar.
- Pos fale, pos bueno! Xa sabía eu que non tiña que abrir aquela conta en Suiza...
E ahí quedou a cousa.
SEGUNDO
O cabo dun tempo chámame un señor moi amable, da Xudicial, como puden comprobar máis tarde, e sométeme a un terceiro grado en relación a este blog e a un vídeo de unha escena romántica entre dous enamorados que anda circulando por ahí.
Explíqueille como puden que esta páxina non ten nada que ver co día de San Valentín nin cousa que se lle pareza e que a temática está máis cerca da retranca, o humor, o "quitame allá esas pajas" e o "vaiase Señor Coedo" que do erotico-festivo. Tamén lle dixen que en ningún momento estuvo colgado o vídeo e que para comprobalo solo lle tiñan que pedir a Google (o propietario do dominio a través de Blogger) un rexistro de actividades. E ahí volveu quedar a cousa.
TERCEIRO
Pero esta mañá tuven que personarme no Xuzgado de Primeira Instancia e Instrucción de Sarria para efectuar unha nova declaración e volver a reafirmar o afirmado diante dos señores letrados, secretarios xudiciais, axentes e demáis testigos. E ahí chegou o cabreo!
ANTECEDENTES DE DERECHO
PRIMEIRO
Non teño absolutamente nada en contra dos procedementos xudicias que leven a esclarecer un feito (neste caso está bastante claro) e sempre estarei en disposición de colaborar.
SEGUNDO
Non teño absolutamente nada en contra dos letrados que buscan probas por donde as poda haber para favorecer ó seu cliente.
TERCEIRO
Non teño absolutamente nada en contra da señora que me puxo un café esta mañá en Sarria que non había dios que o tomara (aínda que debería).
ACIERTO
O que si teño é unha indignación -por non decir mala ostia- sublime contra os interfectos ou interfectas que dixeron que o romántico vídeo estuvera colgado nesta páxina. Señores/as: si non sabemos por donde andamos en internet ou as páxinas que visitamos empezan todas por XXX, mellor quedámonos calados e non difamamos (o uso intensivo da mau pode ser outra alternativa). Unha mentira repetida moitas veces convírtese en verdá. Señores/as: detrás das páxinas hai personas. Os blogs non surxen por generación espontánea, nin hai un exército de chinos redactando noticias. Neste caso concreto creo que os redactores desta páxina saben perfectamente donde está o límite e o tipo de temática a tratar. Polo tanto, digo que: NO BLOG DE DONCOS NON ESTUVO COLGADO O VIDEO. A ver si queda claro de unha vez, joer.
Como diría un comentarista habitual desta páxina: "Me cago naz obraz públicaz, que zudorez, coño!"
2008-06-16
FideCar
Despois de cienes y cienes de kilómetros, cada un ó lombo da súa burra, apareceu a solución. Acabouse o falar por señas. A partir de ahora os viaxes en moto faránse máis levadeiros e entretenidos. Ademáis, o vehículo en cuestión, ten múltiples usos: ¿Que hai que ir por un feixe de berzas? Pois vaise. Ademáis, na parte de atrás, ten enganche pre arado, fresa e rotativa. Un chollo.
Os interfectos andan ahora buscando financiación para poder compralo. Xa venderon as súas motos e aínda así non lles chega. A ver si algunha alma caritativa pode aportar unhos eurillos. A inversión merece a pena.
2008-06-11
2008-06-09
Sr. Delegado da Consellería do medio rural
Expediente MON-LU-9/2008-ASV
Moi Sr Meu:
O asunto do castiñeiro é doado de explicar e ao mesmo tempo complexo. Hai trinta anos que os veciños mercamos unha propiedade, coa intención de modificar un camiño que atravesaba o campo da feira onde estaba situado o castiñeiro do que estamos a falar.
Esta árbore, polo lugar que estaba a ocupar – ao pé mesmo da pista - e mais a inclinación que lle estaba a afectar, tiña roto moitas lonas de camións e tractores. ( Eu mesmo fun un dos moitos afectados pola súa disposición, pois en certa ocasión quedou enganchado nel o remolque do meu tractor). A maiores, impedía as manobras de entrada e saída do transporte escolar que víase, un día si e outro tamén, en constantes atrancos.
O castiñeiro contaría cunha idade de 80 anos e medrou torcido por culpa de estar a sombra doutro máis grande que el e, como era de agardar, foi buscando a vida polo camiño que lle marcaba a luz do sol cada mañá.
Co propietario da árbore, Xulio Alvarez , -que é quinto, veciño e, por riba, amigo meu desde cativo - tiña falado en varias ocasións sobre a situación do castiñeiro e sobre os problemas que estaba a supor para todos os veciños a inclinación natural que padecía, asuntos ambos nos que tiñamos plena coincidencia de criterios. Sentado isto, achegueime unha mañá cedo ata o castiñeiro co meu tractor e a miña motoserra e optei por eliminalo, movido polo desexo común e compartido de ter libre e franca a pista pola que nos servimos todos os veciños. Tomei esta decisión, insisto, convencido de que estaba a facer un ben a toda a comunidade e mais a todos aqueles que, sendo alleos ao pobo de Doncos, tamén tiñan a necesidade de servirse da pista. Considerei, por dúas razóns, que a mellor opción era facelo eu mesmo: unha, porque Xulio Alvarez ten o seu posto de traballo fóra de Doncos (e non tiña tempo de facelo el mesmo...) e, outra, porque tampouco contamos cun pedáneo a quen dirixirnos, ( porque os alcaldes de hoxe en día non os nomean pois semellan ter o don da ubicuidade, don ben estudiado e que lles reporta unha morea de votos en cada elección ... ) e ,sopesado todo, e unha vez cortada a árbore, levei falca, cana e pólas ata a propia porta do dono para que fixera uso delas como mellor considerase. Case de seguido, esa mesma tarde, plantei no mesmo lugar un castiñeiro novo, enxertado e de “parede”. (O anterior era de “presa”, variedade que dá unhas castañas de moi baixa calidade).
Expostos os feitos, réstame manifestarlle a vostede que entre o sr. Xulio Alvarez e mais eu estamos a manter a mesma relación persoal de sempre, se ben –e isto é comprensible- fíxome o comentario de que nun suposto caso semellante fale previamente con el, para acordar xuntos día e hora na que proceder á corta (se esta é necesaria), e evitar así malos entendidos ou comentarios de terceiros.
Pola miña parte -ignorante de que esta acción podía rematar coa incoación dun expediente de sanción-,manifesto a miña disposición a non repetir, por ignorancia, feitos como os que deron pé ao informe que lle remitiron, e quedo á espera do que vostede decida. Se optara pola sanción económica, só pregarlle que non sexa dunha contía alta, pois os meus veciños fixéronme saber a súa intención de axudar no pago e non desexo que lles supoña unha cantidade elevada. (Recoñezo que a xenerosidade que me ofreceron a través dunha comisión de tres persoas chegou a emocionarme.)
Por outra banda, e na defensa do meu bo nome, quero engadir que en Doncos non me coñecen por feitos como o manifestado nas liñas anteriores, senón por outros absolutamente distintos...coma son os de plantar árbores polo pracenteiro gusto de facelo, así coma enxertar para min e para outros ou axudar nas labouras propias de bos veciños labregos. E isto, erros á parte, é algo que nestes intres me axuda a camiñar.
Para rematar, só invitalo – se o considera necesario para a súa decisión – a achegarse ata o meu pobo de Doncos para que coñeza “in situ” o lugar onde estivo a árbore que cortei , e a condición na que quedou agora ese mesmo espacio trala plantación do novo castiñeiro.
Agardando a súa comprensión quedo para o que vostede dispoña
2008-06-05
CALQUERA PARECIDO CA REALIDADE E PURA COINCIDENCIA
2008-05-23
2008-05-20
2008-05-09
and yu spikin inglis, refrescade a vista e cando podades cruzade o charco, son moi coidadosos do seo entorno, pero comen regulin, moitos shanguichs, e patacas con nata, eso si cervexa a mogollón, levádelle un ramo a que morreu, a que se votou o agora pode matarvos de susto do fea que é, débe de terlle bó "durmir"