2008-02-29

Me cajo no mundo!

Dixit!

Levo un par de meses sin o dichoso internete, polo que non puden conectarme moi a menudo. Esto implica que levo outro tanto sin visitala páxina. Peeeeero... Por fin veu o señor do chaleco ca caixa de ferramentas e puxo o cable que lle faltaba ó meu PC. Todo contento, cando acabaron de instalalo, o primeiro que fixen foi conectarme a www.quecachond.... digoooo, ó blog de Doncos, para ver que me perdera neste tempo. NADA, non me perdín NADA. MANDA CARALLO!!!! Seguimos a meternos unhos cos outros como si nos fora a vida no asunto. Seguimos co monotema político. Publiquese o que se publique os comentarios van para o mismo lado. Creo que ainda que se publique unha foto de Celia Blanco en bolas ou o descubrimento da arca da alianza o tema vai ser que Celia é do PSOE ou que Cristo foi o primeiro comunista. Vale que o ingenio vai caro e de política e de fútbol todo o mundo sabe; pero eso de comer lechuga a tódalas comidas non pode ser sano. Ayyyyy! Si a da mochila azul levantara a cabeza.....

Por outro lado desearlle unha rápida recuperación do escordamento de nocello a Ronaldinho Troula. Mira que che teño dito que o regate da cola de vaca no é pra esas edades, pero nada...

E pra seguir co tema da da anterior noticia, aquí vos deixo un pedazo de pieza interpretada pola banda na última cena de Nadal, que dicen que a música amansa ás fieras :)