2007-06-15

¿Qué pasará?

Esta mañá algún dos corresponsais locais desta páxina puido comproba-la incertidume que hai acerca de saber quen será o sufridor que teñamos por alcalde os vindeiros anos. Ideas seica hai moitas e variadas, pero o que tamén e certo que a menos de 20 horas do pleno de constitución da nova corporación non se sabe nada de nada. Eso sí maña sábado 15 de xuño as once da maña estan convocados os concellais electos para tomar posesión do cargo, e como non para celebra-la votación para elexir alcalde. Así que pouco nos queda para sair de dúbidas.
Ahh recordarvos que os plenos son actos públicos aos cales podemos asistir calquera veciño. (Tomar un viño en Nogales tamén é un acto público e tamén podemos asistir todos). A seguir bien señores.