2007-01-12

Entrado o novo ano e despois de recibidas clases de baile, de compostura, de intrené e incluso recibimos nocions básicas de constucción, seguimos faltos dunhas indicacións básicas de múseca.

Sabido é de todos o amplo repertorio dado a coñecer en sobradas ocasións e distinguidos días, pero debe ser pola falta de luz dos momentos que logo a hora de recordalas falla o seso,( ehhh seso con ese de seso). Para dar unha pequena mostra hoxe recordamos aquela que di:


En Castelo non hai mozas
en Noceda gana delas
o que queira boas mozas
que veña Doncos por elas

Ou aquela outra:

Se nos preguntan de onde somos
responderemos con arrogancia
somos de Doncos somos de Doncos
somos da capital da vagancia

Bueno, por hoxe chega, na próxima tentarei falar con un personaxe (deses a estudiar) pra ver se quere cantar a do colchon, que din as malas linguas que é moi boa.