2007-05-02

Manda carallo!


O pasado dia 22 de abril fixo 6 meses que naceu este periódico. Ocurríuseme a idea despois de ver como se poñía a xente con certos comentarios no libro de visitas de doncos.com. Eu pensaba que, con un pouco de sorte, igual algún que pasara por alí algún día poñía algo, e de vez en cuando iría publicando eu as cousas que fora atopando relacionadas co pueblo. E, como dixo o do chiste, equivocámonolos tres.
Seis meses despois estamos nas 7.000 (SETE MIL pro que non lle gusten as matemáticas) visitas, con unha media de 15 visitas por día. Eu xúrovos que conto as casas e a xente do pueblo, e non me imaxinaba que houbera tantos ordenadores en Doncos. Por aquí pululan personaxes tan enxebres como o ganadero e o gulio, de difícil pronunciación, como o zuzo, e por suposto a reina da festa, do mellor que houbo, a da mochila azul. De vez en cuando hai piques, de vez en cuando tamén sale a relucir algo de sexo, pero o que non falta nunca son lágrimas; ou polo menos é o que me pasa a min, que choro ca risa.
Pero o mellor é que a páxina está viva; que hai 9 redactores publicando cousas; que si non é un é outro; que veñen desde Andalucía, Cataluña, País Vasco e moitos outros sitios a vernos, e, sobre todo, QUE NON É DE NADIE, É DE TODOS, porque entre todos a facemos.
GRACIAS. Podedes estar orgullosos de ser de donde sodes.


Cambiando de tema e falando da encuesta, os resultados son os seguintes:
.- Allanar e arreglar o campo.... 43%
.- Deixalo como está................... 21%
.- Cambialo por un mellor.......... 14%
.- Facer un palco de 30 x 30 m. 14%
.- No sabe / no contesta.............. 7%

Alea jacta est.