Como se indica no encabezamneto, tamen temos corresponsales en distintos puntos da península, e sobre todo dentro do país. Por exemplo, e para mostra, foi exclusimaente un dos reporteiros de Doncos ata o sur do pais polas terrras de Verin, e o seu "triángulo máxico do entroido" XINZO-VERIN- LAZA, e trouxonos unhas instantáneas de como se vive o entroido por outros lares non moi lonxe de nos e de costumes parecidas, pero que seguen a conservar e cada vez mais o que os seus antergos lles enseñaron, de como se leva a diversión no seu pobo, e de como débese transmitir os que veñen detrás, respeitando sempre o que mamaron.
O PRIMEIRO QUE FUNCIONE A CORTE-BAR DA COMISIÓN.
A persoa encargada de dici-lo “Testamento do Burro”. Vai vestido cunha coroza de palla:
Cada vez que o testamenteiro di algo que fai gracia os Peliqueiros fan soalos chocos. O Testamento remata ofrecéndolle os "cagallóns" do burro a todos aqueles os que non lles tocou nada e con "Vivas" o Entroido.
OS PELIQUEIROS OS PROTAGONISTAS. Non é un disfrace. É una máscara que representa o poder. Ninguén a pode tocar. É o rei indiscutible da festa e a vez, gardián de tódolos demais personaxes do Entroido.
OS INVITADOS, DESDE CONDES ATA BRUXAS: miran atónitos os impresionantes acontecementos que se suceden nun pobo mais ou menos como As Nogais.
O resto de corresponsais xa poden informarnos de o que acontecéu nos seus diferentes destinos. BO ENTROIDO.
2 comentarios:
Para que se sepa que os de Doncos somos xente de mundo, e que sabemos facer mais cousas que política, está ben que se fale de por onde andamos cada un, sempres aprédese algo.
Éste, pola pinta, semella ser o famoso Conde dos Cárpatos rumanos,empalador de inimigos e defensor das súas inmensas propiedades. Pois este Conde,noble a carta cabal,coñecedor e degustador de cogumelos como ninguén,alegre e saltarín,culto,técnico e refinado,amante de primeira(e única)...deixó todo na súa fermosa terra por ir ao encontro da súa amada,alí, a terras distantes,altas,rugosas,perdidas e ventiladas. Preciosa historia de amor para ser escrita...Preciosa moza para ser cortejada...Adiantóuse o Conde e,agora,todo son laios dos que non fixeron o camiño a tempo.Brindo por eles os dous e deséxolles toda clase de venturas.
Publicar un comentario