2008-02-28

Queridos todos/as.
Jelou (do centro de Londón).
Permítome, co permiso da autoridade (Fi), e se o tempo o permite (creo que vou ter moito nunha tempada), escomenzar hoxe, neste marco incomparable de beleza sen igual, unha nova sección. Estou ata os .................... de política, debates, promesas electorais, que si chega o AVE, que se a inmigración, petroleo, prezos do pan, crise das hipotecas, Afganistán, terrorismo (as duas últimas xunto coa inmigración o maior dos repetos, claro), etc.
Por iso propoño unha sección musical, para divertimento de respetable.
A primeira incursión, lo mesmo falla. Intentarei poñer uns videos, pero non sei como será. se sae ben é mérito meu. Se sae mal, e cousa da máquina, do blog, de Bill Gates ou de Fidalgo que non ten esto ben engrasado ou se lle esqueceu cambiala bombona, ok?
A aposta é arriscada, porque empezarei cun grupo que seguro que os máis mozos non lles gustará (o mellor nin coñecen), os máis vellos non entrará nas súas preferencia, cecais máis "folclóricas", e os que quedamos polo medio "acusaranme" de HORTERA.
A pesares desto, todos deben recoñecer, que MOCEDADES, é o grupo vocal español (VASCO) máis importante de todolos tempos. Grandes éxitos a nivel europeo e incluso no mercado americano. Intentarei "colgar tres videos, con temas non demasiado coñecidos. O ERES TU e o TOMAME O DEJAME, buscádelos vos.
Esta primeira "edición", quero adicarlla a Gonzalo de SEbastián, que non sei se lle gusta ou non, pero por proximidade, ten que agradarlle cando menos.
Ala, A CANTAR.

No hay comentarios: