2006-11-24
A placa que non era tal placa
Houbo moita xente que lle preguntaba á comisión do ano pasado sobre a placa que lle deron os pequenos a Espín. Querían saber que se lle puxera, cal era o dibuxo, etc. Incluso o propio interesado tamén preguntaba por ela, para saber como se fixera. A cousa tiña miga. Hoxe, despois de unhos meses, imos desvelar os misterios que envolveron o acto.
A cousa empezou con unha reunión da comisión estilo Zapatero-Bono, pero vía móvil, que somos máis modestos. "A ti que che parece?, a min ben, pois chama ó outro e pregúntalle, e eu chamo a este a ver que dice, e despois chamámonos e vemos..." Unha vez aprobado o acto por unanimidade estilo "fai o que queiras e deixa de dar a tabarra", elaboramos a placa.
Simplemente é unha base de metacrilato transparente ó que se lle añade unha capa de vinilo rugoso impreso co motivo que se queira poñer. A verdá e que queda resultón o invento.
Despois, á hora de entregala, tiñamos na festa a medio pueblo traballando: Elvira de Sacristan reunindo crios para subir ó palco. Cabrito encargouse de levar a Espín hasta un punto do campo para que o enfocara o cañón de luz. Os da orquesta poñendo a música.
Pero o máis curioso do caso é que o autor da placa foi... Espín. El foi o que fixo a foto. Nos solo lle puxemos as letras.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Pois para ser metacrilato (ou como se diga) vaia chula que é. O Espín é un artista e un bó tio, tíñamos que ser todos un pouco espín, (bueno vale, con menos barriga).As cousas ben feitas sempre da gusto velas, e se se fan desinteresadamente pois xa é demaseado.
Ánimo e a colaborar no que se poida, as cousas unha vez feitas da gusto velas e todos decimos ¡HABIA QUE FACER MAIS!
Decía o Xulio nunha cantiga "que as obras quedan e as xentes se van", refírome o Xulio Iglesias non o de Elvira. Ánimo!!!!!!!!!!
Publicar un comentario