2009-05-29

Un menos


Outro que vai xogar cos casados o partido de fútbol do santiago.
Seica o día 20 quere invitar a unhos tullamores e refrescos varios. Debe de ser verdá porque onte estaba ondia o Rucho comprando caldeiros.
En fin. Mundo, mundo...

2009-05-14

Qué bastinaso, joé!!

Estos rapaces, cando se poñen... póñense. Nacidos no barrio de pandelo, pero con alma da mismísima Triana.
O sábado pasado, no medio da festa jolgorrio tuveron o valor de subirse ó escenario e deleitar ó público con bulerías, fandanguillos de Huelva, seguidillas e outros cantes con moito sentimento que chegaron ó corazón dos presentes.

Ojú, qué arte, mi arma!

2009-04-23



O xoves dia dezaseis celebrouse un concurso de baile infantil en Casa Maria, houbo premios para todos, actuaron Carme da Capilla e o seos mariachis, de coreógrafa Modesta de Valín, nas fotos dous dos gañadores Hector de as casas da Serra e Lucas de Santander. Unha das mais guapas do barrio do COLCHON

2009-04-17

Que vos parece?, o pumar non queda tan mal desde que pasou Veiga co motosierro, debemos tiralo?,opinade, admítense suxerencias

2009-04-03


O tempo vai pasando e o Santiago ven de camiño, haberá que nombrar a comisión?

2009-03-31



Cando se poñan as roseiras os acibros e a carqueixa en forma de xardin, recupérase un espacio
que se vai imnagurar o dia 26 (santiago pequeno).Teremos actuacións de o grupo de baile Abrente de As Nogais,teatro de monicreques do Brasil, e concerto de música de rapaces do conservatorio de Modoñedo.Haberá que baixar a merenda pois o dia vai ser largo entre teatros, músicas e bailes

2009-03-20

Abrente

Páxina web da asociación Abrente. Bailan, tocan música, cantan e pásano ben. Seguide así.

2009-02-27

carnaval-09






















Próxima actuación en semana santa do MAGO ANTON en casa Maria
Tamén se recuperou o Futbolin que regalara os veciños Joaquin de Elena de Eusebio

Temos canastas de minibasket na cooperativa
Temos tamén 36000€ para arranxar os camiños de Doncos, faremos unha xunta para decidir
prioridade, eso despos do dia primeiro de Marzo

2009-02-26

Brétemas míticas no camiño á Torre de Doncos nos Ancares













¿Que representa a néboa nun roteiro de sendeirismo? Desde o Chan de Vilar, parroquia de Nullán, nas Nogais, parte un caminiño que atravesa un mundo espeso, denso e verde no fondo do cal, entre os cantís que beirean estreitamente o río Navia, aséntanse as ruínas da Torre de Doncos. A brétema outorga ao bosque a virtude dun silenzo estremo e sepultan o val en capas de tempo, mentres nos cumios ancareses, nos prados de Torés, o domingo está luminoso e fresco. Aquí abaixo, pola contra, desaparece a sonosfera humana, o zunido da A6, e todo cala e pesa.

Os merlos, as pegas erguen o voo ao noso carón, e o caldo branco do boiro só se laña, de cando en vez, por un gaio vixiante desde algunha ponla, e polas pegadas nas follas dos soutos. Esta ruta, que sae da casa A Lareira e leva ata a Torre de Doncos (unha hora e media ou dúas de paseo) é unha auténtica marabilla evocadora. Case mellor que non a conte. Que a fagades connosco a través destas fotos. Vestídevos con imperméabeis, calzade botas resistentes á humidade. E metédeos na brétema ata Doncos e sorprendervos de emoción e beleza ata esta torre en ruínas, unha das chaves no reino de Galicia, vixía do Camiño que entraba de castela.