¿Que representa a néboa nun roteiro de sendeirismo? Desde o Chan de Vilar, parroquia de Nullán, nas Nogais, parte un caminiño que atravesa un mundo espeso, denso e verde no fondo do cal, entre os cantís que beirean estreitamente o río Navia, aséntanse as ruínas da Torre de Doncos. A brétema outorga ao bosque a virtude dun silenzo estremo e sepultan o val en capas de tempo, mentres nos cumios ancareses, nos prados de Torés, o domingo está luminoso e fresco. Aquí abaixo, pola contra, desaparece a sonosfera humana, o zunido da A6, e todo cala e pesa.
Os merlos, as pegas erguen o voo ao noso carón, e o caldo branco do boiro só se laña, de cando en vez, por un gaio vixiante desde algunha ponla, e polas pegadas nas follas dos soutos. Esta ruta, que sae da casa A Lareira e leva ata a Torre de Doncos (unha hora e media ou dúas de paseo) é unha auténtica marabilla evocadora. Case mellor que non a conte. Que a fagades connosco a través destas fotos. Vestídevos con imperméabeis, calzade botas resistentes á humidade. E metédeos na brétema ata Doncos e sorprendervos de emoción e beleza ata esta torre en ruínas, unha das chaves no reino de Galicia, vixía do Camiño que entraba de castela.
5 comentarios:
Bonito , bonito... parece que xa nos van coñecendo por Galicia adiante, xa que estamos na porta do pais, está ben que todos nos sauden ao entrar, e de vez en cando queden uns dias a disfrutar do que descoñecen e temos para nos e non lle damos importancia.
Agora que estas de lumbalgia pinta algún cadro de eses paisaxes,
logo faremos unha esposición en casa Maria
HAI¡ HAI¡... se poidera co pincel, ahora ben, teño unha lareira comenzada , que cando a remate pode dar moito xogo .
As letras lidas semellan estar esritas por Uxío Novneyra, o poeta do Caurel. Se foran de quen aí as puxo, que continue a escribir...Dá gusto ler o que da súa cabeciña sae, mondié.
¿Quen escribiu ese texto? Fermosísimo...
Publicar un comentario