2009-02-26

Brétemas míticas no camiño á Torre de Doncos nos Ancares













¿Que representa a néboa nun roteiro de sendeirismo? Desde o Chan de Vilar, parroquia de Nullán, nas Nogais, parte un caminiño que atravesa un mundo espeso, denso e verde no fondo do cal, entre os cantís que beirean estreitamente o río Navia, aséntanse as ruínas da Torre de Doncos. A brétema outorga ao bosque a virtude dun silenzo estremo e sepultan o val en capas de tempo, mentres nos cumios ancareses, nos prados de Torés, o domingo está luminoso e fresco. Aquí abaixo, pola contra, desaparece a sonosfera humana, o zunido da A6, e todo cala e pesa.

Os merlos, as pegas erguen o voo ao noso carón, e o caldo branco do boiro só se laña, de cando en vez, por un gaio vixiante desde algunha ponla, e polas pegadas nas follas dos soutos. Esta ruta, que sae da casa A Lareira e leva ata a Torre de Doncos (unha hora e media ou dúas de paseo) é unha auténtica marabilla evocadora. Case mellor que non a conte. Que a fagades connosco a través destas fotos. Vestídevos con imperméabeis, calzade botas resistentes á humidade. E metédeos na brétema ata Doncos e sorprendervos de emoción e beleza ata esta torre en ruínas, unha das chaves no reino de Galicia, vixía do Camiño que entraba de castela.

2009-01-15

NOTIA DE OXE NA VOZ

As Nogais xa conta cun local da Rede de Comercio Rural Galego.

O conselleiro de Innovación, Fernando Blanco, visitou onte o novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, Casa María, ubicado no concello lucense das Nogais, na parroquia de Doncos. Coa posta en marcha deste local xa son catro os establecementos que forman parte desta rede comercial (Ourol, Pobra de Brollón e A Pastoriza). Innovación investiu 93.000 euros na mellora de Casa María, que tivo un orzamento total de 141.000 euros. Conta cunha área de almacén, unha área para autoservizo e unha zona de bar. Casa María conta cunha gran tradición e sona na parroquia de Doncos. Chegou a ser local social para os veciños

2009-01-02





O dia seis de Xaneiro, baile de reises no cafe de Maria, poñeranse dibuxos para cativos, expoñeranse fotos antiguas, tamén se votaran as sortes que o dia de fin de ano non houbo tempo
O apalpa barrigas tamén trouxo unha canastas de minibasket infantiles que se poran na coperativa
Oque non veña poñeremoslle falta, decidelle a Fidalgo que ten que acabar de instaler internet

2008-12-29

Fin de Ano

Día 31 de Decembro do 2008. A partir das 12 da noite, despois de atragantarse cas uvas cada un na súa casa, estades todos invitados ó gran cotillón de fin de ano nas novas intalacións da casa de maría.
Aviso: esta vez non fai falta que traigades navalla, porque non haberá chicho.
Feliz ano.

2008-12-27

CARAMBOS CARAMBILLOS.


Carambirurí, carambo carambillo carambirura..., amores de verano no me van a mí...., amores .... ni fu ni fa...

pero os de inverno tampouco non van mal, o pasaremos tremendo no cotillón fin de ano Doncos 2008.