Que vos parece?, o pumar non queda tan mal desde que pasou Veiga co motosierro, debemos tiralo?,opinade, admítense suxerencias
2009-04-17
2009-03-31


Cando se poñan as roseiras os acibros e a carqueixa en forma de xardin, recupérase un espacio
que se vai imnagurar o dia 26 (santiago pequeno).Teremos actuacións de o grupo de baile Abrente de As Nogais,teatro de monicreques do Brasil, e concerto de música de rapaces do conservatorio de Modoñedo.Haberá que baixar a merenda pois o dia vai ser largo entre teatros, músicas e bailes
2009-03-20
2009-02-27
carnaval-09







Próxima actuación en semana santa do MAGO ANTON en casa Maria
Tamén se recuperou o Futbolin que regalara os veciños Joaquin de Elena de Eusebio
Temos canastas de minibasket na cooperativa
Temos tamén 36000€ para arranxar os camiños de Doncos, faremos unha xunta para decidir
prioridade, eso despos do dia primeiro de Marzo
2009-02-26
Brétemas míticas no camiño á Torre de Doncos nos Ancares


¿Que representa a néboa nun roteiro de sendeirismo? Desde o Chan de Vilar, parroquia de Nullán, nas Nogais, parte un caminiño que atravesa un mundo espeso, denso e verde no fondo do cal, entre os cantís que beirean estreitamente o río Navia, aséntanse as ruínas da Torre de Doncos. A brétema outorga ao bosque a virtude dun silenzo estremo e sepultan o val en capas de tempo, mentres nos cumios ancareses, nos prados de Torés, o domingo está luminoso e fresco. Aquí abaixo, pola contra, desaparece a sonosfe
ra humana, o zunido da A6, e todo cala e pesa.
ra humana, o zunido da A6, e todo cala e pesa.Os merlos, as pegas erguen o voo ao noso carón, e o caldo branco do boiro só se laña, de cando en vez, por un gaio vixiante desde algunha ponla, e polas pegadas nas follas dos soutos. Esta ruta, que sae da casa A Lareira e leva ata a Torre de Doncos (unha hora e media ou dúas de paseo) é unha auténtica marabilla evocadora. Case mellor que non a conte. Que a fagades connosco a través destas fotos. Vestídevos con imperméabeis, calzade botas resistentes á humidade. E metédeos na brétema ata Doncos e sorprendervos de emoción e beleza ata esta torre en ruínas, unha das chaves no reino de Galicia, vixía do Camiño que entraba de castela.

2009-02-09
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









