2008-03-12

CHURRASCO SI, PERO CON XEITO.


Aproveitando a entrada anterior do "redactor xefe" e pai da criatura, e sobre todo porque non teño moito que facer, e ademáis me apetecía poñela foto, decídome a publicar este chascarrillo.............................................

Fixádevos o que pasa cando se come moito churrasco. Que bonitiños eran, e mira a que chegaron................................... Loxicamente refírome os dous rapaciños. A rapaza, se antes era bonita (que o era), agora xa é unha PRECIOSIDADE. E cada día máis. Ayyyyy........ l´amour.

Así que xa sabedes, churrasco si, pero con sentidiño.

Ala. Xa non escribo máis.

2008-03-10

Atención, Churrasco!!!!!


Reunidos ás tres e pico da mañá na sede oficial a Comisión Interdepartamental de Barrios de Doncos, cunha afluencia masiva de asociados, e na presencia das autoridades, debatíronse por orden do primeiro ó último os puntos do orden do día propostos.
1.- Rechazouse por amplia maioría a proposta de creación dunha autovía de circunvalación ó pueblo con rotondas intermitentes.
2.- Tamén se rechazou por maioría simple realizar unha suscripción gratuita para tódolos veciños ó PLAYBOY. Nesta parte Ramón dixo que él quería que constara na acta que estaba completamente a favor. Escrito queda.
3.- Rechazouse por maioría raspada o cambiar a auga da traida por whisky, máis que nada para que non sufriran os animales (os de catro patas).
4.- Aprobouse por unanimidade, excepto un que estaba evacuando a cerveza no servicio, a elaboración dunha festa jolgorrio a base de churrasco o día 19 de marzo a eso das 9 da noite no lugar de sempre para celebrar ben celebrado o santo de unhos cuantos. Neste punto Teolindo rosmou polo baixo algo en contra da santoral, polo que recibiu a amonestación verbal da presidenta.
ENTONCES, convócase ós señores socios a vir con navalla o 19 ás dequintas. Repetimos, si non hai navalla non hai chicho.
Finalizada a sesión seguiuse exaltando a amistá hasta que se pudo.

Informados quedades.
INFORMACIÓN E RESERVAS: non hai.

2008-03-05


Para que naide se moleste , os do B.N.G tamén nos disfrazamos, sempre con inmaxinación, saudos e "fortes en Madrid"

2008-02-29

Me cajo no mundo!

Dixit!

Levo un par de meses sin o dichoso internete, polo que non puden conectarme moi a menudo. Esto implica que levo outro tanto sin visitala páxina. Peeeeero... Por fin veu o señor do chaleco ca caixa de ferramentas e puxo o cable que lle faltaba ó meu PC. Todo contento, cando acabaron de instalalo, o primeiro que fixen foi conectarme a www.quecachond.... digoooo, ó blog de Doncos, para ver que me perdera neste tempo. NADA, non me perdín NADA. MANDA CARALLO!!!! Seguimos a meternos unhos cos outros como si nos fora a vida no asunto. Seguimos co monotema político. Publiquese o que se publique os comentarios van para o mismo lado. Creo que ainda que se publique unha foto de Celia Blanco en bolas ou o descubrimento da arca da alianza o tema vai ser que Celia é do PSOE ou que Cristo foi o primeiro comunista. Vale que o ingenio vai caro e de política e de fútbol todo o mundo sabe; pero eso de comer lechuga a tódalas comidas non pode ser sano. Ayyyyy! Si a da mochila azul levantara a cabeza.....

Por outro lado desearlle unha rápida recuperación do escordamento de nocello a Ronaldinho Troula. Mira que che teño dito que o regate da cola de vaca no é pra esas edades, pero nada...

E pra seguir co tema da da anterior noticia, aquí vos deixo un pedazo de pieza interpretada pola banda na última cena de Nadal, que dicen que a música amansa ás fieras :)

2008-02-28

Mocedades...

MOCEDADES 3

Me siento seguro - Mocedades

MOCEDADES 2

Quien te cantara - Mocedades

MOCEDADES 01

Queridos todos/as.
Jelou (do centro de Londón).
Permítome, co permiso da autoridade (Fi), e se o tempo o permite (creo que vou ter moito nunha tempada), escomenzar hoxe, neste marco incomparable de beleza sen igual, unha nova sección. Estou ata os .................... de política, debates, promesas electorais, que si chega o AVE, que se a inmigración, petroleo, prezos do pan, crise das hipotecas, Afganistán, terrorismo (as duas últimas xunto coa inmigración o maior dos repetos, claro), etc.
Por iso propoño unha sección musical, para divertimento de respetable.
A primeira incursión, lo mesmo falla. Intentarei poñer uns videos, pero non sei como será. se sae ben é mérito meu. Se sae mal, e cousa da máquina, do blog, de Bill Gates ou de Fidalgo que non ten esto ben engrasado ou se lle esqueceu cambiala bombona, ok?
A aposta é arriscada, porque empezarei cun grupo que seguro que os máis mozos non lles gustará (o mellor nin coñecen), os máis vellos non entrará nas súas preferencia, cecais máis "folclóricas", e os que quedamos polo medio "acusaranme" de HORTERA.
A pesares desto, todos deben recoñecer, que MOCEDADES, é o grupo vocal español (VASCO) máis importante de todolos tempos. Grandes éxitos a nivel europeo e incluso no mercado americano. Intentarei "colgar tres videos, con temas non demasiado coñecidos. O ERES TU e o TOMAME O DEJAME, buscádelos vos.
Esta primeira "edición", quero adicarlla a Gonzalo de SEbastián, que non sei se lle gusta ou non, pero por proximidade, ten que agradarlle cando menos.
Ala, A CANTAR.

2008-02-22

REUNION DE VECIÑOS



O luns pasado dia dezaoito, covocouse unha reunión da xunta veciñal de montes a unha hora intempestiva (17 h) por facilitar a asitencia dos representantes de accionatura e o garda forestal.
O motivo da reunión era únicamente informativo,a poda que se esta a facer de 37 Ha plantación
do noso monte, por mor da reclamación que se fixo por a nosa parte e o informe do garda forestal
Tamén se informou por parte dos de accionatura de a repoboación de 35Ha de frondosas, (cerdeiras carballos e bidueiros) que xa empezaron a plantar por debaixo do camiño que parte a ferreria de bois dende augas rubias e a limpeza que de forma gratuita farán da carballeira da baliña maior.Na reunión afloraron tres ideas interesantes dos comuneiros que trataremos en uha próxima reunión mais pausadamente e con xente de a administración
1º A posibilidade de solicitar a rozadura do noso souto
2º A de levantar por parte da administración un mapa topográfico do monte partido para mellor aproveitamento
3º E o de solicitar da administración a continuidade do camiño desde val de navallos a valiña, e unilo co que baixa desde o bao a baliña, que esta cortado
Para os que andan mal de geografia faremos unha excursión o domingo dia 24 por a maña. Irán os nenos, haberá un coche escoba,subiremos por a carretera vella a augas rubias en coche plantaremos tres árbores e baixaremos a choza andando para ver o que esta rozado, donde nos recollera o coche que nos levou a augas rubias
De paso veremos si o xabarin lle atinou do pan de Riega . "APUNTADEVOS"