2008-01-14

¿Onde?


Ala, en Doncos tamén hai monte. ¿onde será? Premio grande e gordo para que atine.

2008-01-10

A MENOS DUN MES DO ENTROIDO


Xa temos Doncos co aspecto propio das datas de inverno, e temos o ENTROIDO a volta do carballo, xa podemos ir facendo a careta e ir comprando a silicona e o botox para ver si esta ligamos de verdade con alguén do sexo opuesto e non nos dan gata por lebre.+

Porque no entroido de Doncos hai moito cambio de sexo, e non é nada doado atinar , co que hai que atinar.

Supoño que haberá laconada ou similar, dia 4 luns ou dia 5 martes de carnaval, a ver si deixades algunha pista de como será a cousa.

2007-12-24

Fuxe Santa Claus que aí vén o noso Apalpador!

A asociación A Gentalha do Pichel recupera unha figura autóctona propia do Nadal que representa un vello xigante que lle trae castañas á rapazada.

Redacción - 11:50 24/12/2007

Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento. Este ano dende a asociación A Gentalha do Pichel (Compostela) están a difundir a súa figura.

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algín cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.


O Apalpador lévalle castañas asadas aos nenos para que non pasen fame
O Apalpador lévalle castañas asadas aos nenos para que non pasen fame

2007-12-22

2007-12-21


!Cuidado co la vévora, que hai moito julandrón que se aproveita da situación¡

2007-12-17


Si o cocho laia son 600€ por Animal, coidado cos de Seprona
Los toros no sufren y son moi divertidos, pero en que Pais vivimos ?

2007-12-09

Bo Nadal - Postal



Ola ola!

Coincidindo cos 16 días que restan para o nadal, facendo caso ao fabulosisimo contador gratuito que ten este blog, aproveito para colgar a postal que puxen fai un ano redondo no foro da web de Doncos. Por certo que a ese foro quédanlle horas, que vaia nido de Spam!. O libro de visitas sigue existindo.

Pois iso, bó nadal, felices festas, uvas e demáis inventos. Temos 16 días para desexalo...

2007-11-26

DE BEN NACIDOS É SER AGRADECIDOS...





O tirador tirar tirará , pero comparade , comparade como foi e como é , subide agora a autovía e mirar como é agora a vila . Ten novas vias, a N-VI mais dende onde estades oiando , casi naaaa...

Nun correo anterior podemos apreciar nuha foto panoramica de Doncos , como era o pobo aló polo 1969, e comparalo con a realidade ... 40 anos despois está igual que estaba , por él non pasou a mellora das rúas, senon a autovía polo medio, e a empeora das leiras, ¿por qué sera? , emigración?, conformimismo?, todos ricos? xa non se precisa traballar? pode ser, ultimamente veinse algunos arranxos feitos pola oposición, (xa temos parque infantil) pero esto non mellora fora da capital municipal, aparte de Doncos de la que polomenos existe un retrato da época, tamen existen as demás parroquias esquecidas .

Nesta foto poderedes comparar que casas creceron, cales desapareceron, os novos ricos e os novos pobres, sacade as vosas propias conclusións, e comentade no blog que cambios notades, porque para alguns quizás &&&& l...la vida sigueee ...iiigual...

2007-11-08

O que hai que oir, por non ser xordo

Vamos a ver: puedo prometer y prometo que non sei por donde empezar. Esta noticia non ten relación directa con nos, pero indirectamente si.
Resulta que hai unha serie de xente que se dedica a grabar sonidos. Hasta ahí todo normal. Resulta que esa serie de xente despois publica os sonidos nunha páxina web. Nada raro. Pero resulta que un dos sonidos que se graban e despois se publican é a caída da primeira castaña no Caurel. Pa haberse matao.
E digo eu, con pouco animus jocandi: ¿quén nos garantiza a nos que realmente esa foi a primeira castaña que caeu? ¿Acaso había unha horda de funcionarios municipales nos nosos soutos atemorizando ós orizos con escopetas á espera de que chegara o señor do micrófono? Si realmente esa non foi a primeira castaña que caeu, ¿o sonido ten menos mérito? ¿Caeu polo seu propio peso e madurez, ou varearon o castiñeiro? ¿Volverán facer o mismo en junio ca primeira mazá? ¿E cas sandías?
Realmente estou nun sin vivir. Imaxinadesvos que a moda se estenda e cando chegue a matanza haxa 3 personas pra agarralo cocho e 5 técnicos de sonidos, 2 axudantes e 3 operadores de cámara para grabar o primeiro berrido da matanza, por poñer un ejemplo. Pode parecer exagerado, pero si este señor necesitou 6 micrófonos para grabar unha castaña, pra grabar o berrido dun cocho, con tódolos seus matices, vai ter que vir o departamento de I+D de McLaren.
En fin. Si alguén ten curiosida por escoitar unha castaña, podeo facer en www.escoitar.org.
Que dios nos pille confesados.