E logo en Doncos non se podia bailar tamén?? Haber si poñedes dunha vez o letreiro das festas. Non fagades coma sempre que non o poñedes ata o ultimo día.-
Antoñito, fará este ano aproveitando que é Santo para actuar na procesión da festa, xa que falta un personaxe. Sabe alguén quen falta para acompañar o santo na procesión? O que o acerte salvarase coa indulxencia plena coma se tivera a Compostela.
Falta German que D.E.P. pero xa faltaba o ano pasado. Por desgracia faltan varios veciños, pero que resaltaran moito na procesión, non se me acorda naide. Como non deas mais pistas.
Non é unha persoa, é un personaxe que nunca actuou na procesión, pero que vai moi ben o lado do apostolo, o por baixo, e que o Antonio o faría bordado.
7 comentarios:
Letra do Maio:
Coplas para cantar polo camiño
Santo que estás no caínzo
tira as castañas abaixo
tira das máis grandiñas
que ás pequenas non me baixo
Estrofa 1
Este é o Maio, o Maio é,
este é o Maio que anda de pé.
Este é o Maio, Maio Maiolo,
este é o Maio que anda el solo.
Estrofa 2
Tire castañas, señora María,
tire castañas que as trae na barrila.
Tire castañas, señora Manuela,
tire castañas que as trae na mantela.
Tire castañas, señor Francisco,
tire castañas que as ten no caínzo.
Tire castañas, señora Amparo,
tire castañas que non sae caro.
En teoría está recollida da memoria de Carmen Freijo (Noceda), José López Santín (Castelo) e Celsa Busto (Nullán)
Atópase no libro libro “Así fan os bailadores…”
Autores: Sergio de la Ossa, Xavier Iglesias, János Füguedi, Juan Parga.
Ed: Dos Acordes (2009 )
Maio, ¿déronnos castañas?
Coplas se o aguinaldo é pouco:
Esta casa é de palla
aquí vive un canalla
esta casa é de fentos
aquí viven os famentos.
Coplas se o aguinaldo é bo:
Esta casa é de ferros
aquí viven “caballeros”
esta casa é de pedra
aquí vive xente “buena”.
E logo en Doncos non se podia bailar tamén??
Haber si poñedes dunha vez o letreiro das festas. Non fagades coma sempre que non o poñedes ata o ultimo día.-
Y Toñito el del Bar, no se anima a hacer él las Fiestas??
Parece un chico moi adivertido!!!!
Animarle algo si hace falta.
Antoñito, fará este ano aproveitando que é Santo para actuar na procesión da festa, xa que falta un personaxe.
Sabe alguén quen falta para acompañar o santo na procesión?
O que o acerte salvarase coa indulxencia plena coma se tivera a Compostela.
Falta German que D.E.P. pero xa faltaba o ano pasado. Por desgracia faltan varios veciños, pero que resaltaran moito na procesión, non se me acorda naide. Como non deas mais pistas.
Non é unha persoa, é un personaxe que nunca actuou na procesión, pero que vai moi ben o lado do apostolo, o por baixo, e que o Antonio o faría bordado.
Como non sexa o burro???
Publicar un comentario