2009-10-20

ALUNMA E MESTRE


Voltar no tempo. Si señores, xa estamos no outono. Estaba a descargar unhas fotos, e atopei esta da cea de despóis do Santiago. Algúns estaban, e outros non. Algúns por razóns xustificadas (enténdase Srs. de Rangalleira), e outros non. Como todo nesta vida. O caso é que sendo as oito e pico da noite como son, e recordando que fomos cear, deume a fame, e recordei que xa logo haberá que preparar un magosto. Eu axudar, axudaba de boa gana a apañar castañas, pero a miña idade, a humidade e dobrar a "bisagra" faime moito mal. Pero se alguén as apaña, eu comprométome solemnemente a axudar a papalas.

Gaiteiros parece que hai, leña para facer lume e unha lata para asar tamén. So queda atopar o voluntario apañador................................

2 comentarios:

Xoma dijo...

A tua bisagra non creo que se dea de desgaste, boa persona eres moito, pero vago tamén.
Xa as apaño eu, deixo moitas apañadas

TROULA dijo...

Meu querido amigo, que mal me coñeces¡¡¡¡¡. So atinaches no 50 % do que dis. Vago si, ahi atinaches totalmente, pero boa persoa....................