2009-04-23



O xoves dia dezaseis celebrouse un concurso de baile infantil en Casa Maria, houbo premios para todos, actuaron Carme da Capilla e o seos mariachis, de coreógrafa Modesta de Valín, nas fotos dous dos gañadores Hector de as casas da Serra e Lucas de Santander. Unha das mais guapas do barrio do COLCHON

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Tres urras por espín.
Todo un exemplo para un pobo.
Gracias tamén as colaboradoras.

Anónimo dijo...

Anonimo dijo...

gracias €spin tu sempre
traballando pra que os nenos
o pasen ben.xa te poden invitar
a uha voa merenda.

Anónimo dijo...

Querido Espín. Non quereras adoptarme???

a da coroa dijo...

Que sorte ten o Espin. É o padrin de todos os cativos de hoxe e dos rapaces que camiñan cara a ser mozos. Ten o ceo máis ganao que o don félis.

Anónimo dijo...

Unha aperta moi forte para a familia de Castro de Villaesteba ante a perda tan importante do seu segundo fillo en accidente de moto. Fai moito tempo que non via unha mostra de afecto tan grande nun enterro. Moita forza para os seus pais e irmáns.

Anónimo dijo...

Espín de donde saquache o parque infantil que tes en Doncos. Algún confidencial di que o teu amigo José manuel Méndez Freijo, alcalde de Arroyo de la Encomienda en Valladolid regalou un parque infantil a un grupo de veciños da súa localidade natal en Doncos en As Nogais.Daqueles polvos de cando era el do BNG nas Nogais veñen estes lodos, despois concellal do PSOE e despois do PP en Valladolid, ahora independente. Que procedemento administrativo se seguiu?

Baltasar dijo...

Confidencial, o que se di confidencial non sería moito, cando a cuestión saliu en tódolos periódicos.
O procedemento administrativo que se seguiu foi: en vez de tirar ó lixo todo o conxunto do parque, debido á súa sustitución por un novo, pois ponse en un sitio en donde aínda poda facer algo de servicio.
Por favor, non lle regaledes algo vello a un neno si non queredes salir nos periódicos.
Si es que...

Anónimo dijo...

Home coido que os nosos nenos e nenas ben merecen un parque novo, as limosnas para Cuca García de Vinuesa. Ou será que no Concello de As Nogais entre uns e outros non queda nin para pipas?

??? dijo...

Vai ser que os nenos de Valladolid son máis finos e señoritos que os de Doncos e non lles serve o que aquí se aproveita. O que non me queda claro é o porqué de tanto lío: se era lixo non debeu costar nada e polo tanto nin Espín nin ninguén puxo o cazo e a ninguén lle hai que deber favores... (¿ou si?).

Se vos mollarades máis, carallo... dijo...

Que saiba eu, no concello de As Nogais só hai un que recibe euros, antes chamadas pelas (que tamén cobraba). A este un hai que buscalo por Noceda, non por Doncos. En canto ao parque dos cativos en Doncos decir que, se o hai, foi por xenerosidade de José Manuel de Villabol (que foi quen de regalalo), e de Espín, que foi quen o instalau xunto cos veciños, aínda que algún non colaborara nada. ( Aló el.) Quen queira darlle voltas e buscar algo raro que dea a cara e non ande a agocharse neste blog, botando infundios e mentiras. A oficiña de infundios e mentiras échevos máis enriba. Máis enriba de Doncos.

Anónimo dijo...

Os columpios que están na escola, viñeron de ferros de Exminesa, en eles columpiouse toda unha xeneración de xóvenes de Doncos durante vinte anos. O parque infantil e un dos mais usados da comarca, por as sombras que tén no verán e as tertulias que en eses bancos se arman.Bancos que sairon regalados do mesmo sitio que os columpios,e que a naide se lle debe favor, pois os que paticiparo no evento, como decia Novo,o que vivia na casa xunto a de Bearreiro,somos todos "hijos de buena Madre"