As Nogais xa conta cun local da Rede de Comercio Rural Galego.
O conselleiro de Innovación, Fernando Blanco, visitou onte o novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, Casa María, ubicado no concello lucense das Nogais, na parroquia de Doncos. Coa posta en marcha deste local xa son catro os establecementos que forman parte desta rede comercial (Ourol, Pobra de Brollón e A Pastoriza). Innovación investiu 93.000 euros na mellora de Casa María, que tivo un orzamento total de 141.000 euros. Conta cunha área de almacén, unha área para autoservizo e unha zona de bar. Casa María conta cunha gran tradición e sona na parroquia de Doncos. Chegou a ser local social para os veciños
5 comentarios:
Agora que está bendito imos brindar polo seu disfrute para todolos veciños de As Nogais e comarca, xa que soio existen catro no pais, somos dos poucos.
Si señor ¡¡¡VIVAMOS COMO GALEGOS!!!
E bebamos tamén.
Seguro que vamos a desfrutar e a pasar moitas noites de troula no novo local Casa Maria sen dubida sera un lugar de xuntanza para os veciños de Doncos, Asi que xa nos veremos por ali. Saúdos!
Para cobrar tantas axudas da Xunta de Galicia. Os prezos tenos como en calquera cafetería do centro de Lugo. Non terían que estar estipulados polo comercio rural galego??
Vamos digo eu. Estamos en crise....todos.
Publicar un comentario