2008-08-18


Este domingo dia 17 ,fíxose unha feira na Ponte de Lóuzara, habia artesans, música e polbo
moi concurrida , notábanse os turistas, fixo bo dia que tamén axudou, e a xente pasouno ben
Organizouna a asociación de veciños da ponte de Lóuzara "Fonte da Coba"

14 comentarios:

Anónimo dijo...

A feira de Setembro en Doncos vai saír moi ben. Pero interesa que vaiamos dando a nova da celebración aos amigos e veciños doutros lugares. Estará ben que todos os do pueblo participemos. Será un día de gratos encontros.

Anónimo dijo...

Hai que habilitar unha parede para sentarse, que polo que se ve anda a xente cansa, e sentada na terra.

Anónimo dijo...

Hai que acudir á feira de Doncos. É un xeito de dar vida aos pobos que envellecen e será unha mostra de que se lle quere.
¡Ánimo, adiante e gracias aos organizadores e participantes!

Anónimo dijo...

Quedan alguns aretesans entre nos, xente maior que no seu tempo cardaba, fiaba. traballos en madeira, unha pequena demostración de cara as novas xeracions, é interesante un punto de demostración local, ata muxir xa non se vei amiudo.

Anónimo dijo...

Aqui pinta moi bonito, como as festas e demais celebracións. Pero logo non participa casi naide.
Nos sei si é problema de que a xente non se entera, ou de que a organización non fai participar a xente, ou de que pasamos de todo. Pero da pena, fai anos era distinto. Tivemos moitas baixas no pobo, de xente moi alegre e que si que participaban en todo. Pero os que quedamos temos que polo menos intentalo, aunque non sexa o mesmo que sexa parecido, que por nos non quede. Asi que amimovos a todos/as. Que non se diga

Anónimo dijo...

Kalo o cala que os que fostes por ese mundo ladrón, fixestes cartos, moitos cartos. Os que quedamos a este lado do mundo ladrón, só pasamos traballos e calamidades.

Anónimo dijo...

S. O. S. ADMINISTRADOR NON PODO SUBIR NADA DE NADA QUE É O QUE PASA NO BLOG?

Anónimo dijo...

¡Si! É que a quen foi por ese mundo ladrón déronlle pesos a catro pesetas e traballando pouco...Pois eu coñezo quen ficou na súa casa e non lle foi mal tampouco...coma non lle foi mal a quen estivo á súa beira.Semella unha adiviñanza, ¿verdade?

Anónimo dijo...

¿Actuará na Feria do día 1 de Setembro a Banda de As Nogais? É de supoñer que estean invitados pola organización, pero non está fóra de lugar iste recordatorio.
¡Ánimo, adiante e a traballar pola Feira!

Anónimo dijo...

Onde dixen 1 de Setembro quixen decir 14 DE SETEMBRO. Correxido o meu erro, señor@s.

Anónimo dijo...

Espero que esto non lle coste nin un "ouro" ó pueblo, que o pouco que debe quedar dos cartos dos pinos está para cousas máis necesarias. Espinete que nos coñecemos.........

Anónimo dijo...

Mentras algún dedica o seu tempo e esforzo a facer cousas polo pueblo e intentar poñelo no mapa outros vixilan pola integridade do capital común. Según as miñas informacións creo que ese capital non se vai tocar, ainda que a feira ten un coste importante.
Un dos motivos polos que non se pode invitar á banda é o limitado de presupuesto.

Anónimo dijo...

Eu nunca tiven dúbidas do Espín. ¿Hai alguén en Doncos ou no municipio enteiro que fixera máis e entregará máis esforzs sen cobrar un patacón? A ver se atopades algún...Oín decir que non cobraba nen cando foi alcalde. Tirar a pedra e gardar a man...,falar mal para que algo quede...,querer armar liortas por armalas...sempre foron os recursos daquel@s que nunca fixeron nada polo ben común, que se moven sempre entre sombras,que nunca falan mirando aos ollos ou que pensan que tod@s son ladróns porque un amigo ou amiga del o é.
Anda, queridín ou queridiña, menos leria con mala baba e máis traballo solidario.
As dúbidas sobre os cartos dos pinos debes aclaralas na vindeira reunión de veciños. Aí é onde tes que preguntar tanto como queiras...
corasssóóónnn...amooolll...

Anónimo dijo...

o que faria falta para enterarse d e algo nas reuniois de veciños é saber cándo son, que sempre se fan con precipitación, nocturnidade e alevosía para que naide se entere e así sigan mangoneando o de sempre.