Sr. Delegado da Consellería do medio rural
Expediente MON-LU-9/2008-ASV
Moi Sr Meu:
O asunto do castiñeiro é doado de explicar e ao mesmo tempo complexo. Hai trinta anos que os veciños mercamos unha propiedade, coa intención de modificar un camiño que atravesaba o campo da feira onde estaba situado o castiñeiro do que estamos a falar.
Esta árbore, polo lugar que estaba a ocupar – ao pé mesmo da pista - e mais a inclinación que lle estaba a afectar, tiña roto moitas lonas de camións e tractores. ( Eu mesmo fun un dos moitos afectados pola súa disposición, pois en certa ocasión quedou enganchado nel o remolque do meu tractor). A maiores, impedía as manobras de entrada e saída do transporte escolar que víase, un día si e outro tamén, en constantes atrancos.
O castiñeiro contaría cunha idade de 80 anos e medrou torcido por culpa de estar a sombra doutro máis grande que el e, como era de agardar, foi buscando a vida polo camiño que lle marcaba a luz do sol cada mañá.
Co propietario da árbore, Xulio Alvarez , -que é quinto, veciño e, por riba, amigo meu desde cativo - tiña falado en varias ocasións sobre a situación do castiñeiro e sobre os problemas que estaba a supor para todos os veciños a inclinación natural que padecía, asuntos ambos nos que tiñamos plena coincidencia de criterios. Sentado isto, achegueime unha mañá cedo ata o castiñeiro co meu tractor e a miña motoserra e optei por eliminalo, movido polo desexo común e compartido de ter libre e franca a pista pola que nos servimos todos os veciños. Tomei esta decisión, insisto, convencido de que estaba a facer un ben a toda a comunidade e mais a todos aqueles que, sendo alleos ao pobo de Doncos, tamén tiñan a necesidade de servirse da pista. Considerei, por dúas razóns, que a mellor opción era facelo eu mesmo: unha, porque Xulio Alvarez ten o seu posto de traballo fóra de Doncos (e non tiña tempo de facelo el mesmo...) e, outra, porque tampouco contamos cun pedáneo a quen dirixirnos, ( porque os alcaldes de hoxe en día non os nomean pois semellan ter o don da ubicuidade, don ben estudiado e que lles reporta unha morea de votos en cada elección ... ) e ,sopesado todo, e unha vez cortada a árbore, levei falca, cana e pólas ata a propia porta do dono para que fixera uso delas como mellor considerase. Case de seguido, esa mesma tarde, plantei no mesmo lugar un castiñeiro novo, enxertado e de “parede”. (O anterior era de “presa”, variedade que dá unhas castañas de moi baixa calidade).
Expostos os feitos, réstame manifestarlle a vostede que entre o sr. Xulio Alvarez e mais eu estamos a manter a mesma relación persoal de sempre, se ben –e isto é comprensible- fíxome o comentario de que nun suposto caso semellante fale previamente con el, para acordar xuntos día e hora na que proceder á corta (se esta é necesaria), e evitar así malos entendidos ou comentarios de terceiros.
Pola miña parte -ignorante de que esta acción podía rematar coa incoación dun expediente de sanción-,manifesto a miña disposición a non repetir, por ignorancia, feitos como os que deron pé ao informe que lle remitiron, e quedo á espera do que vostede decida. Se optara pola sanción económica, só pregarlle que non sexa dunha contía alta, pois os meus veciños fixéronme saber a súa intención de axudar no pago e non desexo que lles supoña unha cantidade elevada. (Recoñezo que a xenerosidade que me ofreceron a través dunha comisión de tres persoas chegou a emocionarme.)
Por outra banda, e na defensa do meu bo nome, quero engadir que en Doncos non me coñecen por feitos como o manifestado nas liñas anteriores, senón por outros absolutamente distintos...coma son os de plantar árbores polo pracenteiro gusto de facelo, así coma enxertar para min e para outros ou axudar nas labouras propias de bos veciños labregos. E isto, erros á parte, é algo que nestes intres me axuda a camiñar.
Para rematar, só invitalo – se o considera necesario para a súa decisión – a achegarse ata o meu pobo de Doncos para que coñeza “in situ” o lugar onde estivo a árbore que cortei , e a condición na que quedou agora ese mesmo espacio trala plantación do novo castiñeiro.
Agardando a súa comprensión quedo para o que vostede dispoña
20 comentarios:
¡¡¡¡¡¡HAY QUE TOCARSE LOS COJONES!!!!!!
(O como se dice por la tierra, ¡¡¡¡¡MANDA CARALLO!!!!!!)
Digo eu, que si o motivo era "que molestaba a cana", para que cortar o arbol enteiro. ¿Non era suficiente con cortar esa cana?. É matar moscas a cañonazos.
E sobre todo, si o anterior arbol molestaba, a qué ven plantar outro o seu pé? A veces pregúntome si en Doncos toleamos de máis.
Caaaaa! De tolear nada. ¿Non quedou claro no escrito que se estaba mellorando a raza? Donde vai comparar unha castaña de parede con unha de presa. En Doncos os produtos sempre de primeira calidade. Faltaría máis!!!
Non entendo o de remecer por remecer, e o de furgar nas vellas historias. Pero doutores ten a igrexa...
Non deixedes agora eso así, ho! Preparade un asento para cando Balbinín chegue a vello. Eso , si, que non asome moito as uñas dos pés na pista,non llelas vaia poñer suaves o primeiro tractor que pase.
Remexer débese remexer, sobor de todo si se defende un bén xeral, esa xenerosidade necesítase moito nos mundos en que vivimos. Tamén e bó decirlle a xente o que se pensa respecto de un asunto,o que adula pensando diferente é cínico,o que non tén capacidade para escoitar algo diferente do que El pensa é BURRO.
Outra cousa son as "maneiras"
Pensade e expresade sempre opinións vosas, dicurride,todo aquel que dí o que pensan outros non tén personalidade.Besiños a todas
o conselleiro de medio rural castiga o desbrozaquintas a mercar carne da boa do pais , e a facer un bo churrasco ca leña que o Xulio lle de en compensación pola tala e aforrarlle un traballo.
Saude donqueses.
¡Como funciona a manipulación informativa neste pobo!. "Fomos á guerra civil porque non quedaba outra, e era necesario". Pois nestas igual, "O árbol cortouse porque molestaba". ¿Que necesidade hai de ocultar a realidade, máis cando todo o mundo a coñece? ¿Porqué, xa de falar do tema, non se contan as verdadeiras razons (Si é que as hai) de que ese arbol esté cortado?
A verdade do asunto, aínda que pareza increible é que o home levantarase cedo e iba fradar unhos castiñeiros ó souto co tronzador. Cando pasaba polas dequintas deulle gana de mexar. Como se fai nestes casos arrimouse ó primeiro castiñeiro que viu e, ca mau que lle quedaba libre, baixou a cremallera e procedeu a evacuar augas menores. Pero claro, ó subir cremallera atrancouselle e tuvo que axudarse ca outra mau, na que levaba o tronzo, pra pechala. A condenada non quería subir e deulle un tirón forte, con tan mala suerte que se enrodelou a corda do tronzador na petrina e prendeu. Ca aceleración propia do momento a aspa chantouse no castiñeiro facendolle unha boa fenda.
O malo do asunto é que depois non había dios que sacara a aspa, e o que é peor: a ver como explicas a situación á xente co desconfiada que é. Todos pensaron que o fixera adrede.
Esta é a verdade tal como ma contaron a min.
Eu non sei que tanta gracia fai que a un borracho, e non o digo por insultalo, que unha enfermidade pode tela calquera, lle dea por tirar un castiñeiro que non é del ás tantas da mañá.O mesmo podía ter posto lume nunha casa, ou darlle por pegarlle dous tiros a alguén coa excusa de que "lle estorbaba", ou calquera outra cousa, porque os alcohólicos, e máis en situación de delirio, como a que tiña Veiga nese momento seguramente, son persoas impredecibles e mesmo perigosas, non só para si mesmos, senon tamén para os demais. Todos os que tanto vos rides, dádevos conta de que é un enfermo que necesita axuda e non que lle rian a gracia, porque a próxima vez que faga outra tampouco lle vai pasar nada, e chegará un día en que a fará tan gorda que botaremos as mans á cabeza, e daquela xa non terá solución. Facédelle un favor, a el e ós veciños, non lle deades máis folgos dos que xa ten, e por suposto, nada de alcohol. Un alcohólico non é gracioso, é penoso.
Saudiños para todos.
Precisamente, non sei qué obxectivo nin interés ten defender este acto, xustificalo, e protexer ao seu protagonista.
Tal cual vai a xente de Doncos, que o día que a alguén se lle ocurra roubar noutra casa, encima lle daremos aplausos. Ten razón o comentario que dí que en Doncos toleades, pero ben. San Antonio nos guarde.
Esta deriva víase vir coa leña que andan alguis a botar no lume.Agora a esperar que o Gulio e o Veiga non bailen outra vez coa parella da garda civil. Non demos alegrías a quen non as merecen.
Vaiamos ao práctico. Ou cortamos renque ese metro de castiñeiro que aínda queda, ou preparamos un asento artesán para descanso de tanto paseante xubilado como hai por Doncos. E axiña,que o ano que ven agroma e volvemos estar nas mesmas.
O que quere castigo pro Veigacho, e non quere reconciliacions,tén que ser moi xusticieiro, que Deus lle dé un momento de reflexión e cambie o chip,
eses esquemas tán autoritarios xa non se levan.Naide cré que o Veiga chegue a coller unha escopeta pre matar nín de poñer lume as casas.O da cocacola
estamos de acordo que hai que teñen que axudarlles
Máis que castigo para Veiga, debería ser castigo para quen lle rí unha gracia que non é tal, porque máis ben e para tratar médica y psicológicamente. Non sei quen estará peor.
Tés moita razón,o personal está moi tocado, de todas todas, non o tomes moi a peito que che pode salir úlcera de duodeno,e Tí que eres unha rapaza lista,entenderás que non todos van a ser tán serios e formales coma sois Vos
que asco dais
Eu penso que o Veigacho fixo o que tiña que facer e o que non lle guste que vai e co pege con loctite. Non te jode!!
eu penso ue a xente non ten moito que facer e cando se colle outra moca que outra fanse burradas porque esto e cousa de burros pero non de un burro solo senon de outros que tiran a pedra e esconden a mau porque non foi cortar todos os que ten el por todo o pueblo asi xa tiña leña pra unhos cuantos anos.Cando se lle volva a cruzar o cable que colla a ferramenta e lle axude a coller a herva a sacar as ovellas a outros moitos traballos que ten que ten que facer na casa xullo alvarez un saludo a todos os que lean isto
Este tema es Realmente Penoso.Que un Sr. por definirlo de alguna manera,a las tantas de la mañana (Borracho,conduciendo su coche que tiene Coña ) corte un arbol que no es de su propiedad ??? .
Esto parece La Ciudad sin LEY, como se pueden consentir estos temas en el 2008.
Y para mas a esta persona se le concede un dinero Publico para Regentar un BAR....
Esto es igual que si se pone un ZORRO a cuidar Gallinas.
Con este tipo de LOCURAS mal va este Pueblo.
Publicar un comentario