2008-06-16

FideCar

14 de Junio. Toral de los Vados (León). Concentración Cuervos Rojos.
Despois de cienes y cienes de kilómetros, cada un ó lombo da súa burra, apareceu a solución. Acabouse o falar por señas. A partir de ahora os viaxes en moto faránse máis levadeiros e entretenidos. Ademáis, o vehículo en cuestión, ten múltiples usos: ¿Que hai que ir por un feixe de berzas? Pois vaise. Ademáis, na parte de atrás, ten enganche pre arado, fresa e rotativa. Un chollo.
Os interfectos andan ahora buscando financiación para poder compralo. Xa venderon as súas motos e aínda así non lles chega. A ver si algunha alma caritativa pode aportar unhos eurillos. A inversión merece a pena.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

O que teñen que facer estes dous alipampanos, sentar a cabeza e facer unhos pequenos, tanta festa, tato moterio, estades como cabras, e por encima eseñándose, para que os envidiosos se carcoman ca envidia,
habeis comprar os pañais e os libros
dos nenos ca xubilación, e pasareilas moi putas, xa veredes

Anónimo dijo...

Iso a subir o indice de natalidade que en Doncos xa fai tempo q non se celebra un nacemento.Tanta concentracion motera acaba por dispersar a atencion do que e importante. A coidarse amigos.

Anónimo dijo...

Sécanselles os collois con tantas vibracions das amotos.

Anónimo dijo...

¡Nesto xa tiña eu pensado, ho! Non hai mellor invento para baixar á consulta do Juan Cortizas no vrao.De inverno terá que me abrigar a neta cando me leve para evitala pulmo-nía.
¿ E ten cinseiro? Non vou andar a botar as colillas pola borda da barquilla.

Anónimo dijo...

Vaia guapos que che son os vixiantes da Nicole Kidman. E a axilidade que mostran para dar paos co karate ese.

Anónimo dijo...

Jo..der que Toral é do Bierzo...quita o de León que manca a vista

Anónimo dijo...

Din as linguas afiadas que ámbolos dous mozos foron ata Toral por ver unha rapaza. Un a pretender. Outro a chufar. Non aclaran quen levou o gusto e quen o traballo. As motos quedaban por alí e achegáronse ata elas. A moza pretendida non posa con eles, pois foi quen quitou a foto coa cámara dixital dun deles. Estes dous non deixan fíos soltos, nin pegadas que alguén poida seguir. Aquel que lles presentou a moza non hai tanto que fale aquí se quere.

Anónimo dijo...

Rangalleira, deixa de pasear e tocalo carallo e mira de pedirme a puta bateria do Massey
Vas ti recollerme a ferreria

Anónimo dijo...

Cóntade algo máis da viaxe destes elementos por Toral. ¿Que se sabe da mocita que foron visitar?¿Virá pra o Santiago?Mal fará,pois no Santiago estes dous paxariños non soen andar moi despexados. Cousas do transnoite e do Tullamore.

Anónimo dijo...

Os refráns de tódolos días: ¿Por qué son tan machistas? Eu pediría que foran cambiados ou retirados. Ou traballar con outros distintos. ¿Non che parece, Fidalgo? Cando entro no blog vexo que sempre son insultantes para as mulleres.E xa está ben.

Ozelui dijo...

Retirados. Pero xa que ti sabes quen son eu, a min gustaríame saber quen es ti.

Anónimo dijo...

Antes de nada o meu agradecemento por facer caso á miña suxerencia de retirar ou mudar de servidor de refráns.E dito isto, Ozelui, ¿como che diría eu quen son ? A ver, a ver...¡Ai, si! Recordo que hai tempo atopámonos na festa de Torés e demos en falar. Na conversa sobre o blog que tan xeitosamente levas,ámbolos dous tiñamos as mesmas curiosidades: saber que persoas podían estar agochadas baixo algúns pseudónimos. E falamos de Zuzo, María das Bolas e varios máis. Algún quedou descuberto e outros quedaron en sombra. ¿Acórdaste disto? O que ben lembro eu é que, despois da conversa, botamos uns bailes ben xuntiños ata que decidimos recollernos nun recunchín máis tranquilo. Non poño máis datos nestas liñas... non vaia ser que, de novo, comparezas no xulgado.
Coido que con estes datos (e mais aqueles roces compartidos), saias quen son.
Unha queixa: Non volviches chamar como acordamos. E vivo nun mar de tristura.
Este ano irei tamé á festa de Torés. Só coa esperanza de atoparte, de que mires para min, de que me leves ao remate da festa ao mesmo recunchín doutrora...

Anónimo dijo...

¡Oiches, ho! Deixa a esta tola que vive en Luxemburgo e vente comigo. Ou lévame contingo. Tanto dá.

Anónimo dijo...

Fale, Rosiña. Ta bien. Pero este ano como non afeitelo bigote, polos clavos de cristo que non vou contigo ó rincón!

Anónimo dijo...

Non sexas así, Ozelui. Non podes chamar bigote a unha peluxe inapreciable que descansa sobre un bozo delicado. Iso dicías daquela,cando rosmabas e xogabas. E non volvas tocar esta tecla da epiderme, pois esta música só esperta baixóns emocionais e non estou para iso. Estou para todo o contrario, ben o sabes: leldar masas,camiño axeitado iste para erguer ánimos. Sempre coas precaucións debidas, claro, que unha é responsable, e sabe que quen chega non pode marchar carretando pesos de quen estivo antes.
Un bico, meu rei.

Anónimo dijo...

A peluxe esa da que falas logo cha saca Ermitas.Faime caso e vai por alí. Sorprende que Ozelui teña o gusto tan podre para ir cun espantallo coma ti.

Anónimo dijo...

O gusto é directamente proporcional ó nivel de hormonas en sangre e inversamente proporcional á cantidade de Toollamore ingerida.