Atendendo as peticións do redactor da noticia anterior, Mr. Espinete, e despois dunha búsqueda que me levou polo mundo enteiro, de facer miles de entrevistas a miles de candidatos deseosos de colaborar no evento, por fin atopei os dous traballadores máis adecuados para levar a bon fin calquer cometido laboral.
Debo dicir que foi unha negociación moi dura. Saben o que valen, e tiñan ofertas moi tentadoras de outras festas e ruadas. Xa se sabe que cuntan cunha dilatada experiencia neste asunto.....festas, feiras, ruadas, discotecas, pubs, festas gastronómicas, romerias e similares por toda a xeografía provincial e, incluso no resto do pais.
Afortunadamente, as 5:00 da mañá (como Lendoiro), e despois dunha opípara cea moi ben regada, aceptaron a proposta. Os seus honorarios, de seis cifras, corren pola miña conta. Será por cartos¡¡¡¡¡¡. A cea quedou a deber.
O trato é que eles se encargan de todo o traballo manual, loxística e infraestructuras, necesario para a feira de ano. Comprometeronse a ter todo listo a mediados de agosto.
A foto saqueina da sua tarxeta de visita profesional, da vella tarxeta. Están a facer unhas novas porque din que lle queren cambialo nome a empresa, quitarlle o de "Pepe Gotera e Otilio", e poñer unha foto nova, porque, o parecer, segundo me dixeron, retratarse en zapatillas de casa parece que non lle daba moita confianza os clientes. Parvadas, ben se vei que son ben traballadores.
Polo tanto, todos tranquilos. O da Feira xa está solucionado.
2 comentarios:
De traballar nada, vanse preparar pre salir de festa, porque é domingo. Visto lo visto é evidente que souto está en zapatillas ca fouce na mao porque vai cortar as uñas dos pes, e ranga leva a gadaña porque se vai afeitar. O detalle do capó do 1430 é o que aclara a situación.
Non señor!Estas dúas xoias son Lagarón e máis o seu axudante. Levan as ferramentas propias para que a xente pague e quede agradecida.
Publicar un comentario