O martes dia vintenove de xaneiro, no local de extensión agraria as once e media da mañá, responsables do AGADER falarán do novo plan leader para a comarca. Esperemos que con a participación dos veciños, se invirtan os fondos con transparencia e en proxectos que incidan no desarrollo da comarca dos ANCARES
29 comentarios:
¿Pódense pedir responsabilidades do Leader anterior,coñecer a discriminación no repartos dos fondos,explicar o mangoneo que houbo por parte dos responsables? ¿Volverá a dirixir o chiringuito o tirador ou agora funcionará democraticamente?¿Seguirán os mesmos técnicos ao frente deste novo Leader? ¿Coñeceremos os seus ingresos por levar esta labor adiante?Luz, taquígrafos, fóra Asociacións ficticias,unha Directiva Nova e non manchada por sombras é o que necesitamos. E que as vellas contas pasen polo xulgado. ¿Haberá disposicíón nos novos xestores? Veremos...
¿De qué pino se ha caído el o la colega anterior? Muchacho o muchacha ¿aún no sabes que de los dineros públicos roba todo aquel que puede? No sólo se roba, sino que incluso se echa tierra encima para que nadie pueda demostrar que allí se metió la zarpa.Y si esto no es así es que estamos en Marte.
E quen ven de AGADER?? vira a burra parda que tuvo as vacas en piornedo ese tal fernando veiga, carallo como ascendeu de posto!!!
apuntaime e min esa charla, que vexo o logo do bng e pérdome.
Fernando sempre foi(e supoño que será)un home legal,bon tipo e desinteresado.Deféndoo non porque el non saiba facelo, senon porque supoño que descoñece que este blog existe e polo tanto non o le.A dios o que é del e ao césar o que lle pertence.Se ven a Becerreá, algo que ignoro,mostrará a súa profesionalidade e calidade humana.Un saúdo bloggeros de Doncos.
Benvidos sexan os cartos públicos... ben empregados, porque ¿Que temos público en Doncos? Unha escola que se cae e un parque infantil que non está grazas ao concello, dende logo. Ah, bueno, e a igrexa, que é da igrexa. Todo o demáis de Doncos ou é do propio pobo ou é privado. ¿Para cando un centro cívico, un polideportivo, unha liña de metro, un centro termal, un aeroporto internacional...?
Eu conformaríame con ter un lugar de reunión.Ben o cafe de Vítor ou ben amañar a escola. Pero amañar a escola está máis fodido,pois o tirador nunca estivo pola labor. ¿Alguén ten bemoles para falar con el disto?¿Ou para facer unha reunión e recoller firmas? Ah...iste é o nudo gordiano do asunto.¿Non hai unha asociación ou grupo con poder de convocatoria?
calidade humana eses suxeto si que ten: ten duas pernas, unha cabeza, unha lingoa ... e mans, mans debe ter un cento polo menos
pues se que el alcalde va seguir derijiendo el leader a su gusto gracias al pp y abng que lo ven como la persona más valida para el cargo
Antes de falar e opinar vou ir escoitar os responsables politicos.
Logo que se preparen
Avisados quedan
Con tanto Plan Leader ímonos saír.O que ten recibido a montaña nestes plans máis o que está a recibir, dividido entre os veciños...andará por 20.000 eurines por persona.Canto mellor estariamos cada un con eses 20.000 no peto e, de paso, non tiñan a posibilidade de collelos ou malgastalos aqueles que, salvo a xustucia, todos coñecemos.Agora chega outro Leader novo. A ver como se emprega...
Querido Ande Vai a Empanada?
Vousvos contar unha anécdota dese tal fernando...
Cando o puxeron a traballar déronlle un coche para ir de aquí para alá, gasoe grates, días libres cantos quixo, vacacios cada pouco,... e coma non conseguiu o cargo de jefe, tuvonos que vir a AGADER para facerse notar como PRESIDENTE.
Naide con un mínimo de ética descalifica a ninguén, en comentarios
de forma anónima e con tan pouca credibilidade, mais bén da a sensación de un persoaxe envidioso
que nón entende que alguén chegue a ocupar cargos sen padriños ou patrimonio, o comentario descalifícase por si soio.Nón me creo que os do B.N.G poñan en postos de confianza a xente tan Necia como ese anónimo descrebe.O tempo pón a cada quén no seo lugar
No pouco que coñecin a Fernando na forma de andar, mirar, falar e estar intúise que e honrado, que ten os pes na terra e gañas de facer cousa por este Pais.Con independencia que como calqueira se poida en cousas enganar
Só manifestar o meu total acordo co exposto no anterior comentario. Fernando é un bó profesional, unha honrada persoa (algo non tan sinxelo neste mundo de "trepas" e medre doado...) e un mellor amigo.O xeito de atacalo como se fixo entra dentro da máxima coñecida: DIFAMA QUE ALGO QUEDA.E o de difamar e calumniar está inventando desde hai tempo, sobre todo por aqueles que levan vidas tristes e baleiras e che son superdotados nas artes dos fuleros.
Esto vai reventar todo.
Sí que vai reventar.Algún que coñezo eu reventará polo que ten comido( e collido) do maseiro público.
Pero si se da o caso, creedes que se vos estiverades no posto do noso Iltmo Señor Alcalde e tantisimos anos, ¿Non fariades o mesmo?
Pois claro que SI, tede en conta que a zona non ten moita saida, no que se refiere o laboral. O que amarrou ta no banco, na casa de Noceda e nos pisos de Santiago, agora tirarlle do aire. O unico que non queda
Cada quen fará o que queira.Haberá quen non teña escrúpulo algún e haberá quen sexa honrado.Non hai mellor cousa que ter ollos e,a través deles,mirar e facer opinión. Supoño que todos e todas ben sabemos quen mete a man na caixa pública e quen non.Os patrimonios o demostran e os feitos diarios cantan.Non miremos para outro sitio. Certo é que fartos e fartas de ver a xusticia e aos partidos políticos pasando destes corruptos pois aquí prime aquelo de "todo vale para medrar". Espero que ti non o fagas.Déixao para quen todas e todos sabemos.
Que jodidos que sodes!!!!! Non vos esquezades de que son un pobre e humilde xubilado da mina. Donde podería eu chegar con un sueldín de jubiletas??
Cavales, Hai que buscarse a vida. Espavilar o morir, é hai la cuestión
¿porque nos imos todos o xulgado e poñemos unha denuncia global?
Denunciamos o cabecilla e a todos os que o levan encubrindo todos istes anos, e se aproveitaron dos cartos que os outros non vimos, da igual como sobresoldos, comisions, favores, etc. Quedamos no Chavello que ahora o TIRADOR non o pisa.A contraseña e "leadernuncia"
Aquí, con anónimos, e inclúome, todos facemos moito pero ó final non hai huevos para levar o tema adiante. Se puxeramos unha denuncia seguro que á fiscalía non lle quedaría máis remedio que actuar, pero nos ó final achicamonos... así nos vai¡¡¡¡
Día do entroido. Todos disfrazados. Ninguén recoñecido.Escrito "Leaderdenuncia" no Chavello.Firma quen quere.Contas claras.Entrega no xuzgado. Tamén aos representantes municipais.Tanto ten "Leaderdenuncia" coma petición de "Auditoría".Esperar contestacións...Esperar respostas...Esperar...Esperar...Vindeiras eleccións: Mesmos resultados.Mesmos medos.Mesmo cacique.Mesma desmemoria.Mesmo futuro...
¡ QUÉ PAÍS!
o luns no CH ás 20.30 horas para recollida de firmas "Leadernuncia". Cantas mais mellor.
Eu firmo a Leaderdenuncia esa no Chavello, pero ¿quen a redacta e quen a presenta nos xuzgados? ¿Ou chegará con entregala aos políticos do ayuntamiento para que eles tomen decisións? Ánimo amigo que ti e mais eu xa somos dous. ¿Súmase alguén máis?
¡Carallo! O concelleiro de Medio Rural visitando Nullán e As Nogais e coñecendo empresas do Leader que gobernou o tirador. ¿Sabería tamén de todas aquelas que non foron adiante polo veto do alcalde, de Serafín e outros compinches? ¿Saberá como están as contas daquel Leader? Se alguén sabe disto que mo conte.
Para os que vivimos na diáspora non hai información do que falaron en becerreá sobre o novo plan leader ese?O mesmo deixamos todo para regresar e montar algo.
O futuro está no rural. Só falta sabelo esplotar. Outros paises souperono facer e incluso dentro de España tamén houbo comarcas que souperon aproveitar ben os cartos de Europa. O ben feito queda para sempre, a comarca necesita iniciativas, pero de verdade.
Animo e Sorte!!!
Que saibades que todas as subvencións que nos prometen por ahí Rucho e algún mais provenientes da Deputación (traidas de augas, e obras varias) van ter as competencias os Concellos, ou sexa que se Coedo chegou a un acordo con Tega estamos ben jodidos por que enton xa rematou a única posibilidade de aillalo.
Publicar un comentario