2007-12-17


Si o cocho laia son 600€ por Animal, coidado cos de Seprona
Los toros no sufren y son moi divertidos, pero en que Pais vivimos ?

33 comentarios:

Anónimo dijo...

¿E verdade que multan con 600€? cóstame crelo, sabedes de alguien que o multaran
!Que informe O Moreno desde La Coruña¡

o moreno dijo...

Oubo sorte, dende A Coruña, a fala ¡. nestes intres estou presente e eu digo, que pola costa tamén cochos haber hai, pero por estes lares o que mais se sacrifican son peixes de todolos tamaños, e eses si que sofren, imaxina, calquera de nós que nos maten por afogamento, pois a inversa debese de sofrir o mesmo.
De todas formas quizais una solución sexa esa baixar o cocho o rio e afogalo. Así sa saen astripas limpas, e o Seprona non ten nada que dicir.

o moreno dijo...

e o pavo?, ese de Navidad, ese, ese si que ten unha morte dulce, o víspera bebe que te bebe, wiski, coñac fracés, ao gusto do consumidor.

Este animal si que prepárase ben para o último viaxe, e encima non lle mandan soplar nin lle preguntan donde lle clavaron o cuchilo. Vaia, vaia...¡

Anónimo dijo...

Pola Tv o dixeron a partires do dia 8 de decembro, hai pasar pola morte dulce, e despois para o ano que ven virá o incremento de patrimonio, a como compraches o ranchín, e canto vale o pasalo polo banco , o beneficio, un 18 % para Solbes. Negocio redondo, xa os vellos decían: "do cocho aprovéitase ata o rabo".

Anónimo dijo...

!Vivamos como Galegos¡.Vivan as frevas e o caldo dos osos, viva Manuelrio o bombeiro e Taro de Nullan, vivan as festas familiares e as que se fan entre dous. Abaixo a represión e a burramia, o cocho o sangrar da a vida por os demais, o que cravaron na cruz lévanlle adorando vinte siglos e o que nos queda. Recoméndase berza con bacalao e unhas pataquiñas de kéneve para o Nadal. !VIVAMOS COMO GALEGOS¡

Anónimo dijo...

Respondendo á pregunta do Sr Espinete:
1)vivimos nun país no que recentemente se aprobou unha lei chamada de "Benestar animal"
2)vivimos nun país na que a lei de Benestar animal se aprobou, entre outros, con votos do partido ó que vostede representa
3) vivimos nun país no que a Consellería encargada de facer cumplir, por decilo dalgún xeito,a devandita lei, tamén está en mans dun representante do seu partido (e non digo que o fagan mal)
Polo tanto, sr Espinete, e sen que sirva de precedente, de vez en cando, pense o que di antes de dicilo, non sea que quede sen lousas de tanto tirar pedras contra o seu lousado.
Atentamente
Eu

Anónimo dijo...

Por moito que arremetamos contra o BNG agora, nin eles nin os de os demáis partidos saben o que é un cocho. Eles só proban os caviares dos canapieses de Madrid (E Compostela). É máis, por moito que estén en contra de tal decisión, teñen que votar polo ben estar ese por "obligación" e por ser políticamente correctos, non lles queda outra.
Agora, que os verdadeiros culpables desto son os autoproclamados "Verdes", que gastan na súa cidade o doble de recursos do planeta que un vecín de Doncos. Pobre do que intente entrar a prohibir nada na zona. ¡¡¡Temos forcadas e non dubidaremos en usalas!!!

Anónimo dijo...

Aquí ninguén arremete contra o BNG, so se pide ó Sr Espinete que sexa consecuente e que non se poña en contra de algo no que tén parte da culpa e, senon, que saia do BNG.

Anónimo dijo...

Tamen teremos que sair todos os demais, pero de Europa, do mundo quizais , porque a cousa non é de capricho de un partido ou de outro, son normas que veñen ligadas a verde, a intereses comerciales, a exisencias sanityarias, ¿ que sabe o fondo da cuestiön? o ca sepa ca diga. Pero que teña claro que non é capricho da Xunta que nos goberna.

Anónimo dijo...

¿E se subimos no casette a música enteraranse os do seprona que berra o porco? Dígovolo por dar ideas.

Anónimo dijo...

SAbedes que o cocho que mais berra é o cocho marón? é, que non me extrana, é moi triste deixar esta vida tendo todas, pero que todas, todas as mais cochas aos seus pes, e ter que deixar esa boa vida, para que agora outros disfruten de él.
Eso si que doe, pòr elo noutros lares do pais chámanche cocho berrón.

Anónimo dijo...

Manda carallo, pagar o porco, o que se gasta no papeo da matalota, botella de soberano incluida, ponse esto imposible.
Será mellor encargarlle a Marelo desas arañas grandes que venden na coruña (centolas)

Anónimo dijo...

Co noso alcalde non haberá multas polas matanzas tradicionais. Vaise encargar de falar coas autoridades sanitarias e políticas responsables. Non hai outro tan preparado para amañar asuntos complicados.E logo vos queixades alguis que non sabedes nin falar.

Anónimo dijo...

Co noso alcalde non haberá multas polas matanzas tradicionais. Vaise encargar de falar coas autoridades sanitarias e políticas responsables. Non hai outro tan preparado para amañar asuntos complicados.E logo vos queixades alguis que non sabedes nin falar.

Anónimo dijo...

Pois eu négome a pagarlle ao noso sr. alcalde o xamón que nos vai pedir a cada ún en pago polo seu favor ante as autoridades superiores. Prefiro moer a aguillazos ós que me intenten vir cobrar. O meu cocho, meu é, e fago con él o que quero.

Anónimo dijo...

Buscamos que os porcos non sofran na matanza»
Nesta ponte intensifícase o número de matanzas caseiras, xa de por sí habituais nestes datas. Sacrificios sobre os que pesan a normativa de matanzas que obriga a que o animal sexa aturdido antes de proceder a matalo.
Falamos dunha normativa comunitaria, polo tanto de obrigado cumprimento
Cada territorio conta cunhas peculiaridades e é preciso coñecelas antes de actuar.

Anónimo dijo...

En Galicia, unha tradición na que é difícil mudar conceptos?
-No medio rural a crianza dos porcos tén un alto grao de bo facer, os porcos da casa están moi ben coidados e iso é unha realidade. Noutros países da Unión Europea non se pode decir o mesmo. Non é a primeira vez que nalgún país comunitario vemos porcos en xaulas, en Galicia iso non ocorre.
-Veterinarios de Medio Rural celebraron charlas informativas sobre esta normativa en moitas das nosas localidades, ¿voltará a facerse?
-Non. Penso que a información xa chegou aos criadores e aos labregos e labregas que teñen porcos da ceba nas súas casas. Saben que existe unha normativa e nós o que buscamos en definitiva é que os porcos non sofran na matanza.
-Están a ser aturdidos?
-Cremos que en moitos casos xa se realiza esa práctica, pero o que non me cabe dúbida é que se lle da un trato digno ao animal e iso é o máis importante.
-Ben é certo que o control de boas prácticas non é nada doado...
-Non. Vixiar o cumprimento da normativa é moi difícil. En Lalín, ou en A Estrada, pode haber uns trescentos núcleos de poboacións onde en todos se fan matanzas caseiras e para vixialos todos precisaríamos dun vixiante en cada lugar.
-Na delegación consta algunha denuncia por malas prácticas á hora de matar ao animal?
-Non, ningunha. Nos nosos paisanos sobra sabedoría á hora de facer as cousas. Nos nosos labregos e labregas hai moito sentidiño e penso que están a facer as cousas o mellor que poden e saben. Moitos seguros que tentan ser o máis respestuosos posibles cos animais e xa non deixaban nen deixan que sofran.
-Non é preciso polo tanto encender a alarma?
-Para nada. Que cada un actúe o mellor posible, que saiban que a normativa comunitaria existe, que aí está e que o noso deber e facer que se vaia cumprindo. As matanzas caseiras forman parte das nosas tradicións, que tamén é importante que se manteñan, e que é algo que está moi arraigado polo que imos precisar dun tempo -máis ou menos longo- para que todos nos adaptemos.
-Resta, polo tanto, desfrutar da matanza...
-Ogallá que así sexa e que abonden as boas prácticas en todos os nosos concellos nestes días en que se incrementan os números de sacrifizos

Anónimo dijo...

Jolines chico, a miña proposta desde este sectore do foro e de facer un fondo en especial para o sectore da sangradura, en especial pro copañerio riobusto, que se ten que pagar 600 por cada cachola elle melore sacrificare o sectore do seprona

Anónimo dijo...

Pois haberá que facer como en tempos de Franco (do dictador non do agente), que se mataban de madrugada e se lles ataba o fucin para que autoridade non soubese cantos se mataban

Anónimo dijo...

A los verdes: tambien habrá que aturdir al conejo y al pollo pa matarlo? que se dediquen a salvar al Lince Iberico, al Aguila Real, al Buitre Leonado...
A los politicos: losque firman estas leyes no saben con que cariño y atencion son cuidados los cerdos pa matar, podrian prohibir la caza cuando no se utiliza pa comer al bicho que matas, pero como la practican ricos, reyes y ellos mismos.ah!
Al seprona: si venis a Doncos a por uvas tenemos mas de un racimo

Anónimo dijo...

Unha foto políticamente correcta esta. Non sale ninguén fumando nin hai violencia de género. Falta decir que durante a realización ningún animal sufriu daño, pero pra próxima a ver si non se lle vai tanto a mau ó capador ca cuchila.

Anónimo dijo...

E pregunto eu, o repolo ya berza tamen sufren cuando se yes quitan as follas? e a leituga cuando se corta pra ensalada? e as patacas e as zanahorias cando se arrancan?.... o fin yo cabo tamen son seres vivos non?... e visto o visto hay que plantexarse todas as posibilidades

Anónimo dijo...

Para controlalo enemigo, propoño que poñamos duas portas na entrada do pueblo, é bastante doado, o peor é a porta datrás, (o souto), pero a do riguerio tapiar, e a porta principal, cancela (de ferro para evitar fines de festas ardentes) e un telefonillo con portero automático, Pascual sabe de eso.

Anónimo dijo...

E se cada ano cebaramos un par de porcos para os do Seprona, ¿farían a vista gorda?

Anónimo dijo...

Non señore jolines, as cancelas foron toada a vida de madeira, o sectore do metal amolo deixar para os ferros

Anónimo dijo...

¿O paisano ése que vexo xunto aos porcos é o veterinario que os capou, como asegura o eurodiputado un pouco máis enriba? Pois sí que se lle foi a man...¡Os meus non os capa, non!

Anónimo dijo...

burros, burros e burros,tedes mais de tolos co meu macho de falso entendeis menos de capar que o eurodiputado ese de facer viortas

Anónimo dijo...

Non me estraña nada que as Autoridades queiran prohibir as matanzas. Agora naide lles leva xamóns nin chorizos.
As cousas son como son e se antes se facia, por algo sería.

Anónimo dijo...

Falades sen coñecemento de causa.............. alguén lle preguntou o interesado? Alguén se preocupou de falar co protagonista?. Tranquilos, eu me encargo. Encarguei unha enquisa a Demoscopia (por conta de TVG), nun universo de 100.000 cochos, residentes en todalas zonas do pais, cunha idade entre 12 e 62 meses, entre 90 e 300 kg, machos e femias, todos co graduado escolar, e unha marxe de erreor de máismenos o 1,763986 %. Ademáis, encargareime eu mesmo de facer un estudo entre a poboación (cabana) local. Xa vos direi algo.

Anónimo dijo...

Estou agardando polos de Demoscopia (din que os da TVG non saben nada de pagarllela factura). En canto o meu, a enquisa entre a cabana local, os comentarios feitos polos interesados, e sobre todo, o ton no co fixeron, impiden absolutamente, ser reproducidos nun blog ao que teñen acceso os menores de idade, e que é tan elegante, comedido, limpo, escrupuloso e correcto como este. As normas de etiqueta e protocolo "impostas" polo moderador, baseándose no decoro e as boas formas, fan imposible transcribir os comentarios feitos polos enquisados. Síntese. Os que teñan curiosidade polas respostas de Mr. Cocho, que lle pregunten eles os interesados directamente. Ollo¡, morden o pechala boca, e están moi cabreados. Eu xa avisei.

Espinete dijo...

O tema da insensibilización dos porcos na matanza, ademáis dunha cuestión de benestar animal obvia, ten consideracións importantes no que se refire á calidade da carne. Basicamente o asunto ten que ver coas reservas de glucóxeno muscular e hepático. Non imos entrar en temas bioquímicos complexos, pero fundamentalmente si o porco non se insensibiliza e se debate e loita moito, as reservas de glucóxeno muscular esgótanse moi rápido e eso provoca que se instaure o "rigor mortis" demasiado axiña e vai provocar un acurtamento das fibras musculares e un endurecemento excesivo da carne.
Ademáis, tamén se poden producir carnes defectuosas tipo DFD ou PSE, que son anomalías relacionadas coa sensibilidade ao estrés do animal de tipo xenético e que se desencadenan precisamente por reaccións musculares debido a ese estrés excesivo e axitamento intenso cando non se insensibilizan.
Así que xa sabes, compre aturdir ó animal para evitar golpes innecesarios, para facelo máis humanitario e para mellorar a calidade das canais.

Anónimo dijo...

Joé con el Espinete. Yo que pensaba que era un electricista chapucero, y resulta que nos es vitirinario............
Pra morrer de risa...........

Anónimo dijo...

Eu quero ter un posto de peso no Leader.Un posto que leve aparellado cobrar cartos.Que algún conocedor do asunto informe onde está a ventanilla e a cola de slicitantes. Vou ir ainda que hai quen dice que non perda o tempo. Dicen: ¡Non vaias, hooo, se non tes enchufe! ¡ Éche tempo perdido!