No Santiago sempre alguén poñe o sentido do humor como fin de festa, uns grandes comilonas outros grandes bebedonas, outros queiman cancelas, outros chocolate de pota, outros chocolate de microondas, outros anos sopas de allo cun xamón na sopa para dar saborrrrr. Pero este ano un dos acontecementos foi o da movida-E me explico, mentras uns estaban de marcha outros estaban na movida, na movida de estacas .
10 comentarios:
Caraaaaallo!!!!! Mira ti por donde cada ano polo santiago a miña cortiña menguaba, pensaba eu que serían imaxinacións miñas, por eso das tomas. Pero o carallo dontroido, era que angúns/as dedicanse a ampliar a masa agraria mentras outros delouzamos nas dequintas. Así se chega a algo na vida, si señor. Os que uns perden outros ganano.
Que non chavales que non, que esta señora ven a ser Alvira de Freixo e esta facendo os arredores en valdefoxos preque logo Sofia non tropece nos marcos.
Donme de conta, que ao personal non se lle escapa unha cara, ¡madialeva! sexa por diante ou por tras, e que conécese ben os arredores de Doncos palmo a palmo, e que co palmo será co que aberá que medir a cortiña do afectado, xa que o perecer non menguaba ca auga, que caeu na primavera.
E mentras uns estaban de troula, outros estaban matinando en como facer para que nas proximas elección o Bloque non consiga votos. Trala última reunión de veciños e polos collós de dous e en contra da maioría dos presentes decidiuse subvencionar (ou cando menos intentalo) o amaño como local social dun domicilio particular, cando existe un edifio que é de todos e que se podería amañar para tal fin, con moito máis espacio dispoñible e sen ter que depender de ninguén ó que o día de mañá lle dea por pechar a porta e dicir que ali non se entra.
Ó Sr. Espín (e ós que o apoian) OLE TUS HUEVOS, si señor, e segue así, xa verás como para as próximas non te tes que preocupar polo que vote Ribadín nin polo que faga o PP. Estamos seguros de que despois desta Coedo caeu da silla coa risa.
A opinión anterior ten a sua lóxica, pero ese local e moi ben acondicionado xa o tivemos e ¿que pasou con el? Pois que si non hai unha persoa encargada, voltaría a desfacerse todo, e volta a empezar. Creo que naide de forma altruista se encargaría de abrilo e atendelo, limpalo etc etc. Si o local ten dono, a cousa cambia, xa que de unha forma ou de outra polo interes o local non se desfará. Que o dono decide un día pechar, pois que se lle vai facer, pero mellor que non ter nada creo que é. O día de hoxe non hai donde facer unha xunta veciñal, donde xuntarse catro amigos a contar un comto ou votar unha brisca. Todo o que sexa ben para o pobo, adiente!!
Pois postos a falar eu digo que tamén ofrezo a miña palleira como local social, e Manuela de Román seguro que tamén ofrece o bar, que ten tanta historia como o de Veiga.
Ë dicir, que se por coidalo é, tamén se lle pode outorgar unha concesión a alguén que explote o que se fixese na cooperativa e sempre seguiría sendo de todos e estaría coidado. Se poñan como se poñan, a mellor opción (agás para Veiga, claro está) é o local da cooperativa ou, se non, a miña palleira, que tamén a ofrezo desinteresadamente.
O problema non é que ofrezas a túa palleira.O problema está en saber se tes disposición de atender esa palleira como bar todas as tardes do ano.¿Pensa alguén que é doado abrir un local, atendelo para vender dous botellíns de cervexa diarios -en agosto serán seis- e deixar o teu tempo aí para ue vaiamos a botar unha partida?Falemos claro:Veiga está xubilado agora;ten un local que cede á Asociación de Montes por 5 anos(prorrogables); atenderá o local todo o día;vai facer melloras que pagará él mesmo...¿Quen esta disposto a poñer un local e atendelo todo o día para que ganar o que deixan unhas cervexas?Deixémonos de dar voltas.Esquezamos a Clara e a determinación que adoptou. Ése é o verdadeiro atranco aquí. Sería máis sinxelo arranxar o teleclub e volver a velo caer.Se alguén se compromete a abrilo, atendelo cada día, limpalo, etc. que o manifeste e eu estarei con él.Outra cousa:Se hai subvención para amañar o café de Víctor quizáis ésta sexa de 5 ou 6.000 euros. ¿Amañamos con eses cartos o teleclub?Eu multiplicaría por 3, alomenos,os cartos necesarios para darlle unha volta decente a ese local que deixamos caer entre todos.E postos a defender o público: ¿Estamos dispostos a reclamar no concello a titularidade da escola e o seu amaño como o sr. alcalde fixo con outras escolas que todos ben coñecemos? ¿Iríamos en grupo a solicitar aquelo ao que sempre se negou? Deixemos de dar voltas tralo rabo...A invitación a abrir o teleclub, e mesmo a escola, en condicións aquí esta feita. ¿Quen entrega o seu tempo despois para vender un par de cervexas? Eu non. Téñoo claro. Se hai voluntarios, benvidos sexan!
Ezton nun mar de dudaz. Ziempre zería bonito tomar un cervezo donde tan grandez actuacioz deixou bazilio, buque inzignia da múzica de zebraz, e pioneiro na fuzion doz ritmoz da montaña coz do outro lado da ponte da veiga... pero claro! A cueztion non é a múzica nin az endomenaz ezaz daz feztaz. A cueztion é zi ze vai poder fumar na palleira do voluntario ou non, porque tomar un cervezo zin un pito... eche mui duro, coño!
Tamén Veiga podería atender no teleclub, se tanto tempo ten para facer obras altruistas.
Supoño que Antonio de Veiga non che está por ganar o Premio Nacional do Traballo en local alleo. ¿E tí, sí?
Os meus parabéns, colega.
Publicar un comentario