2008-04-26


Unha casa para coñecer en Vilaquinte Cervantes "casa do crego", dez anos de traballos feitos con cariño e sensibilidade. O seo valedor Rafa, persoa moi afable e agarimosa, súmase os motivos da visita obrigada de esa Rectoral que queda entre Cervantes e Navia de Suarna
http://www.ocrego.es

2008-04-22

2008-04-07

NON QUERIAIS CALDO....

Atención! Comunica o Ministerio de Alimentación que se aborta a Operación Bikini en Doncos. Repetimos: abortada a Operación Bikini de cara o vrao. Os motivos son seis, por orden cronológico:
  • Pepín P. Ministro de Transportes.
  • Santi P. Ministro da Cuota Láctea.
  • José L. F. Ministro de Novas Tecnoloxías.
  • Juan R. Ministro de Alimentación.
  • Carmen R. Ministra de Lamas.
  • Carlos G. Ministro.
A estes señores ocurríuselles nacer en abril, no espacio de 10 días; supoño que naqueles tempos non tiñan nada mellor que facer. Como dixo non sei quen "A culpa é das mais".
EN CONSECUENCIA.- Convócase referéndum o próximo día 19 de abril en Villacol, a eso das 10 da noite, para decidir si lles cambiamos a fecha de nacimiento, co permiso de D. Félix, e que así vaian cumplindo anos en meses alternos, ou os deixamos como están, co peligro de que o ano que ven volva pasar o mismo.
Tamén aproveito para decirlle ó Sr. Troula que fun ondia o Rucho e non tiña repartidores. Si acaso podo mirar en Telepizza.
PD. Por descontado que entre voto e voto se degustará un churrasco e/ou ensalada, amén de outras viandas. O viño será da marca "Embotellado especialmente para esta casa".

2008-04-04

COLABORADORES


Atendendo as peticións do redactor da noticia anterior, Mr. Espinete, e despois dunha búsqueda que me levou polo mundo enteiro, de facer miles de entrevistas a miles de candidatos deseosos de colaborar no evento, por fin atopei os dous traballadores máis adecuados para levar a bon fin calquer cometido laboral.

Debo dicir que foi unha negociación moi dura. Saben o que valen, e tiñan ofertas moi tentadoras de outras festas e ruadas. Xa se sabe que cuntan cunha dilatada experiencia neste asunto.....festas, feiras, ruadas, discotecas, pubs, festas gastronómicas, romerias e similares por toda a xeografía provincial e, incluso no resto do pais.

Afortunadamente, as 5:00 da mañá (como Lendoiro), e despois dunha opípara cea moi ben regada, aceptaron a proposta. Os seus honorarios, de seis cifras, corren pola miña conta. Será por cartos¡¡¡¡¡¡. A cea quedou a deber.

O trato é que eles se encargan de todo o traballo manual, loxística e infraestructuras, necesario para a feira de ano. Comprometeronse a ter todo listo a mediados de agosto.

A foto saqueina da sua tarxeta de visita profesional, da vella tarxeta. Están a facer unhas novas porque din que lle queren cambialo nome a empresa, quitarlle o de "Pepe Gotera e Otilio", e poñer unha foto nova, porque, o parecer, segundo me dixeron, retratarse en zapatillas de casa parece que non lle daba moita confianza os clientes. Parvadas, ben se vei que son ben traballadores.

Polo tanto, todos tranquilos. O da Feira xa está solucionado.

2008-03-28

FORESGAL-88


O segundo domingo de setembro farase a 1ª feira de ano en Doncos, de momento, temos comprometio o pulpeiro, que non epouco, a ela viran: artesáns e todos aqueles que queiran vender algo, acéptanse ideas e colaboradores

2008-03-26

CAJI NO MAPAMUNDI¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡


O que é non ter que facer.....................

Estos días non madrugo moito, almorzo, vexo as noticias (ata que me aburren), leo os xornais (ata que me farto de mentiras), e entro no "super blog".............. e hoxe deume por mirar dende onde nos visitan. VOTÁDELLE UNHA VISUAL.

Dado que na escola non me deron a elexir inglés, e nunca me preocupei de aprendelo, seguro que entendo mal. Non pode ser que nos visiten dende uns sitios tan "raros". Outra posibilidade é que o chisme este se trabuque, ou que se trate de lugares onde se fan outros blogs, ou ...............

Non direi nada sobre as visitas de paises europeos.

Non direi nada sobre as visitas dos paises de América do Sur, pode haber emigrantes.

Non direi nada do Xapón (os nipóns xa se sabe ....... daslles un ordenador e perden o sentidiño, ainda que lles costará un mundo entender algo), nin sequera de que nos visiten dende a beira sur do Caspio............................

Agora ben, que haxa un tipo/tipa, señor/señora (¿políticamente correcto?), qu nos visite e lea, mellor dito intente ler e entender, dende Nepal, Suráfrica, Alaska, Islandia, Mongolia (aprox.), Emiratos Árabes Unidos ou Indonesia ......... chégame ben creelo.

En todo caso, xa se sabe, HAY XENTE PARA TODO.

2008-03-25

Remake da foto


Unhos cuantos anos despois os interfectos da foto publicada un pouco máis abaixo volveron posar para a cámara. Desta vez, como non había pino ó que agarrarse, colleron un cacho de pan do churrasco.
Angelitos, non cambiaron nada desde a foto anterior. Parece como si non pasaran os anos.







A tecnoloxía WiMAX está chamada a sustituir a práctica totalidade de as tecnoloxías de acceso inalámbrico, dado que proporciona elevados anchos de banda con un rango de alcance grande, ademáis de presentar un entorno IP puro, permitindo así establecer enlaces punto a punto estables y económicos (conexións entre sedes, de videocámaras, etc) ou enlaces punto multipunto (unha antena da servicio a multiples usuarios), que se utilizan principalmente por parte de operadores de telecomunicacions para dar servicio de voz, vídeo ou datos a usuarios residenciais ou empresas.



 A arquitectura WiMAX estructúrase de maneira similar a das redes móviles tradicionais, con unha arquitectura punto a multipunto. Dispon de unha cobertura de 20-30 km, baixo visión directa, ainda que varía en función do tipo de terreo, rango de frecuencias utilizados, potencia de transmisión y sensitividade do receptor. En condicions de non visión directa, basase en unha arquitectura que aproveita as máis modernas técnicas de procesado de señal e diseño de antenas, que lle permiten utilizar os rebotes de a señal e conseguir manter a conectividade. En estes casos consíguense conexións hasta 3-5 kilómetros.

Ademáis, ainda que se encontra a día de hoxe en fase de estandarización, existe a posibilidade de conseguir una conectividade móvil, presentándose como unha alternativa futura e sería a telefonía movil. Nos próximos anos aparecerán os primeiros terminales WiMAX, como teléfonos, PDAs ou portátiles.
O acceso a banda ancha está condicionado o alcance da tecnoloxía de cable y ADSL. En alguas áreas o servicio non está dispoñible (especialmente en zonas rurais), e de unha calidade baixa ou tén un precio elevado. WiMAX permite ofrecer os operadores unha alternativa económica para estes entornos, permitiendo igualar os servicios que ofrecen nas zoas de cobertura.

Chamade a CATEDRATICA .Pois o anónimo que escrebe defendendo o p.p. e o b.n.g poderia darlle clases de gramática, se nón lle cobra moito , xá que me parece asesora de terra galega e ises de altruistas teñen pouco




2008-03-24


En dous concellos da montaña de lugo, Navia de Suarna e As Nogais, como plán piloto e antes de que finalce este ano, instalarase o sistema WIMAX, para que en todos os pobos do concello podamos entrar en internet en banda ancha