2008-06-27

Prometo estarte agradecido...

ANTECEDENTES DE HECHO
PRIMEIRO
Hai un par de meses chamoume Espín por teléfono:
- Oyeeee, que te anda buscando a Guardia Civil!!!
- ¿E logo Marelo non ten o meu número?
- Que nooooo. Os da Policía Xudicial. Deilles o teu número e din que te van chamar.
- Pos fale, pos bueno! Xa sabía eu que non tiña que abrir aquela conta en Suiza...
E ahí quedou a cousa.
SEGUNDO
O cabo dun tempo chámame un señor moi amable, da Xudicial, como puden comprobar máis tarde, e sométeme a un terceiro grado en relación a este blog e a un vídeo de unha escena romántica entre dous enamorados que anda circulando por ahí.
Explíqueille como puden que esta páxina non ten nada que ver co día de San Valentín nin cousa que se lle pareza e que a temática está máis cerca da retranca, o humor, o "quitame allá esas pajas" e o "vaiase Señor Coedo" que do erotico-festivo. Tamén lle dixen que en ningún momento estuvo colgado o vídeo e que para comprobalo solo lle tiñan que pedir a Google (o propietario do dominio a través de Blogger) un rexistro de actividades. E ahí volveu quedar a cousa.
TERCEIRO
Pero esta mañá tuven que personarme no Xuzgado de Primeira Instancia e Instrucción de Sarria para efectuar unha nova declaración e volver a reafirmar o afirmado diante dos señores letrados, secretarios xudiciais, axentes e demáis testigos. E ahí chegou o cabreo!

ANTECEDENTES DE DERECHO
PRIMEIRO
Non teño absolutamente nada en contra dos procedementos xudicias que leven a esclarecer un feito (neste caso está bastante claro) e sempre estarei en disposición de colaborar.
SEGUNDO
Non teño absolutamente nada en contra dos letrados que buscan probas por donde as poda haber para favorecer ó seu cliente.
TERCEIRO
Non teño absolutamente nada en contra da señora que me puxo un café esta mañá en Sarria que non había dios que o tomara (aínda que debería).

ACIERTO
O que si teño é unha indignación -por non decir mala ostia- sublime contra os interfectos ou interfectas que dixeron que o romántico vídeo estuvera colgado nesta páxina. Señores/as: si non sabemos por donde andamos en internet ou as páxinas que visitamos empezan todas por XXX, mellor quedámonos calados e non difamamos (o uso intensivo da mau pode ser outra alternativa). Unha mentira repetida moitas veces convírtese en verdá. Señores/as: detrás das páxinas hai personas. Os blogs non surxen por generación espontánea, nin hai un exército de chinos redactando noticias. Neste caso concreto creo que os redactores desta páxina saben perfectamente donde está o límite e o tipo de temática a tratar. Polo tanto, digo que: NO BLOG DE DONCOS NON ESTUVO COLGADO O VIDEO. A ver si queda claro de unha vez, joer.

Como diría un comentarista habitual desta páxina: "Me cago naz obraz públicaz, que zudorez, coño!"