2009-10-25

MAGOSTO

Pois hala, xa que Maese Troula ten gana de castañas, ímoslle cumplilo deseo. E menos mal que son castañas, que o día que se lle antoxen sandías ou melós....

2009-10-20

ALUNMA E MESTRE


Voltar no tempo. Si señores, xa estamos no outono. Estaba a descargar unhas fotos, e atopei esta da cea de despóis do Santiago. Algúns estaban, e outros non. Algúns por razóns xustificadas (enténdase Srs. de Rangalleira), e outros non. Como todo nesta vida. O caso é que sendo as oito e pico da noite como son, e recordando que fomos cear, deume a fame, e recordei que xa logo haberá que preparar un magosto. Eu axudar, axudaba de boa gana a apañar castañas, pero a miña idade, a humidade e dobrar a "bisagra" faime moito mal. Pero se alguén as apaña, eu comprométome solemnemente a axudar a papalas.

Gaiteiros parece que hai, leña para facer lume e unha lata para asar tamén. So queda atopar o voluntario apañador................................