2007-12-24

Fuxe Santa Claus que aí vén o noso Apalpador!

A asociación A Gentalha do Pichel recupera unha figura autóctona propia do Nadal que representa un vello xigante que lle trae castañas á rapazada.

Redacción - 11:50 24/12/2007

Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento. Este ano dende a asociación A Gentalha do Pichel (Compostela) están a difundir a súa figura.

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algín cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.


O Apalpador lévalle castañas asadas aos nenos para que non pasen fame
O Apalpador lévalle castañas asadas aos nenos para que non pasen fame

2007-12-22

2007-12-21


!Cuidado co la vévora, que hai moito julandrón que se aproveita da situación¡

2007-12-17


Si o cocho laia son 600€ por Animal, coidado cos de Seprona
Los toros no sufren y son moi divertidos, pero en que Pais vivimos ?

2007-12-09

Bo Nadal - Postal



Ola ola!

Coincidindo cos 16 días que restan para o nadal, facendo caso ao fabulosisimo contador gratuito que ten este blog, aproveito para colgar a postal que puxen fai un ano redondo no foro da web de Doncos. Por certo que a ese foro quédanlle horas, que vaia nido de Spam!. O libro de visitas sigue existindo.

Pois iso, bó nadal, felices festas, uvas e demáis inventos. Temos 16 días para desexalo...

2007-11-26

DE BEN NACIDOS É SER AGRADECIDOS...





O tirador tirar tirará , pero comparade , comparade como foi e como é , subide agora a autovía e mirar como é agora a vila . Ten novas vias, a N-VI mais dende onde estades oiando , casi naaaa...

Nun correo anterior podemos apreciar nuha foto panoramica de Doncos , como era o pobo aló polo 1969, e comparalo con a realidade ... 40 anos despois está igual que estaba , por él non pasou a mellora das rúas, senon a autovía polo medio, e a empeora das leiras, ¿por qué sera? , emigración?, conformimismo?, todos ricos? xa non se precisa traballar? pode ser, ultimamente veinse algunos arranxos feitos pola oposición, (xa temos parque infantil) pero esto non mellora fora da capital municipal, aparte de Doncos de la que polomenos existe un retrato da época, tamen existen as demás parroquias esquecidas .

Nesta foto poderedes comparar que casas creceron, cales desapareceron, os novos ricos e os novos pobres, sacade as vosas propias conclusións, e comentade no blog que cambios notades, porque para alguns quizás &&&& l...la vida sigueee ...iiigual...

2007-11-08

O que hai que oir, por non ser xordo

Vamos a ver: puedo prometer y prometo que non sei por donde empezar. Esta noticia non ten relación directa con nos, pero indirectamente si.
Resulta que hai unha serie de xente que se dedica a grabar sonidos. Hasta ahí todo normal. Resulta que esa serie de xente despois publica os sonidos nunha páxina web. Nada raro. Pero resulta que un dos sonidos que se graban e despois se publican é a caída da primeira castaña no Caurel. Pa haberse matao.
E digo eu, con pouco animus jocandi: ¿quén nos garantiza a nos que realmente esa foi a primeira castaña que caeu? ¿Acaso había unha horda de funcionarios municipales nos nosos soutos atemorizando ós orizos con escopetas á espera de que chegara o señor do micrófono? Si realmente esa non foi a primeira castaña que caeu, ¿o sonido ten menos mérito? ¿Caeu polo seu propio peso e madurez, ou varearon o castiñeiro? ¿Volverán facer o mismo en junio ca primeira mazá? ¿E cas sandías?
Realmente estou nun sin vivir. Imaxinadesvos que a moda se estenda e cando chegue a matanza haxa 3 personas pra agarralo cocho e 5 técnicos de sonidos, 2 axudantes e 3 operadores de cámara para grabar o primeiro berrido da matanza, por poñer un ejemplo. Pode parecer exagerado, pero si este señor necesitou 6 micrófonos para grabar unha castaña, pra grabar o berrido dun cocho, con tódolos seus matices, vai ter que vir o departamento de I+D de McLaren.
En fin. Si alguén ten curiosida por escoitar unha castaña, podeo facer en www.escoitar.org.
Que dios nos pille confesados.

2007-10-31

Aprobou!

Siiii, siiiiii, siiiiiii. Aprobou. Carlos aprobou o examen de moto. Xa temos motero novo en Doncos. Ranga, bienvenido al club.
Ahí o tedes nun momento do examen cando tiña que facer o paso estreito. Como a moto non collía por abaixo, hábil el, decidiu pasalo por arriba. Vendo esto, a ver quen se asoma ahora polas dequintas cando pase el nunha roda.
Definitivamente, a culpa era da Vespa... ou eso dice!
FELICIDADES!!!!

2007-10-19

O Magosto para agosto


Xa é outono no Corte Inglés. E nos, fieles seguidores das tradiciós, temos que facerlle caso ós almacenes e celebralo magosto como é debido. Polo tanto, e sin que sirva de precedente, convócase á toda a rodeada a fiesta jolgorrio a celebrar no barrio das dequintas o vindeiro día 3 de noviembre.
Decía eu de facer algo de picoteo para acompañalas cervezas. Pouca cousa. Algo de churrasco, chorizos asados, toucín e, sobre todo, castañas asadas. E tamén decía eu a ver, si por unha vez, traedes navalla, que si non hemos ter que ir outra vez por cuchilos andia Balbino. Tamén é de supoñer que se levará o radiocassette grande, e os micrófonos de soltar berridos.
Sería de agradecer que vaiais comunicando nos mensaxes de eiqui abaixo quen vai ir, máis que nada para saber cantas becerras hai que matar.
Por outro lado temos novedade no blog. Ahora xa non fai falta ter internet pra lelo. Aquí o lado... non, a ese lado non, o outro..., como decía, aquí o lado tedes un enlace para baixar o blog en formato PDF. Usease, máis de 100 páxinas con todas as noticias e comentarios aquí publicados, que se intentará actualizar mensualmente. Esto supón que se pode imprimir e lelo tranquilamente sentado non sofá.

Hala, a ser buenos, e ide apañando castañas.

PD: Marelín, adiantounos teu irmau na encuesta. A ver si buscas algún amigo por ahí que nos vote a nos, e si hai que invitalo ó magosto invítase.

2007-10-15

Zuzo II

Xa é lunes. E, si non recordo mal, teño unha promesa que cumplir. Pero antes será ben repasar as encuestas.
Na primeira, cunha participación do 100% dos que votaron, vese que está a cousa moi repartida: Marelo pequeno e máis eu quedamos en cabeza en intención de voto, seguidos moi de cerca por Marelo grande. Neste caso, como en anteriores, non houbo candidato sorpresa, aínda que se sopesa unha posible coalición de futuro para repartir o traballo do personaxe. Pero creo que non se debe de despreciar os votos das minorías, máis que nada por medo a unha moción de censura.
Na segunda encuesta, aínda que máis que encuesta era un referendum, o pueblo non se deixou engatusar polos cantos de sirena e votou un rotundo NON.
E ahora chega o dilema: ¿Débeselle facer caso o pueblo, ou debese sacar a relucir a vena política, e unha vez ganadas as eleccións, tírase o programa ó río e faise o que mellor veña en gana?
Na miña modesta opinión, e tendo en conta que son un home de palabra... fácil, débese de cumplir o prometido. E así o vou facer.
Zuzo é potgq adñf afoebng... ¿???? ........ vaia ho! fodéuseme o teclado. Pero tranquilos, que en canto o arregle poño o nombre do autor.
Salu2.

2007-10-08

Zuzo

A primeira pregunta que me suele facer a xente cando fala conmigo do blog é "¿Quén é Zuzo?"
Non sei si haberá ou non moita xente que o sepa, pero a min costoume o meu tempo. Foi o outro día no cha... estoooo no muiño, que me atopei co orixinal. Inmediatamente fixen uso de tódolos meus recursos oratorios, persuasivos, chantajistas, aduladores, etc... E NON VALERON ABSOLUTAMENTE PRA NADA (a próxima vez que vaia ós chinos teño que acordarme de comprar máis). Desesperado por saber a quen lle vendera os dereitos de autor encarguéi unha caixa de botellines, e asi, entre cervezo e cervezo, chegando xa ó final, confesoume en voz baixa quen era o imitador. A cuestión é que eu estaba xa medio peneque e hasta que mo dixo a berro pelado non me enterei ben.
Pois eso. Hoxe deixo esta pregunta no aire e unha encuesta ó lado para ver si acertades; e o próximo lunes direi quén é.
Como diría Julián Lago "La respuesta.... después de la publicidad".
Chuchos e apertas.

2007-10-02

Falando catalán na intimidade


Foi no Cebreiro; e como decía a canción "a la sombra de los pinos". Así somos e así estamos.
Para os malpensados decir que nas escenas peligrosas non se usa ningún tipo de dobles nin efectos especiales. A calidade de imaxen e Jai Definixon by teléfono móvil.

video

2007-09-17

Música de espera

Mentras Espinete fai memoria e da algunha pista sobre os mozos da noticia anterior, e mentras atopo o cable para conectalo móvil e así poder subir os vídeos do Cebreiro (vaia panda!!!), e mentras... ¿que facer? Pois nada, deixo unha pregunta para que alguen me diga si é certa ou non: Si eu (ozelui, que son de Doncos) digo: "tódolos de Doncos son unhos mentirosos", ¿é certo o que digo ou non?
Como xa se regalou un cargador de móvil en algunha noticia anterior, neste caso o que acerte regalámoslle a corriente pro cargador. Eso sí, sín abusar: non vale meter os dedos no enchufe.
Chuchos e apertas.

2007-09-11


Esta é a foto boa. A anterior era para saber si estabades atentos a errores de impresión. Vexo que non.
¿Alguén sabe quén son? Seguro que a selección de baloncesto non.

2007-08-27

No café de Maria xa se facian BOTELLÓNS fai moitos anos, ademais era xente elegante, estaba todo desifectado, ou estaban inmunizados, contra os VIRUS

2007-08-22

Cafeteria con Solera

Próxima apertura este Nadal. Haberá periodico, cafeteria, pequeno supermercado, despacho de pan, e actividades culturales., como cine, charlas, futbol pirateado e teatro de diversas compañias, ¡aceptanse suxerencias !

2007-08-08

Eventos eventuales inmortalizados artísticamente (máis ou menos)

Unha das cousas que levo tempo pensando, mellor dito que leva tempo pensada, e que por vagancia aínda non fixera, é a creación de un gran album web. ¿Y eso que é lo que é? Pois un espacio en donde se podan subir fotos das cousas que vaian pasando e donde todo o mundo, ou quen un queira, poda descargar. Úsease, como a mula, pero en fotos.
Ahora en vez de a típica "Ay, mándame as fotos que sacache da cena ó correo", "Ay, e min tamén", "E a min.... e a min... e a min", pois nada: fotos ó album e que cada un colla as que lle pareza ben.
En caso de que non se desexe que sean públicas e solo as podan ver quen vos queirades, pois péchase o álbum, métese a chave na faltriqueira e solo se lle da copia a quen un queira.
Os dous primeiros álbumes xa están creados. Un gracias a Azucena, sobre a festa do Santiago de este ano, e outro gracias a Marelo, sobre a cena dos chiflos. Hai fotos de exposición.
Santiago 2007
Cena Santiago 07

2007-08-07

UNS DE MARCHA OUTROS DE MOVIDA


No Santiago sempre alguén poñe o sentido do humor como fin de festa, uns grandes comilonas outros grandes bebedonas, outros queiman cancelas, outros chocolate de pota, outros chocolate de microondas, outros anos sopas de allo cun xamón na sopa para dar saborrrrr. Pero este ano un dos acontecementos foi o da movida-E me explico, mentras uns estaban de marcha outros estaban na movida, na movida de estacas .

2007-08-06

2007-08-02

Tataaaatiiiiiiiii!!!!

Se hace sabeeeeeeerrrr, de orden del señor al.... ¿¿??? Repetimos. Se hace sabeeeeeerrrr, que el próximo sábado día 4 de los corrientes, tendrá lugar en el vecino pueblo de arriba del nuestro, la tradicional cena del patrón de todos los años. Todos los mozos y mozas tendrán la oportunidad de asistir...se si el tiempo lo permite y la autoridad competente da su beneplácito. La hora de la reunión queda fijada para las diez y media de la noche en la explanada sita enfrente del Restaurante Villacol.
Se hace sabeeeerrr que el menú estará compuesto, según el concejal de fiestas y festejos, por... por... (ande carallo poñería a lista...). El menú... estará compuesto.
De otro orden de cosas se ruega a los mozos ir sin zuecos, mudados, limpios y afeitados y a las mozas mesura en el escote porque si no no hay quien cene tranquilo. El abono de la derrama se realizará a escote una vez terminado el comercio, y justo antes de que empiece el bebercio, por si acaso.
Se hace sabeeeerr que solo podrán asistir los mozos y mozas del pueblo entre 2 y 100 años. El resto tendrán que venir con autorización de sus padres por escrito.

Tarariiiiiii!!!

PD.
Mamá, mamá ¿Por qué ha matao papá al pregonerooooooooo?

2007-07-30

Mentras se coce o resto da fornada...


A foto é de hai unhos anos. Mentras se van acabando de revelar as de este ano, que habelas hailas, imos poñer esta. Obsérvese que de aquela Cabrito sabía tocala gaita, Pepín acabaría de baixar do castiñeiro (pola sonrisa de felicidade que ten), e o resto de detalles que merecen comentario. Unha juventú alegre, siempre arrimada á parede, como marca a tradición e as boas costumbres. E de aquela retirábase cedo, e non como este ano, que xa estaba alto o farol grande. Cajo no mundo!

2007-07-04

XA CHEGOU O TIRADOR

Pois eso, que temos tirador novo.
Quietoooooooossss, que non é o que pensades. E outro blog. Nace para que poda ter certa axilidade un dos temas máis solicitados de información na comarca. Intentarase acercar a política local á calle e incluso deixala alí se se pon tonta.
Para os escépticos e os adlatares incondicionales deixo unha frase de George Bernard Shaw que di "La democracia es el proceso que garantiza que no seamos gobernados mejor de lo que nos merecemos".
Tratemos de merecelo.

Enlace: O TIRADOR
Been born the 4 of July.

2007-07-01

Quentando motores para o Santiago





Estamos no mes de Santiago, e como tantos e tantos anos estamos impacientes por que empecen as festas, o mesmo ocurría fai anos, cando os habitantes de Doncos iban a festa como é debido ca sua garabata e o seu traxe, para levar o santo o carrelo na procesión, non como agora cos pantalóns co tiro pola rodilla que si dan un paso mais grande que o do lado o querido Santiago vaille mal.


Este ano que veros a todos lavadiños peinadiños, e ben presentados, e para o que acerte de que ano é esta foto que lle den o premio que quedou deserto no anterior concurso de a vista da vila.
Tamen admítense apostas de que son os protagonistas da procesión aparte do Apostol que segue coma sempre, non envellezeu nada.

2007-06-27

Á vosa disposición...

Bueno, despois de moitas conversas co "paxarus fidalguis", co seu permiso e co de todos os de Doncos estréome neste diario para poñer a disposición de todos aqueles que o desexen, as instalacións que veredes a continuación e que paso a explicarvos:

A asociación xuvenil "os xardóns" da que formo parte, comparte dende fai algún tempo o edificio da antiga cámara agraria de Nogales(o pé do muíño) coa asociación de empresarios e na que casualmente tamén estou entre os que tiran do carro.






Pois ben, despois de botar sangre, sudor e lágrimas polas distintas administracións competentes e unha dosis importante de altruismo conseguimos unhas perras para ir facéndonos cos aparatos e así formar un pequeno ximnasio que ata fai pouco estaba na casa de anxo, (zi, o nozo bendito cura, como diría zuzo), nun local de 3x2 m., ou sexa nada pero moito ó mesmo tempo porque non tiñamos outro sitio onde poñelo. Máis tarde e gracias a labor dunha persoa das que xa non quedan (por desgracia) e que non quero nombrar poque non lle gusta o protagonismo, conseguimos que nos cederan o uso deste inmoble...

Aquí xa puidemos arreglarnos máis cómodamente para colocar o pouco do que dispoñemos para montar uns cantos aparatos de andar pola casa, pero bueno, como se soe dicir, "é o que hai¡¡¡¡"...

Como podedes ver non é para tirar cohetes pero "menos da unha pedra".

Ahhhh¡¡¡ Xa se me olvidaba¡¡¡ Se o tema do ximnasio vos resulta moi "cansao" e sodes aficionados ó slot podedes pasar un rato xogando ó escalextric. Fomos quince os que apoquinamos para montar esta pista de ninco e recordar vellos tempos. Aínda que xa imos maiorciños, cando nos poñemos pasámolo coma nenos,jejejeje...

Bueno camaradas, se vos apetece facer uso de algo do que vistes non dudedes en avisar. Saúdos para tod@s, encantado de colaborar neste cotarro e, co voso permiso, ata a próxima¡¡¡

2007-06-25

Outra que pasa, e agora os días máis cortos....

1.- Éste foi o principio: Uns madeiros levados por fascículos en varios medios motorizados, amontoados e dispostos cunha pequena chispa... E xá está montada!! (As campanas deron conta do que ía acontecer...)
2.- Typical Spanish: Mentres un traballa, outros tantosmil miran... (Pero o que traballóu, que ben o fixo, "cago noz tridentez de catro pinchoz" (Que diría un que xa sabemos.....) Un DEZ!!!!)

3.- E logo pasa o que pasa: Tanto chicho e tanto bebercio... (Non tapo as caras porque non sei usar o "potochop".) Quédanme máis fotos desta parte, pero non as vou colgar salvo que me deixen os protagonistas.... :-P
Ánimo, que falta menos pro SantiaJo!!!!!!!

(P.D.: Como se pode ver, cumplimos tódalas normas, oficiais e non oficiais...)

2007-06-18

Normas

Cambiando de tercio e logo de escoitados os comentarios sobre a enchedola que se esta a preparar para ó sábado 23 creo que é convinte recordarvos unhas pequnas normas acerca das fogueiras do San Xoan:

1º) As persoas, organizacións ou comunidades que desexan facer unha fogueira e aínda non dispoñan da correspondente autorización deberán solicitala no Rexistro Xeral do Concello, con cando menos 5 días hábiles de antelación ao evento; terán que sinalar o lugar elixido así como o nome, enderezo, teléfono e DNI dos/as responsables das organizacións ou comunidades.
2º) A fogueira deberá estar finalizada con dous días de antelación a súa queima, para poder levar a cabo a súa revisión.
3º) O volume do material combustible da fogueira non superará os 8 m de diámetro nin os 3 m de altura.
4º) A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados, será como mínimo de 12 metros. Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non haxa almacenados produtos inflamables nin zona forestal no redor.
5º) Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, aceites, etc., e en xeral calquera outra substancia que desprenda fumes tóxicos; así mesmo coidarase de non botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays) aínda que estean baleiros. Tamén prohíbese facer fogueiras nas praias, para evitar calquera tipo de dano ou prexuízo en materia de ambiente natural.
6º) No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público lousados ou asfaltados e pintados, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento e pintura cunha capa de area de 10 cm en toda a superficie da fogueira.
7º) Ao finalizar a fogueira e, antes de abandonar o lugar desta, os/as responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas.
8º) É obrigatoria a presentación dunha póliza de responsabilidade civil cunha cobertura de 150.000,00 €.En todos os casos os/as solicitantes serán responsables dos danos que puideran ocasionar a terceiros.

2007-06-16

QUE ALGUÉN ME ESPERTE

El PSOE retiene AS NOGAIS pese al voto del PP al BNG
El socialista Xosé Luís Coedo seguirá siendo alcalde de As Nogais, a pesar de que el PP votó con el BNG.A Coedo le bastó que el único concejal de Tega votara por sí mismo, ya que la suma de los votos de Bloque y PP daba tantos concejales como tiene el PSOE, cuatro. Por tanto, los socialistas mantienen la alcaldía al ser los más votados el 27-M.El BNG rozó el incumplimiento del acuerdo marco con el PSOE, ya que votó por su propio candidato. Fue apoyado por el PP.El secretario de Organización del PSdeG-PSOE, Ricardo Varela, que esta mañana estuvo presente en la sesión de investidura en el Ayuntamiento de Lugo, afirmó que esta actuación demuestra que el PPdeG sólo es partidario de gobierne la lista más votada en cada municipio "cuando le interesa".

2007-06-15

¿Qué pasará?

Esta mañá algún dos corresponsais locais desta páxina puido comproba-la incertidume que hai acerca de saber quen será o sufridor que teñamos por alcalde os vindeiros anos. Ideas seica hai moitas e variadas, pero o que tamén e certo que a menos de 20 horas do pleno de constitución da nova corporación non se sabe nada de nada. Eso sí maña sábado 15 de xuño as once da maña estan convocados os concellais electos para tomar posesión do cargo, e como non para celebra-la votación para elexir alcalde. Así que pouco nos queda para sair de dúbidas.
Ahh recordarvos que os plenos son actos públicos aos cales podemos asistir calquera veciño. (Tomar un viño en Nogales tamén é un acto público e tamén podemos asistir todos). A seguir bien señores.

2007-06-10

E MÁIS FESTA ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡



Todo estupendo. Xenial............................ que si política, que si cantan uns jedelláns non sei onde (con todo respeto), que si mesa electoral. Gostame, gostame un mundo, pero ................. imos o que realmente interesa. E a festa qué?. Achégase o San Xoan e, dado que os potenciais anfitrións (enténdase os que se chaman Xoan, Xoana e derivados) non fan acto de presencia, véxome, moi o meu pesar, na OBRIGA de recordarvos que en nada estaremos nestas datas "tan señaladas". Haberá ou non haberá festorro?

E agora a papear


vexo que o asunto do rock tenvos sen coidado, pero a que esto gostavos mais pandilla de comilons, pois e a que me vou meter hoxe entre peito e espalda, ala con dios.

E moito meu



Aqui os tedes, me cago no carallo igualitos que cando empezaron,bueno igual igual non, pero estivo caralludo, dentro doutros 18 anos a ver se os volvo ver, e se non a falta que sea deles claro.

2007-06-07

BARON ROJO



Chavales vou cambiar un pouco de tercio, que a anterior noticia esta un pouco queimada, e querovos anunciar, que maña hai un gran concerto, queda un pouco lonxe, pero o que algo quere algo lle costa, e ademais sendo quen son vale a pena moverse 1000 km para velos, querovos recordar a algun, que os vimos fai como 18 anos en Lugo, algun dos que estavamos presentes no evento saiu en plano horizontal, pero pasamolo moi ben.Hai vai a entrada.Saudos dun emigrante heavy

2007-05-30

¿E ahora?

A primeira parte rematou. Cada un votou a quen lle deu a gana, e o final os resultados están á vista. Pero esto promete.
Amigos mios: necesitamos un alcalde. Necesitamos poñerlle unha cara á silueta de arriba, que nos represente dignamente e traballe polo pueblo, etc. etc. etc... Pero a cousa non é que estea complicada; e que está enrevesada. Eu creo que deberiamos votarlles unha mao ós candidatos e propoñerlles os posibles pactos, sin ánimo de lucro (ou si :)) ; En definitiva o que se trata é de darlles ideas.
Entre Coedo, o Rucho, Espín e Ribao anda o xogo. O perrito piloto vai ser para.....

2007-05-28

xornada eleitoral


Velaí outra mostra de compostura e saber estar. Presidente(señorito Fernandez) e dous vocais(señorita Freijo e señor Rio) velaron por levar a bon fin unha debatida xornada electoral. Seica xa a mañá de cedo recibiron o primeiro dos 10 cafés que tomaron o longo do día, cas correspondentes gotas de toro e galletas de maría. Xa a media mañá ocurriuselles a idea de levar unhas cervezas por se alguén chegaba con sede, e logo do xantar non faltou o combinado culilumpio de wiski con cocacola, e dicir: por pouco hai que deixa-lo reconto para o luns.

2007-05-25

O CAZADOR CAZADO


Benvidos a unha nova edición de "Fauna Doncal". Hoxe falaremos do "paxarus fidalguis". Trátase dunha ave de presa, nocurna, que se alimenta sobre todo de líquidos. Viaxa moito. Non para de falar (perdón, piar), e de cando en vez, emite un son parecido o da gaita (nese caso é extremadamente perigoso, fuxide, sobre todo si se xunta co "riegus gaiteirus, o que lle adicaremos outro capítulo). É moi facil velo polas festas e ruadas (por iso lle adicamos hoxe o programa), pero atención as féminas: É moi, moi, moi perigoso, caza de noite e donde agarra......................... Continuaremos outro día con outras interesantes especies da "Fauna Doncal".

2007-05-24

BVBVotaremos!! ??


OLA OLA!

Pois iso, este domingo exerceremos o noso dereito de voto, no que eliximos aos nosos representantes públicos polo próximo periodo de catro anos.

Vou aproveitar e ser un pouco reivindicativo. No noso concello só votaremos con un sobre, pois as eleccións da Xunta son noutras datas. Pero é que fáltanos outro sobre máis, un terceiro (No noso caso segundo) de cor verde.

Éste terceiro sobre debería ser para votar ás pedanías, das que Doncos debería ter unha, e non se vota.

Temos catro anos para formar o "Partido por Doncos". ¿Imos? Necesitaremos xente con carisma (Zuzo, que aceptamos xentes de todo o municipio) e para cumplir as leis de igualdade, algunha moza, como a nosa mochileira máis internacional...

2007-05-18

FEIRAS FESTAS E EMPANDAS


Pois si señor, achegase o verán e con el veñen todo tipo de eventos, a proba está aqui, este fin de semana celebrarase a II feria de empanada en As Nogais, seica xa o sábado 19 o vir da feira de Becerreá poderemos asistir a un espectáculo de maxia, e a noite haberá verbena e verbenas. Logo para o domingo dende a mañá desenvolveranse todo tipo de actos, Banda de As Nogais, grupos folclóricos, etc... Aleeeee todos de festa; e non mancarse que é o principal.

2007-05-10

Anxo


O pasado martes emitiuse na TVG un programa dedicado a Anxo, o cura das Nogais. Nel sale xente de toda a comarca, e a banda tocando. E curioso; toda a vida tendoo ó lado e daste conta do que realmente é cando lle graban un programa na tele.
Aquí vos deixo o enlace pra velo en intesné. O malo é que solo vale para os que teñan unha conexión tipo DSL ou cable. Pro resto decir que o volven votar o próximo domingo.

2007-05-09

fiesta fiesta



esta moi ben recordar o pasado, por eso temos que seguir para adiante,facendo cousas interesantes para que dentro duns anos podamos recordar o que fixemo agora

2007-05-08

Coñecedelos?????

Os de antes só nos contan que traballaban como burros, que non había diversión, que escaseaba a comida e un etc etc. ¿Vos que pensades?

2007-05-06


Estes espacios, temos que recuperalos, són a historia do noso Pobo. De forma moi sutil decialle o Sr Decoroso a sua Carme. Hay Carme e faltache moito ? El sabia que no lavadero habia tertulia e podíase entreter, que tempos?
De estes dous amigos sabemos quea un lle gusta a política, pero quen sabe as duas aficións maiores que tiña o noso amigo Valentín

Esto si que era carnaval anos oitenta, A mais guapa a de Rangalleira

2007-05-04

Navegantes, con esta máquina tomaron café vosos avós. En cantas pts se vendeu???

2007-05-02

Manda carallo!


O pasado dia 22 de abril fixo 6 meses que naceu este periódico. Ocurríuseme a idea despois de ver como se poñía a xente con certos comentarios no libro de visitas de doncos.com. Eu pensaba que, con un pouco de sorte, igual algún que pasara por alí algún día poñía algo, e de vez en cuando iría publicando eu as cousas que fora atopando relacionadas co pueblo. E, como dixo o do chiste, equivocámonolos tres.
Seis meses despois estamos nas 7.000 (SETE MIL pro que non lle gusten as matemáticas) visitas, con unha media de 15 visitas por día. Eu xúrovos que conto as casas e a xente do pueblo, e non me imaxinaba que houbera tantos ordenadores en Doncos. Por aquí pululan personaxes tan enxebres como o ganadero e o gulio, de difícil pronunciación, como o zuzo, e por suposto a reina da festa, do mellor que houbo, a da mochila azul. De vez en cuando hai piques, de vez en cuando tamén sale a relucir algo de sexo, pero o que non falta nunca son lágrimas; ou polo menos é o que me pasa a min, que choro ca risa.
Pero o mellor é que a páxina está viva; que hai 9 redactores publicando cousas; que si non é un é outro; que veñen desde Andalucía, Cataluña, País Vasco e moitos outros sitios a vernos, e, sobre todo, QUE NON É DE NADIE, É DE TODOS, porque entre todos a facemos.
GRACIAS. Podedes estar orgullosos de ser de donde sodes.


Cambiando de tema e falando da encuesta, os resultados son os seguintes:
.- Allanar e arreglar o campo.... 43%
.- Deixalo como está................... 21%
.- Cambialo por un mellor.......... 14%
.- Facer un palco de 30 x 30 m. 14%
.- No sabe / no contesta.............. 7%

Alea jacta est.