2007-06-27

Á vosa disposición...

Bueno, despois de moitas conversas co "paxarus fidalguis", co seu permiso e co de todos os de Doncos estréome neste diario para poñer a disposición de todos aqueles que o desexen, as instalacións que veredes a continuación e que paso a explicarvos:

A asociación xuvenil "os xardóns" da que formo parte, comparte dende fai algún tempo o edificio da antiga cámara agraria de Nogales(o pé do muíño) coa asociación de empresarios e na que casualmente tamén estou entre os que tiran do carro.






Pois ben, despois de botar sangre, sudor e lágrimas polas distintas administracións competentes e unha dosis importante de altruismo conseguimos unhas perras para ir facéndonos cos aparatos e así formar un pequeno ximnasio que ata fai pouco estaba na casa de anxo, (zi, o nozo bendito cura, como diría zuzo), nun local de 3x2 m., ou sexa nada pero moito ó mesmo tempo porque non tiñamos outro sitio onde poñelo. Máis tarde e gracias a labor dunha persoa das que xa non quedan (por desgracia) e que non quero nombrar poque non lle gusta o protagonismo, conseguimos que nos cederan o uso deste inmoble...

Aquí xa puidemos arreglarnos máis cómodamente para colocar o pouco do que dispoñemos para montar uns cantos aparatos de andar pola casa, pero bueno, como se soe dicir, "é o que hai¡¡¡¡"...

Como podedes ver non é para tirar cohetes pero "menos da unha pedra".

Ahhhh¡¡¡ Xa se me olvidaba¡¡¡ Se o tema do ximnasio vos resulta moi "cansao" e sodes aficionados ó slot podedes pasar un rato xogando ó escalextric. Fomos quince os que apoquinamos para montar esta pista de ninco e recordar vellos tempos. Aínda que xa imos maiorciños, cando nos poñemos pasámolo coma nenos,jejejeje...

Bueno camaradas, se vos apetece facer uso de algo do que vistes non dudedes en avisar. Saúdos para tod@s, encantado de colaborar neste cotarro e, co voso permiso, ata a próxima¡¡¡

6 comentarios:

Un amante do deporte dijo...

Biiien bien, si señor iniciativa e algo de ilusión, con estas pequenas cousas que a veces para conseguilas costa un montón, pois faise mais amena a vida e os nosos xovenes non serán moi gordos, sempre que fagan uso das instalacións. Biien chavales!!!!!
Pd. Que copie o novo goberno

Anónimo dijo...

Son unha veciña de As Nogais e so queria decir que estou orgullosa da nosa asociación.
Seguide así e que sepades que o pobo está convosco para axudarvos en todo o que pidades.

o moro dijo...

Ximnasio non, carallo! Xa está a xente bastante quente conmigo como pra que encima se poñan como o chuarcheneger e me dean unhas ostias. Eso vouno prohibir directamente no proximo pleno.
Coedooooooooo, ven.....

o karlon dijo...

Ai ho, gracias polo ofrecemento. Eso vaime vir e min mui ben pra ginasia, sempre que non lle teña os días pro Rieja. Cogonudo.

Camela dijo...

Enoraboa pola asociación seguide asi porque xente coma vos e o que necesita As Nogais para que asi progrese algo. Ah gracias pola invitación seguro que nos pasamos por alí.

O grandón da lamadavila dijo...

Preparade rodelas desas, o día que baixe vou levantar todos os cachivaches eses que axa na hermandá. Teño que poñerme adifinir algo, estou moi brutón.