2007-05-28

xornada eleitoral


Velaí outra mostra de compostura e saber estar. Presidente(señorito Fernandez) e dous vocais(señorita Freijo e señor Rio) velaron por levar a bon fin unha debatida xornada electoral. Seica xa a mañá de cedo recibiron o primeiro dos 10 cafés que tomaron o longo do día, cas correspondentes gotas de toro e galletas de maría. Xa a media mañá ocurriuselles a idea de levar unhas cervezas por se alguén chegaba con sede, e logo do xantar non faltou o combinado culilumpio de wiski con cocacola, e dicir: por pouco hai que deixa-lo reconto para o luns.