2007-02-24


Foto recuperada dos arquivos historicos do pobo.
Parte deles forman o equipo de redacción deste noso xornal. O Director Xefe, xa daquela, andaba nas verzas ou mellor dito de viaxe. O sr Inselmo xa prometía de pequeno. Que pelazo tiñamos todos!!!!!!!!!!!!!
Sería a auga do Vao a que no lo conservaba???????????? De confirmarse esta sospecha o Teo pouca bebeu.
Ata a proxima e seguirse conservando así de ben.

2007-02-23

Para abrir boca.....


Bueno, a primeira na frente: Desenfocada. Tranquilos que todas as demáis estan mellor feitas. De todas formas escollín esta foto pra abrir boca (E nunca mellor dito, vaia caverna) porque é o momento máis esperado de toda a noite: A da mochila azul moi aproximada ó seu roxoncín, quen sabe con qué intencións....
Sorte que deixamos a cámara encendida na mesa, apuntando ben, e lle deixamos posto un detector de situacións como a que mostramos.
Pra outro dia meto máis....

2007-02-20

¿Alguén trouxo a sardiña?

Mentras se prepara o reportaxe fotográfico, e seguimos a negociación con Dez Minutos e Hola para a publicación das exclusivas, vamos repasar someramente o que alí aconteceu tal día como o sábado.
Xa pola mañá cedo chegaban noticias luctuosas do barrio de pandelo, e tras varias consultas telefónicas o sanedrín decidiu manter os actos organizados o largo do día.
As tres e media chegaron os primeiros nenos disfrazados ás dequintas, mentras nos aínda estabamos montando o tinglado no café. O ceo non deixou de enviarnos auga, supoño que facendo un guiño para ter reservas pro whisky, e non houbo momento que escampara nin un poouco siguiera. Esto levou a cambiar os planes de recollida de chorizos e toucín polo pueblo. En vez de eso houbo baile infantil, unha pota das grandes de chocolate, globos, serpentinas e moito fotógrafo inmortalizando o momento. Os crios estaban todos espectaculares.
E despois pasamos xa o entroido dos grandes. O maestro asador Souto preparou o churrasco no taller de Espín, e pudemos contemplar o grado de previsión da xente: non había naide sin navalla! Entre chicho e chicho un grolo e despois asalto a barra.
Os disfraces exibidos foron do máis variopinto: o da mochila azul moi logrado, hasta se pode decir que estaba boa :) o dos capirotes de blanco inmaculado. Varios máis de muller (e increible a fijación dos tios por disfrazarnos de muller), a dos monster, o sheriff, minnie mouse, e varias visitas que fomos recibindo o largo da noite, desde a guardia civil, a varios indescriptibles.
Pero como dicen que vale máis unha imagen que mil palabras, e eu non sei tantas palabras, vamos esperar a que aparezan as primeiras fotos.

2007-02-13

¡¡EXCLUSIVA!!

Xa temos as primeiras fotografías do carnaval, gracias ó esforzo do enano infiltrado que se colou nunha proba de vestuario dos individuos en cuestión.
Parece ser que os dous interfectos teñen a intención de ir disfrazados de árabes, e que nun momento da proba unha rafaga de aire lles fixo volar o turbante, deixando á vista o método de sujeción. Ahora están baraxando sujetalo cunhas puntas, porque cas trenzas téñeno bastante complicado.
Seica teñen pensado poñer un anuncio no periódico para solicitar mulleres pra completalo harén. O parecer queren chegar ás duascentas.
Noutro orden de cousas temos que facer referencia ó cumpleanos pasado da rapaza que sale na foto: Ana. Esta felicitación teríamola que haber posto o día 8, pero como foi día santo houbo que pospoñelo (si cola, cola). En canto ó número de anos varía según as fontes: 23 según a organización, 26 según a policía municipal e vintetantos según D. Félix. Moitas CONGRATULEIXONS!!!

2007-02-06

¿E logo, ti de que te vas disfrazar?

Teño o ánimo desasosegado, entre outras cousas. Non quepo en min ca ansieda que me produce non saber o disfraz que ten pensado levar cada un o día do entroido. Entoncias, e sin que sirva de precedente, ocurríuseme preguntar.
O que vos propoño é o seguinte: vendo a fauna que pulula por esta páxina, e outra moita que solo lle da por ler, sería de agradecer que pensarades o disfraz que levaría cada un o 17, e por qué ese disfraz.
¿De qué se disfrazará a da mochila azul? ¿Asaltacaminos irá de vikingo como o ano pasado? ¿O da báscula estará presente? ¿E Carlón?
En fin, la impaciencia me devora.

2007-02-03

Feliz, feliz en tu diaaaaaa....

....amiguito que Dios te bendiga,
que reine la paz en la tierra,
y que cuuumplas muuuchos máaaaaaaas.

Ahí o tedes, os seus anos feito un mozo. O día 4 cumple, e según dixo ten intención de invitar ó pulpo en Pedrafita o día 5 a todo o pueblo. Seica xa fixo vales e vaios repartir polas casas este fin de semana.
Bueno, invite ou non, FELICIDADES AMIGO!!!