2007-04-02

Con nocturnidade e alevosía



Facendo gala da exclusividade que nos caracteriza, adiantándonos ó Mundo, ó País e incluso ó Marca; sin que aínda se fixeran eco as distintas radios e televisións locales de Doncos (que has hai), publicámola foto da reunión da executiva do BNG, donde se coceu a lista para as próximas eleccións municipais. Hai que reseñar que aparte da lista tamén se coceran empanadas e bizcochos.
Non están todos os que son, nin son todos os que están, pero a xuntanza valeu a pena. Na foto queda retratado un momento de esparcimento despois das duras negociacións, donde cada un está o seu aire sin nin siquera darse conta da cámara que lles está facendo a foto.
Ahora intentaremos colarnos nas reunións dos outros partidos políticos. Sabemos que está complicado, pero en canto detectamos o olor a empanada e chorizo somos capaces de calquera cousa.
Unha vez máis na brecha, doncosblog.