2007-07-30

Mentras se coce o resto da fornada...


A foto é de hai unhos anos. Mentras se van acabando de revelar as de este ano, que habelas hailas, imos poñer esta. Obsérvese que de aquela Cabrito sabía tocala gaita, Pepín acabaría de baixar do castiñeiro (pola sonrisa de felicidade que ten), e o resto de detalles que merecen comentario. Unha juventú alegre, siempre arrimada á parede, como marca a tradición e as boas costumbres. E de aquela retirábase cedo, e non como este ano, que xa estaba alto o farol grande. Cajo no mundo!

2007-07-04

XA CHEGOU O TIRADOR

Pois eso, que temos tirador novo.
Quietoooooooossss, que non é o que pensades. E outro blog. Nace para que poda ter certa axilidade un dos temas máis solicitados de información na comarca. Intentarase acercar a política local á calle e incluso deixala alí se se pon tonta.
Para os escépticos e os adlatares incondicionales deixo unha frase de George Bernard Shaw que di "La democracia es el proceso que garantiza que no seamos gobernados mejor de lo que nos merecemos".
Tratemos de merecelo.

Enlace: O TIRADOR
Been born the 4 of July.

2007-07-01

Quentando motores para o Santiago





Estamos no mes de Santiago, e como tantos e tantos anos estamos impacientes por que empecen as festas, o mesmo ocurría fai anos, cando os habitantes de Doncos iban a festa como é debido ca sua garabata e o seu traxe, para levar o santo o carrelo na procesión, non como agora cos pantalóns co tiro pola rodilla que si dan un paso mais grande que o do lado o querido Santiago vaille mal.


Este ano que veros a todos lavadiños peinadiños, e ben presentados, e para o que acerte de que ano é esta foto que lle den o premio que quedou deserto no anterior concurso de a vista da vila.
Tamen admítense apostas de que son os protagonistas da procesión aparte do Apostol que segue coma sempre, non envellezeu nada.